27/11/2024
CIG, CCOO, COTS e SLG piden a comparecencia de Fabiola García nun pleno urxente do Consello Galego de Benestar Social
Queren que dea explicacións sobre as modificacións recollidas na Lei de acompañamentodo proxecto de orzamentos da Xunta
As organizacións CIG, CCOO, Colexio Oficial de Traballo Social e SLG-CCLL rexistraron este martes un escrito solicitando a comparecencia da conselleira de Política Social,Fabiola García, nun pleno urxente do Consello Galego de Benestar Social.
Entenden que a as modificacións recollidas na Lei de acompañamento do proxecto de orzamentos da Xunta deGalicia para o ano 2025, así como as emendas á mesma, teñen implicacións sobre o procedemento de recoñecemento das situacións de dependencia e discapacidade, así como nasfuncións deste Consello.
As catro organizacións levan anos denunciando as malas prácticas da Xunta de Galicia canto ao funcionamento do Consello Galego de Benestar Social. Agora poñen o foco na Lei de medidas fiscais e administrativas que acompaña ao proxecto de orzamentos autonómicos. Denuncian que, unha vez máis, o Goberno galego utiliza unha ‘lei ómnibus’ para cambiar polaporta de atrás leis e normas moi importantes para a vida dos galegos e as galegas. Neste caso, aLei 13/2008 do 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia e o Decreto 142/2023, do 21 desetembro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación dedependencia.
A modificación normativa busca unificar os procedementos de recoñecemento da situación de dependencia e do recoñecemento do grao de discapacidade, posibilitando tramitar e resolverambos de xeito conxunto, recortando inversión en persoal, eliminando persoal especializado detraballo social e sobrecargando, unha vez máis, os servizos sociais comunitarios.
Baleirado de funcións do Consello
Por outra banda, as catro organizacións denuncian o progresivo baleirado de funcións do Consello Galego de Benestar social, que en vez de poder actuar como órgano colexiado superior consultivo e de participación do sistema galego de servizos sociais, acaba sendo simple receptor da información que recibe da Consellaría de Política Social.
Coa Lei de Acompañamento a Xunta agrava a situación, consolidando a participación restrinxida que se practica e limita a súa capacidade de opinión a aquelas cuestións relativas aos servizos sociais que a Consellaría considere.
En resumo, a Lei de Acompañamento vai supoñer un novo retroceso na atención ás persoas dependentes en Galicia e vai a restrinxir a participación da sociedade civil no eido dos servizos sociais.