AXUUDAS TITULARIDADE COMPARTIDA ANO 2024 MAIO

10/05/2024

AXUDAS ÁS GRANXAS AGRARIAS DE TITULARIDADE COMPARTIDA

O prazo de presentación da documentación FINALIZA o 22 de MAIO. Extracto da “Orden de 29 de abril de 2024, de convocatoria para la concesión directa de subvenciones a las explotaciones agrarias de titularidad compartida”, para o exercicio 2024. BOE Mércores 1 de maio de 2024

1. PARA QUE É A AXUDA?

Para financiar o pago das cotas correspondentes da Seguridade Social das persoas titulares.

Un importe máximo repartido a partes iguais entre as explotacións de TC do Estado, que cumpran os requisitos, sen superar os 1.500 € por entidade.

2. QUEN PODE BENEFICIARSE?

As granxas agrarias de Titularidade Compartida, constituídas ao menos cun mes de antigüidade dende a plublicación e durante polo menos 5 anos.

As persoas titulares deben de estar de alta na Seguridade Social polo menos 5 anos.

3. PRAZO DE PRESENTACIÓN

15 días a partir do día seguinte á publicación.

O prazo de presentación da documentación FINALIZA o 22 de MAIO

4. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

Anexo A, Anexo I, Anexo II e Anexo III do BOE do 29 de setembro do 2021.

Pica aquí para acceder directamente aos anexos

5. ALGO MÁIS?

Réxime de concorrencia non competitiva.

Están suxeitas ao establecido no Regramento das Axudas de minimis.

Son compatibles con outras axudas (cun límite de axudas acumuladas).

A PRESENTACIÓN é obrigatoriamente TELEMÁTICA.

BOE Mércores 1 de maio de 2024