Pesticidas

25/09/2013

Consellos prácticos na utilización de fitosanitarios

Na utilización de produtos fitosanitarios debemos actuar coa máxima prudencia, non só á hora de aplicalos, senón noutras fases da súa manipulación nas que adoitamos a ser menos precavidos e precavidas, como antes do seu uso, durante a súa almacenaxe, no proceder despois de aplicar ou no intre de reciclar refugallos xerados como os envases.

De seguido, van varios consellos ao respecto: 

FASE DA ALMACENAXE

  • Almacene os produtos químicos selados no seu envase orixinal; nun lugar fresco, seco, seguro,e ben ventilado, nunha área restrinxida para este tipo de produtos, separados de alimentos para o gando, sementes e  outros vexetais.
  • Mantéñaos retirados da calor e do lume.
  • O lugar de almacenaxe, aparte de seguro e ben ventilado, debe ser un lugar fora do alcance de  nenos e persoas non responsables.

ANTES DA APLICACIÓN

  • Adquirir os produtos nos seus envases orixinais, en estabelecementos autorizados e solicitar a ficha de seguranza do produto ao provedor.
  • Ler atentamente a etiqueta do produto e a ficha de seguridade  se está dispoñíbel, cumprindo rigorosamente as recomendacións tanto de seguridade como técnicas especificadas en elas.
  • Adoptar as precaucións desde as operacións previas, ao medir a cantidade de produto, ao vertelo , no momento de mesturalo e cargalo . Efectuar estas operacións ao ar libre ou nun local ben ventilado.
  • Verificar que se utiliza a equipa adecuado que se especifica na ficha de seguranza do produto (traxe, luvas, gafas ou viseira, máscara, etc.) e comproba as especificacións das Equipas de Protección Individual (EPI) seleccionados.
  • Retire do cultivo a persoas ou animais domésticos. Non permita que se acheguen mentres se está aplicando.

DURANTE A APLICACIÓN

  • Utilizar maquinaria de pulverización axeitada e en bo estado.
  • Non beber, comer ou fumar no mesmo lugar ou nos o arredores onde se realicen traballos de sulfatación.
  • Levar a bebida, comida ou tabaco en recipientes herméticos para evitar a sua contaminación.
  • Non traballar en contra do vento.
  • Non desatascar as boquillas ou outras partes dos aparellos de sulfatar soprando coa boca. BAIXO NENGUNHA CIRCUNSTANCIA.

DESPOIS DA APLICACIÓN

  • Se a etiqueta estabelece prazos de espera, sinalizar a zona tratada de maneira adecuada por medio de carteis indicativos ben visíbeis. no cartel farase constar a frase:“TRATADO CON PLAGUICIDAS”, xunto coa data de tratamento, a data até a que é perigoso acceder ao campo e o NOME COMERCIAL do praguicida.
  • Conservar o produto sobrante no seu envase orixinal e  pechado.
  • Limpar a equipa de aplicación
  • Mudarse a roupa de traballo, lavala por separado e tomar un baño ou ducha.
  • Respectar o tempo mínimo de prohibición absoluta de acceso ao campo tratado segundo as recomendacións indicadas na etiqueta do produto.
  • Peche o envase; axite durante 30 segundos.

ELIMINACIÓN DE ENVASES

  • Selar e almacenar os envases parcialmente utilizados.
  • Realice triplo lavado de los envases baleiros, posteriormente proceda a destruílos para evitar que sexan usados novamente.

Hai Comunidades Autónomas nas que  existen campañas de recollida e xestión destes envases por parte da Administración en colaboración con certas entidades privadas. Nalgunhas Comunidades existe un incinerador ou vertedoiro autorizado. NUNCA DEBEN SER ENTERRADOS.

 

 

 

 

Consellos prácticos na utilización de fitosanitarios