Novas

  • CONCENTRACIÓNS MARTES 3 DE MARZO EN LUGO E OURENSE: O MEL IMPORTADO ARRUÍNA AS NOSAS VIDAS!

    CONCENTRACIÓNS MARTES 3 DE MARZO EN LUGO E OURENSE: O MEL IMPORTADO ARRUÍNA AS NOSAS VIDAS!

    • 26,Feb 2026
    • Posted By : Sindicato Labrego
    • 0 Comments
    • apicultura
    • mel
    • slg
    • As concentracións terán lugar de forma simultánea ás 11:30h nas cidades de Lugo (diante da Xunta de Galicia na Ronda da Muralla) e Ourense (diante do centro comercial Ponte Vella pola entrada da rúa Sáenz Díez).

    • O obxectivo das mobilizacións é amosarlle á cidadanía os efectos que teñen nas nosas vidas as importacións masivas de mel e o denominado “fraude do mel”. Todo isto empeorará nos vindeiros meses coa aplicación do novo tratado UE-Mercosur.

    Galiza, 26 febreiro de 2026. O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), a Asociación Apícola Abellas Nais, a Asociación de Apicultura Serra da Carba, a Asociación de Persoas Consumidoras ACUGA e a Agrupación Apícola de Galicia convocadúas concentracións simultáneas o vindeiro martes 3 de marzo nas cidades de Lugo e Ourense, baixo os lemas ‘O MEL IMPORTADO ARRUÍNA AS NOSAS VISAS’ e ‘COMERCIO XUSTO E DE PROXIMIDADE XA’.

    Lugares e horario:

    LUGO: ás 11.30h diante da Xunta de Galicia na Ronda da Muralla.

    OURENSE: ás 11.30h diante do centro comercial Ponte Vella pola entrada da rúa Sáenz Díez.

    Obxectivos:

    • Darlle a coñecer á cidadanía as diferenzas entre o noso mel e o mel industrial que provén de grandes importacións.

    • Instar ás administracións a que sexan máis rigorosos nos controis do produto comercializado na UE, así como que se implementen medidas reais para garantir prezos dignos e canais de venda curtos ás producións locais.

    • Amosar diante da sociedade que non se protexen as producións locais, nin se lexisla para que as persoas consumidoras teñan acceso a alimentos sans e a cidadanía poida identificar de forma clara que está comendo.

    • Como estas importacións tiran os prezos que percibimos en orixe.

    O fraude do mel

    O 51% dos meles analizados nas fronteiras do Estado español pola UE foron sospeitosos de fraude. Atopáronse meles diluídos con xaropes de frutosa, uso de resinas de intercambio iónico (ultrafiltrado) e falsa orixe do produto. Ademais arredor do 80% dos comercializados ao por menor na UE son mesturas e a maior parte do mel importado na UE utilízase en mesturas e comercialízase ao menor. Esta porcentaxe non vai deixar de aumentar e máis aínda se entra en vigor o tratado UE-MERCOSUR, tratado que recolle a exportación dende os países do MERCOSUR de 45000TM de mel ao ano libres de aranceis. Isto é o que se vai esconder detrás dun mel moi barato vendido nunha gran superficie.

    Mentres tanto, en Galiza producimos 3000 TM anuais, unha boa parte comercializada a través da IXP MEL DE GALICIA. No Estado español prodúcese ao ano 33000TM. Estímase cantidade suficiente para abastecer o noso consumo doméstico, pero:

    • A industria importa mel de máis de 40 países a 1,80€/kg.

    • Unha persoa produtora galega non pode producila a menos de 5€/kg.

    • Isto non é competencia, e DUMPING, unha carreira á baixa que arruína ás persoas abelleiras de aquí e de alá.

    O PREZO BAIXO COMPENSA? Non! En 2024 o mel foi máis barato e aínda así consumiuse un 8% menos que o ano anterior. ENCHER OS ESTANTES DE MEL MESTURADOS NON FAVORECE A NINGUÉN SÓ PRECARIZA A QUEN PRODUCE:

    Comprar mel de proximidade e de comercio xusto é:

    • Mel con orixe coñecida

    • Apoiar o medio rural e a vida nos nosos pobos

    • Polinización dos nosos campos e mantemento do medio natural

    • Menos km e emisións de CO2, o mel importado recorre de media 4000 km

    cartaz concentración mel actualizado