07/11/2024
Cultivemos solidariedade
Axuda á pequena agricultura afectada pola DANA
As comarcas valencianas contan con grandes e milenarias hortas onde se producen froita e hortalizas que alimentan á súa poboación. A súa base é o minifundio e as pequenas empresas agrícolas que traballan e apostan día a día por un traballo de proximidade vinculado ao territorio e ás persoas que alimentan.
Nestes primeiros días de emerxencia, asegurar o dereito á alimentación das poboacións afectadas foi unha das prioridades. Agora é o momento de asegurar que esta alimentación vai máis alá de produtos non perecedoiros e procesados, e se garanta o acceso a produtos frescos e de proximidade que permitan aos agricultores valencianos e ás agricultoras valencianas unha fonte de ingresos estábeis.
Como sabemos, os impactos que deixan esta DINA vai moito máis alá dos danos nas poboacións. A DINA afectou gravemente campos de produtores e produtoras familiares, coa perda de maquinaria e colleitas que fai difícil que volvan a recuperarse sen axuda tras un golpe tan duro. En moitos casos non teñen coberturas de seguros para os seus campos e contan con limitados medios de produción. Nestes días, mentres os labregos e as labregas puxeron a disposición os seus tractores para tarefas de emerxencia, moitas persoas voluntarias de moitas organizacións sociais estivemos implicadas nas tarefas de limpeza das súas casas, campos e almacéns.
Pero isto non é suficiente, necesitan axuda urxente para:
-Distribuír froita e verdura fresca das colleitas non afectadas á poboación necesitada e evitar maiores perdas e desperdicio alimentario
-Cubrir os custos das colleitas perdidas e manter os postos de traballo
-Volver a plantar os campos unha vez que sexa posíbel
-Reparar tractores e maquinaría agrícola
-Reparar almacéns e outros equipamentos para a produción e venda
Non podemos permitir que este desastre acabe coa nosa agricultura e o modo de vista das persoas que coidan do noso territorio e nos alimentan.
Doa xa a través de:
C/C de FIARE Banca Ética: ES16 1550 0001 2200 1337 5126
Paypal https://www.paypal.com/donate?campaign_id=YDKE2YSMDL784
Bizum
QUE ORGANIZACIÓNS LANZAN ESTA CAMPAÑA?
CERAI é unha organización especializada no desenvolvemento rural con bases agroecolóxicas e traballa con produtores e produtoras e o sector agroalimentario valenciano dende hai 30 anos.
Per l’Horta é un movemento social que traballa dende hai 20 anos pola presentación de
l’Horta de València.
CCPV-COAG é unha Organización Agraria Profesional de ámbito territorial valenciano.
Mundubat é unha organización que dende hai 30 anos traballa xunto con comunidades e organizacións populares que reivindican dereitos e alternativas sociais e económicas.
Justicia Alimentaria é unha organización que impulsamos a transición cara a un sistema alimentario que protexa o dereito á alimentación e á saúde, socialmente xusto e feminista, apoiando os dereitos colectivos e individuais en defensa do territorio.
Fundación ASSUT ofrece ferramentas para a custodia dos nosos paisaxes e o noso patrimonio natural e cultural, prestando atención especial aos contornos litorais, ás zonas húmidas como L’Albufera e os sistemas de regadío tradicionais como a Huerta de Valencia e a Ribera del Júcar.
Estas organizacións, que coñecen moi de preto o tecido agrario valenciano, son as que garantirán que estas axudas chegarán ás redes produtivas, especialmente ás que buscan ser 100% sostíbeis, operan nos mercados locais, coidan da temporada de alimentos e da saúde das persoas.
A recollida de fondos farase a través del CERAI que é unha organización declarada de utilidade pública, polo tanto, podes desgravar até un 80% do diñeiro aportado na declaración da renda dos primeiros 250 euros. Se a cantidade doada supera esa cifra, a porcentaxe de dedución no borrador da renda será ou ben do 40%, ou ben do 45% en caso de que se doara nos dous exercicios anteriores unha cantidade igual ou superior ao ano anterior.
As doazóns desgravaranse en función da Ley 49/2002, de 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais do mecenado.
Nesta web podedes obter máis información sobre os importantes que podes desgravar.
Recomendamos que para que poidamos informar á Axencia Tributaria do importe da túa contribución como doante é imprescindíbel que nos facilitaras DNI ou NIF e domicilio enviando un correo a: alvaro.romero@cerai.org