Galegas 8M

08/03/2021

A Secretaría das Mulleres do SLG e as labregas apoiamos activamente a folga feminista deste 8 de marzo

Coma todos os anos, debemos repetirnos ao dicir que sobran motivos para expresar a nosa indignación apoiando a folga do 8 de marzo, que sobran motivos por unha igualdade no rural e nas granxas que está ben lonxe de chegar. Sen dúbida, dende as diversas administracións e dende todas as ideoloxías partidistas, hoxe lembraranse moito de nós, pero mañá volveremos ser as grandes esquecidas Por iso, as traballadoras do SLG e as labregas participaremos activamente nos actos de protesta e manifestacións que se realizarán por toda Galiza durante a xornada de hoxe e non acudiremos aos nosos postos de traballo.De seguido, compartimos con vós a convocatoria de mobilizacións deste 8 de marzo na Galiza organizada por Galegas 8M:

8M2021