02/10/2024
COMO SE DETERMINA A CALIDADE DO LEITE GALEGO? (xornada en Abegondo)
O vindeiro martes 15 de outubro terá lugar a xornada gratuíta en Abegondo COMO SE DETERMINA A CALIDADE DO LEITE GALEGO? na Casa Azul de Mabegondo - Concello de Abegondo (Lugar Igrexa, 26, 15318 Abegondo, A Coruña) no horario de 11:00 -14:00 / 16:00– 18:00. Inclúe xantar. Se é do teu interese inscríbete nos contactos 686 936 429 / arzua@sindicatolabrego.gal
PROGRAMA
- Análise da situación actual do sector lácteo
- Persoal do LIGAl explicará o funcionamento do laboratorio, o novo sistema de precintado das mostras
- Visita ao LIGAL
- Tecnoloxía para a acreditación do leite de pastoreo. Laura González González (Doutora en Química), AGACAL-CIAM
- As oportunidades do leite de pastoreo, César Resch Zafra (Doutor Enxeñeiro Agrónomo), AGACAL-CIAM