A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Terra e Estruturas

Terra e Estruturas

  1. Campaña cidadá de alegacións á Folla de Ruta para a Xestión de Materias Primas aberta polo Ministerio

    Leito fluvial contaminado pola actividade mineira irresponsable no municipio de Touro (A Coruña) 11 de Abril do 2022 · 

    Animamos á participación nesta campaña para visibilizar a oposición social ao extrativismo salvaxe no noso medio rural. Petón do Lobo fornece modelos online para alegar ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO)

  2. Solicitamos un informe das afeccións da mina San Acisclo (Muras) sobre a Rede Natura e a RB Terras do Miño

    Muras2 21 de Marzo do 2022 · 

    A ampliación, proxectada en plena Rede Natura dentro dunha RB, non conta con avaliación ambiental, nin estudo hidrolóxico. En canto coñecimos a tramitación da nova ampliación mineira, rexistramos alegacións alertando das múltiples irregularidades

  3. Demandamos paralización inmediata do macroparque Caíño-Brancellao e activación urxente da moratoria eólica

    Caíño-Brancellao 17 de Marzo do 2022 · 

    Aumenta a oposición aos máis de medio cento de aeroxeradores do Caíño-Brancellao, da multinacional italiana Enel Green Power. Afecta Boimorto, Curtis, Vilasantar, Frades, Mesía, Ordes, Carral, Aranga, Curtis, Oza-Cesuras, Sobrado, Abegondo e Guitiriz.

  4. Alegamos contra o cúmulo de ilegalidades da ampliación da mina San Acisclo (Muras, Lugo)

    mina San Acisclo 2 de Marzo do 2022 · 

    O Sindicato Labrego Galego Galego, a asociación Petón do Lobo, Fundación Montescola, e Ecoloxistas en Acción Lugo, canda outros colectivos da Rede Galega Contra a Minería destructiva da Galiza, Contraminacción e entidades e asociacións ambientalistas da Terra Chá, como Espazo Agroecolóxico, A Estruga e Terra Chá Sostible, veñen de presentar alegacións contra a aprobación do proxecto de explotación e o plan de restauración da explotación de recursos mineiros da sección C) de ampliación a San Acisclo número 4076, situada no termo municipal de Muras (Lugo), da promotora Materiales Cerámicos Materias Primas SL.

  5. Demandamos que o Consello Científico estatal informe sobre os impactos da macrocentral hidroeléctica Xistral

    xistral balsa 23 de Febreiro do 2022 · 

    Demandamos  ao Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico e á Deputación de Lugo que soliciten ao Consello Científico -órgano asesor da UNESCO e dependente do Organismo Autónomo Parques Nacionales (OAPN), entidade responsábel de asegurar o correcto funcionamento da rede de biorreservas do Estado español-, un informe detallado ao respecto dos impactos que implicaría a macrocentral hidroeléctrica que o grupo aragonés Alatalaya Generación quere construír na Rerserva da Biosfera Terras do Miño.

  6. Denunciamos á conselleira Vázquez ante a Valedora do Pobo e solicitamos convocatoria urxente do COGAMADS

    Fóra eólicos do rural 17 de Febreiro do 2022 · 

    O Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas dirixiuse no día de hoxe á Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, para formular unha reclamación contra a Presidenta do Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel (COGAMADS), a conselleira de medio ambiente Ángeles Vázquez, polas flagrantes irregularidades protagonizadas durante a última sesión do mesmo. Asemade, o vogal do SLG-CCLL no COGAMADS, Diego Sánchez Agra, solicituou tamén hoxe formalmente unha nova xuntanza do Consello Galego de Medio Ambiente, a fin de subsanar as lamentábeis deficiencias que se puxeron de manifesto durante a última sesión.

  1. Eco_Ralea_Umbrío

    Invasión eólica: campaña de alegacións aos novos parques Ralea, Eco e Umbrío (Lugo e León)

    11 de Febreiro do 2022 · 

    Iniciamos unha campaña de alegacións para activar a acción social contra a imposición dos parques eólicosparques eólicos Ralea, Eco e Umbrío, da empresa madrileña Green Capital Development, con impactos sobre a poboación, biodiversidade e patrimonio das provincias de Lugo e León.

  2. macroeólicosnonn

    Rexistramos 82 solicitudes de moratoria eólica nos concellos das Reservas da Biosfera galegas

    14 de Xaneiro do 2022 · 

    Procurando acadar o compromiso das administracións públicas de non aceptar máis parques eólicos até que sexa realizado o informe do Comité Científico, actuamos aa través da campaña lanzada dende ALIENTE rexistrando 82 solicitudes de adhesión dirixidas aos concellos galegos ubicados en territorios Reserva da Biosfera.

  3. XuntanzaMuimenta

    O TCA de Lugo declara caducadas as declaracións de impacto ambiental das concesións da empresa mineira ERIMSA na Terra Chá

    23 de Novembro do 2021 · 

    A sala segunda do Tribunal Contencioso Administrativo de Lugo vén de ditar unha nova sentenza pola que desestima o recurso presentado pola compañía mineira Erimsa contra a denegación do permiso de explotación do proxecto “Pastoriza 5562” por parte do Concello da Pastoriza.

  4. Xornada Defensa Terra

    Unha trintena de organizacións e plataformas tecen redes para defender a terra da depredación e o acaparamento

    10 de Febreiro do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego celebrou, o 8 de febreiro, no local social da Liga Santaballesa (Santaballa, Vilalba), o primeiro Encontro Nacional para a Defensa da Terra, onde se citaron organizacións e colectivos que, dunha maneira ou outra, loitan contra o acaparamento de terras na Galiza.

  5. Inmoble agrario

    As granxas de Agolada temen quedar outro ano sen bonificación do IBI pola excesiva burocracia

    8 de Abril do 2019 · 

    Despois de que, en 2018, a maioría das granxas agolenses que podían solicitar a bonificación no IBI dos inmobles agrarios quedasen sen a axuda, en 2019 hai moitas que temen que poida acontecer outro tanto. Desta vez, e trala experiencia do ano pasado, as granxas solicitantes prepararon con suficiente antelación todos os documentos esixidos para tramitar a axuda en prazo. Algo nada doado pois, de feito, moitas granxas que podían beneficiarse da bonificación, especialmente aquelas rexentadas por persoas maiores, xa non pasaron o traballo de enlearse neste vía crucis burocrático e renunciaron a facer a solicitude.

  6. Intervegas Congreso

    InterVegas impulsa unha proposición de lei estatal para promover a protección e dinamización dos solos fértiles

    14 de Febreiro do 2019 · 

    Representantes dos diferentes colectivos e institucións que confomran a Rede Estatal InterVegas déronse cita este xoves, 14 de febreiro de 2019, no Congreso dos Deputados e das Deputadas, cos voceiros de Agricultura dos grupos parlamentarios para rexistrar unha proposta de lei de ámbito estatal que permita a protección dos solos fértiles. Despois dun percorrido de case dous anos, e co apoio institucional de parlamentos autonómicos, concellos, deputacións, consellos de goberno de universidades e un grande número de entidades, a nosa proposta xerou un grande consenso social e político.

  7. Conselleiro

    O SLG pide que os plans de mobilidade de terras favorezan no reparto a xente nova e granxas da zona

    29 de Xaneiro do 2019 · 

    O Sindicato Labrego Galego vai iniciar unha rolda de contactos cos partidos políticos con representación no Parlamento de Galicia para pedirlles información sobre os plans piloto de mobilidade de terras que está a desenvolver a Consellaría de Medio Rural en comarcas como Lemos, Ancares, Courel, O Ribeiro ou Verín.

  8. María Ferreiro en Curtis

    O SLG presenta medio cento de alegacións contra o cambio do PXOM de Curtis apoiadas por familias labregas afectadas

    29 de Maio do 2018 · 

    A coordinadora do Sindicato Labrego Galego en Curtis, María Ferreiro, vén de rexistrar medio cento de sinaturas (en total 42), que representan outras tantas familias labregas, apoiando as alegacións contra os cambios no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que pretende levar adiante o goberno curtense, e que deixarían desprotexido o solo agrario e forestal.

  9. Parque Eólico

    O SLG defenderá na Baña os intereses labregos fronte aos proxectos eólicos de grandes empresas enerxéticas

    3 de Agosto do 2016 · 

    O SLG quere sair ao paso das declaracións efectuadas polo Sr Alcalde do Concello de A Baña no último Pleno municipal. Ao abordar a cuestión da instalación de parque eólicos no Concello de A Baña, por parte do Sr. Alcalde manifestouse que o Sindicato Labrego ten un completo descoñecemento do asunto, e que o que busca é envenenar en lugar de atopar solucións. Desde o Sindicato Labrego Galego o que temos que manifestar frente ás ditas declaracións é o seguinte:

  10. Xuntanza Sintegal Dubois

    O SLG reúnese co director xeral de Desenvolvemento Rural para abordar os problemas do Banco de Terras

    17 de Xuño do 2016 · 

    Unha comitiva do Sindicato Labrego Galego formada pola súa secretaria xeral, Isabel Vilalba, Xosé Ramón Cendán e Diego Sánchez Agra, mantiveron hoxe, 17 de xuño, un encontro en Compostela co director xeral Desenvolvemento Rural e responsable do Banco de Terras (Sitegal), Miguel Pérez Dubois.

Arquivo