xornada mulleres Compostela

23/09/2024

Aberto o prazo de inscrición da xornada 'O acceso á terra das mulleres: unha comparativa entre Ecuador e Galiza'

O Sindicato Labrego Galego organiza este venres, 27 de setembro, ás 17h, en Compostela, unha xornada arredor do acceso á terra das mulleres: unha comparativa entre Ecuador e Galiza, na que participarán María Pardo Barbeito (labrega das Encrobas) e Viviana Buitrón Cañadas (investigadora). A actividade terá lugar na Casa Xohana Torres (R/Bernardo Barreiro de Vázquez Varela s/n, Compostela) e enmárcase programa 'Nin un paso atrás nos nosos dereitos', que conta co financiamento do Concello de Santiago de Compostela.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse no teléfono 699 924 632 ou no formulario online: https://forms.gle/TMTzjetuYnNQPpVr6