Novas

  • A Xunta prioriza azudas á empresa insolvente da mina de Touro fronte ao sector agrario

    A Xunta prioriza azudas á empresa insolvente da mina de Touro fronte ao sector agrario

    • 05,Dec 2025
    • Posted By : Sindicato Labrego
    • 0 Comments
    • axudas públicas
    • Cobre San Rafael
    • empresa insolvente
    • Mina de Touro
    • oposición
    • Ecoloxistas en Acción Galiza e a Plataforma Mina Touro-O Pino NON e o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) denuncian o financiamento con fondos públicos das actividades da empresa da mina de Touro.

    • Mentres se financia a Cobre San Rafael, seguimos vendo como cada ano se lles denega á solicitude de plan de mellora a persoas mozas que queren iniciar a actividade agraria ou mellorar o seu proxecto.

    Galiza, 5 de decembro de 2025. Desde 2018, o CEO de Atalaya Mining, Alberto Lavandeira, concedeu varias entrevistas nas que afirmou que o proxecto da mina de Touro “non ten a máis mínima dúbida de que se vai aprobar”. Engadiu tamén que “Cobre San Rafael non pediu subvención algunha nin a vai pedir”, e que se tratará dunha industria “con tecnoloxía”. Pola súa banda, o director xeral de Cobre San Rafael (CSR), Fernando Riopa, realizou declaracións a diversos medios e nas súas redes sociais sobre as denuncias de vertidos da antiga mina no dominio público hidráulico. Segundo indicou, “con respecto ás críticas sobre a posible contaminación do río Ulla, nunca a houbo, nin no Ulla nin en ningún dos ríos da contorna da mina”. Ao mesmo tempo, a conselleira de Industria, María Jesús Lorenzana, visitou Atalaya Mining nas Minas de Río Tinto, onde se publicou unha ampla reportaxe fotográfica desa mina e da inmensa balsa mineira.

    Hoxe coñecemos, a través do DOGA, as novas adxudicacións a dedo de axudas a Cobre San Rafael e Explotaciones Gallegas de cartos públicos dos galegos e galegas. Unhas axudas que, por terceiro ano, chegan coma un aguinaldo a unha empresa que non ten ningún proxecto mineiro aprobado, e que non conta con ingresos pola sua actividade de ningún tipo. Estes cartos, segundo se indica nas publicacións do DOG, parecen ir destinados a pagar os gastos da realización de obras para evitar as verteduras de augas contaminadas ao Dominio Público Hidráulico (DPH) que se lle requirira no 2018.

    En total máis de 340 mil euros destínanse a financiar unha empresa que, segundo o rexistro mercantil, é insolvente, así como máis de 110 mil euros para financiar ao grupo empresarial EXGA. Este último, a pesar de ser un dos grupos que obtén o maior número de licitacións públicas, ten que ser subvencionado e recorre ante os tribunais o pago de sancións impostas por Augas de Galicia por verteduras de augas industriais con elementos contaminantes sen autorización.

    Oposición a este financiamento

    Manifestamos a nosa total oposición a este tipo de financiamento á mina para uns traballos que deberían correr por conta da mercantil propietaria dos terreos e a empresa que ten a concesión mineira, que por lei ten a obriga de restaurar os terreos e evitar que as augas contaminadas saian aos ríos, e que por outra parte, á vista está que non son operativos nin se obtén o resultado que se lles demandou de maneira firme hai xa máis de sete anos. Sentimos que isto é unha burla a toda a sociedade galega, ao dispor de cartos públicos para uns traballos que deberían ser por conta das mercantís titulares, e que ademais venden como algo que fan con fondos propios sen recorrer á financiamento público, sendo unha mentira máis.

    A maiores, mentres se financia a Cobre San Rafael, vemos como ano tras ano se lles denegan en moitas ocasións as súas solicitudes ás persoas mozas que queren iniciar a actividade agraria ou mellorar o seu proxecto mediante un plan de mellora. Por exemplo, no ano 2024 denegáronse o 70% dos expedientes de plans de mellora, moitos deles presentados por mozas e mozos que se incorporaban e iniciaban a actividade. No ano 2025, de novo resultaron insuficientes os orzamentos, polo que non se convocaron as axudas para pequena granxa nin para persoas maiores de 41 anos.

    Unha denuncia que xa fixemos con anterioridade

    O proxecto de reapertura da mina de Touro, que fora denegado en 2020, volve estar pendente dunha nova DIA a pesar de ser practicamente idéntico ao anterior. Todo indica que o único que se pretende, tal e como xa denunciara no seu momento o Sindicato Labrego Galego cando se declarou PIE (Proxecto Industrial Estratéxico), é dispor agora dunha alfombra para acceder de maneira prioritaria a fondos públicos

    Os pagos de patrocinios de festas parroquiais, cuñas de radio, publireportaxes, ou equipamentos deportivos si parecen estar dentro dos actos que entran na actividade mercantil da empresa do cobre dentro da sua campaña de greenwashing, a pesar da súa situación de quebra, como xa denunciaron dende Ecoloxistas en Acción, que recorreu a declaración de PIE.

    DATOS

    DOG

    2025

    RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2025 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 28 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia non competitiva, para o fomento da sustentabilidade no desenvolvemento da actividade industrial do sector dos recursos naturais en Galicia, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento IN308D).

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251204/AnuncioG0763-271125-0006_gl.html

    Cobre, San Rafael, S.L. B70491121 1 Execución de tratamento pasivo. 100.000,00
    Cobre, San Rafael, S.L. B70491121 1 Laboratorio analítico pasivos ambientais. 12.577,50
    Explotaciones Gallegas, S.L. B15410608 2 Adaptación de vestiarios Touro. 100.000,00
    Cobre, San Rafael, S.L. B70491121 5 Renovación de certificación UNE 22480-22470. 877,50

    2024

    RESOLUCIÓN de 30 de octubre de 2024 por la que se da publicidad a las ayudas concedidas al amparo de la Orden de 30 de enero de 2024 por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión de subvenciones a empresas privadas, en régimen de concurrencia no competitiva, para el fomento de la sostenibilidad en el desarrollo de la actividad industrial del sector de los recursos naturales en Galicia, y se convocan para el año 2024 (código de procedimiento IN308D).

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20241112/AnuncioG0763-041124-0013_es.html

    Cobre San Rafael, S.L. B70491121 1 Construcción planta tratamiento amonio. 100.000,00
    Cobre San Rafael, S.L. B70491121 1 Automatización piezómetros y cuadro mando. 41.629,55
    Cobre San Rafael, S.L. B70491121 1 Laboratorio de instrumentación. 68.005,20
    Explotaciones Gallegas, S.L. B15410608 2 Pasarelas planta. 8.800,20
    Francisco Gómez y Cía, S.L. B27877646 2 Vestuarios con separación de zonas. 7.234,45

    2022

    RESOLUCIÓN de 7 de noviembre de 2022 por la que se da publicidad de las ayudas concedidas al amparo de la Orden de 25 de enero de 2022 por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión de subvenciones a empresas privadas, en régimen de concurrencia no competitiva, para el fomento de la sostenibilidad en el desarrollo de la actividad industrial del sector de los recursos naturales en Galicia, y se convocan para el año 2022 (código de procedimiento IN308D)

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221117/AnuncioV0653-101122-0001_es.html

    Cobre San Rafael, S.L. B70491121 5 Certificación normas UNE 22480 y 22470. 1.200,00
    Cobre San Rafael, S.L. B70491121 2 Implantación de sistema de aspiración ACV. Adecuación y mejora de la instalación eléctrica para la implantación de la nueva maquinaria. 19.509,54