
08/03/2025
COAG Asturias e o Sindicato Labrego Galego poñen en marcha un grupo de traballo en busca de solucións para a crise da faba
Produtores e produtoras de faba de Asturias e de Galiza xuntámonos onte na localidade de Navia, Asturias co obxecto de analizar a situación crítica pola que pasa o sector e consensuar propostas para demandar ás Administracións implicadas.
Deste encontro concluímos que a produción de ambas comunidades temos semellantes inquedanzas e preocupacións e consideramos necesarias actuacións inmediatas e urxentes das que destacaríamos as seguintes:
-
Creación dunha liña de axudas directas dotadas dun importe suficiente para paliar as perdas nas que incurriu o sector na campaña 2024. Esta axuda debería chegar a todos os produtores e produtoras, con independencia de estar ou non incritos en IXP.
-
Creación dunha axuda agroambiental para la faba. En Asturias tense incrementado o importe da liña Axuda á produción sostible de proteínas de orixe vexetal da PAC, pero é requisito necesario ser produtor/a inscrito/a en IXP e cun compromiso de manter o cultivo da superficie dotada coa axuda durante cinco años.
-
Que, debido á causa de forza maior como foi o fungo na colleita da faba, disminuíndo nun 80% a produción, se flexibilicen os requisitos e compromisos dos mozos e mozas incorporadas á actividade agraria no cultivo da faba nos anos 2022 e 2023.
-
Manter reunións de traballo co SERIDA e o CIAM (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo) co fin de que o sector produtor poida trasladar ao personal investigador as necesidades respecto á semente, plagas que afectan ao cultivo e os produtos autorizados.
-
Que as Administracións reforcen a liña de axudas para a contratación de seguros das colleitas. Os seguros deben ser unha ferramenta complementaria.
-
En última instancia, esiximos que as Administracións se senten cos produtores e produtoras de cara garantir o futuro do sector.