Sindicato Labrego Galego Comisións Labregas

24/11/2008

Acto reivindicativo do produto caseiro mañá martes 25 na praza do Toural en Santiago de Compostela.

Mañá, martes 25 de novembro, celebrarase a Comisión Permanente do Consello Agrario na que se debatirá, entre outros puntos, que a produción caseira sexa regulada polo Decreto de Artesanía Alimentar de Galiza. 

O Sindicato Labrego Galego mostrou o seu rexeitamento a esta inclusión dende o primeiro momento por establecer condicionantes inasumíbeis polas labregas e labregos, lexítimas/os produtoras/es deste tipo de alimentación, constituíndo este decreto un texto a medida das empresas da alimentación, quenes cobizan facer seu o prestixio do produto caseiro, consolidado grazas ao saber facer d@s nos@s labreg@s

Na mañá do martes 25 establecerase unha mesa de información reivindicativa do produto caseiro na praza do Toural. 

Ás 12:15 terá lugar na praza do Toural unha rolda de prensa a cargo de Ana Rodríguez Vázquez, Secretaria de Desenvolvemento Rural do SLG. 

Moitas grazas pela vosa atención. 

Saúdas do Gabinete de Comunicación do Sindicato Labrego Galego 

OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON: 
Ana Rodríguez Vázquez, Secretaria de Desenvolvemento Rural do SLG 
TLF : 659 057 251

Acto reivindicativo do produto caseiro mañá martes 25 na praza do Toural en Santiago de Compostela.