A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Medio Ambiente e Montes: 2019

  1. Solicitamos a realización dun informe por parte da Reserva da Biosfera Terras do Miño sobre os impactos da macrocelulosa Altri

    Altriafeccion 27 de Marzo do 2024 · 

    De ser construída, esta fábrica de 366ha. afectaría a poboación e territorio nun radio de máis de 30km. Pedimos tamén á Reserva da Biosfera Terras do Miño que presente alegacións contra este proxecto contaminante

  2. Habilitamos os locais do SLG en toda Galiza como punto de entrega de alegacións contra Altri até o venres 12

    MapaAltri 25 de Marzo do 2024 · 

    O prazo de alegacións remata o mércores 17 de abril. A Platarforma Ulloa Viva e organizacións sociais ofrecen modelos de alegación a disposición da cidadanía. Solicitamos á CMR número e orientación das granxas existentes en máis de 20 concellos afectados

  3. Oposición social á captación de augas da fábrica ALTRI e campaña de alegacións á instalación da fábrica

    RpP Altri 15 de Marzo do 2024 · 

    Cada día consumiría 46 millóns de litros de auga limpa e vertería 30 millóns de litros contaminados. Afectaría directamente ás producións agrarias, ao marisqueo, a pesca, o turismo e benestar da poboación

  4. Esiximos retirar a proposta de Decreto da Xunta de Galicia que restaría gobernanza ás propietarias dos montes

    MonteFuturo- 31 de Outubro do 2023 · 

    Durante meses organizacións integrantes do Consello Forestal Galego consensuamos o texto que debería conformar o borrador. O texto a exposición non só non é o acordado, senón que vulnera a posición do mesmo, que vela pola propiedade social do monte

  5. O SLG organiza en Friol unha xornada de alternativas sostíbeis nas comunidades de montes

    XornadaMontes 25 de Outubro do 2023 · 

    O encontro terá lugar o sábado 28 de outubro no local social de Carballo, dende as 11:00h até as 18:00h. SLG, CMVMC de Carballo, Comuneiros dos montes do Chá, Comuneira do MVMC de Loentia, ORGACCMM participan na xornada

  6. A pretensión de verter inxentes cantidades de herbicidas perigosos está a ser contestada pola veciñanza da Mariña

    cartaz velenos 23 de Maio do 2023 · 

    No día de hoxe, procedeuse a presentar no Concello de Ribadeo un bo número de manifestacións de desconformidade con esta pretensión da empresa NEDGIA GALICIA SA, do grupo Naturgy. O produto TORDON™ Star, que a empresa pretende aplicar en grande parte do trazado, é un herbicida moi tóxico.

  7. Políticas Locais para a Transición Agroecolóxica e a Soberanía Alimentar

    17A23 17 de Abril do 2023 · 

    Conmemoramos o Día das Loitas Labregas, convocado pola coordenadora La Vía Campesina Internacional dende o ano 1996. A soberanía alimentar e a agroecoloxía xa son o presente, e único camiño para un futuro sustentábel social e medioambientalmente

  8. Denunciamos a eliminación de fondos PAC para disimular a deficiente dotación orzamentaria para ecolóxico

    axuds eco 1 de Marzo do 2023 · 

    A Xunta propón eliminar do PEPAC 40M para zonas con limitacións naturais, 11M para cultivos sostíbeis e 7,5M de gasto público total. Esiximos que a cobertura das agroambientais de ecolóxico non se realice a costa de reducir partidas con alto nivel de execución

  9. O SLG denunciará no Comité de Seguimento do PDR e no Consello Agrario Galego a exclusión masiva nas axudas de ecolóxico

    CadroSLGecolóxico23 9 de Xaneiro do 2023 · 

    Só 26 das 150 granxas que solicitaron a súa conversión á gandaría ecolóxica accederon ás axudas públicas da Xunta. A CMR inda non respostou á solicitude de xuntanza feita polo SLG no mes de decembro e continúan activas as mobilizacións

  10. Produtores/as en ecolóxico e de zonas desfavorecidas maniféstanse fronte ao Parlamento convocadas polo SLG

    211222 22 de Decembro do 2022 · 

    O conselleiro segue sen asumir responsabilidades, mentindo e buscando excusas para non activar as axudas necesarias. Campaña de mobilizacións para esixir medidas para as granxas discriminadas pola CMR no acceso ás axudas públicas

  11. Mobilización de produtores/as en ecolóxico e de zonas desfavorecidas MAÑÁ fronte ao Parlamento Galego (COMPOSTELA)

    Compos21D 20 de Decembro do 2022 · 

    Avanza a campaña de mobilizacións para esixir medidas para as granxas discriminadas pola CMR no acceso ás axudas públicas. Ás 13h. concentración previa ao debate parlamentario no que se tratará a deficiente xestión destes orzamentos por parte da Xunta

  12. Máis de medio cento de persoas partillaron análises e estrateixas de coidado do común para soster a Vida

    fotoGrupoforo 17 de Decembro do 2022 · 

    Ao longo da xornada de hoxe estamos celebrando na Casa Común de Rarís (Teo) o VI Foro Labrego de Agroecoloxía. Os comúns como elemento clave para reconfigurar a nosa relación coa terra e o territorio, e avanzar na Soberanía Alimentar

  13. Inicio de mobilizacións para esixir solucións para as granxas excluídas das axudas ao sector ecolóxico e zonas desfavorecidas

    solicitude16d 16 de Decembro do 2022 · 

    Arredor de 200 produtoras/es acompañaron á SX do SLG no rexistro hoxe en Lugo da solicitude de entrevista co conselleiro. Inicio de campaña de mobilizacións para esixir medidas para as granxas discriminadas pola CMR no acceso ás axudas públicas

  14. O SLG-CCLL leva unha vez máis o debate sobre a invasión eólica nas Reservas da Biosfera

    Mrb 16 de Decembro do 2022 · 

    Reiteramos a demanda de activación inmediata dunha moratoria á instalación de polígonos industriais nas Reservas da Biosfera. Solicitamos coñecer a evolución do informe iniciado polo Comité Científico do Programa MaB da UNESCO a finais do 2021

  15. Solicitamos unha xuntanza urxente co Conselleiro e solucións para as granxas de ecolóxico e zonas desfavorecidas

    Lugo16d 15 de Decembro do 2022 · 

    Mañá ás 13h. a Secretaria Xeral do SLG-CCLL rexistrará en Lugo a solicitude de entrevista co conselleiro José González Vázquez. Inicio de campaña de mobilizacións para esixir medidas para as granxas discriminadas pola CMR no acceso ás axudas públicas

  16. VI Foro Labrego de Agroecoloxía: Coidando o común para soster a Vida

    FLA22 14 de Decembro do 2022 · 

    Ao encontro asistirán produtores/as de ecolóxico de toda Galiza, este sábado 17 de decembro na Casa Común de Rarís (Teo). Os comúns como elemento clave para reconfigurar a nosa relación coa terra e o territorio, e avanzar na Soberanía Alimentar

  17. Esiximos á CMR que corrixa a súa neglixencia e garanta apoios para todas as solicitantes da agroambiental de ecolóxico inscritas no CRAEGA

    logocraega22 30 de Novembro do 2022 · 

    É intolerábel que a Administración galega non levase un control do número de solicitudes en relación aos apoios dispoñíbeis. A PAC procura fomentar a agricultura ecolóxica pero a CMR ningunea o sector mentras desvía fondos cara a agroindustria

  18. Lanzamento do manifesto internacional Agroecoloxía ou Barbarie

    agroecoloxíaoubarbarie 20 de Outubro do 2022 · 

    As análises e posición política emanadas do seminario internacional "Agroecoloxía ou Barbarie", celbrado no mes de xuño en Compostela foron   compiladas a través dun manifesto internacional lanzado simultáneamente polas organizacións participantes o mesmo. Animamos á adhesión de todas aquelas entidades que queiran sumar forzas contra os abusos das corporacións agroindustriais, na defensa da agroecoloxía e pola consecución do dereito á soberanía alimentaria.

  19. A Fiscalía investiga á Xunta pola vaga de lumes deste verán

    LumesNuncaMáis 13 de Outubro do 2022 · 

    A Fiscalía iniciou dilixencias en base á denuncia presentada en agosto polas entidades que integran a plataforma “Por un Monte Galego con Futuro” na que se sinalaba a Xunta como responsábel por inacción do alcance do desastre ambiental causado pola vaga de lumes.

  20. A Plataforma por un Monte Galego con futuro leva á Xunta ante a Fiscalía pola vaga de lumes

    ChandrexaLume 17 de Agosto do 2022 · 

    Denunciamos ante a Fiscalía e a Valedora do Pobo o desleixo do goberno da Xunta de Galicia ante a vaga de lumes que nas últimas semanas teñen producido graves efectos nos montes e ecosistemas de máis valor de Galicia.

  21. O SLG solicita que se cubran todos os custos ocasionados polo lume na Galiza

    Imaxe do cartaz Lumes Nunca Máis 28 de Xullo do 2022 · 

    O goberno galego non foi capaz ou non quixo activar todos os medios, previstos no PLADIGA, para facer fronte aos incendios máis catastróficos. En setembro deberá comezar o debate para lograr un consenso social sobre os cambios precisos no modelo de prevención, que ten que implicar mudanzas importantes para que non se repita.

  22. Frouma publica a guía 'Manexo de masas vexetais para a apicultura', sobre a importancia das abellas na Galiza

    abella e flor 5 de Abril do 2022 · 

    A Asociación Frouma, coa colaboración do Sindicato Labrego Galego, publicou a guía 'Manexo de masas vexetais para a apicultura', baixo a coordinación do noso compañeiro Diego Sánchez. O estudo pon en valor a importancia das abellas como animais imprescindíbeis para a biodiversidade e para a produción de alimentos. Nel analízase a relación das abellas coas plantas, a tipoloxía de meles existentes, os efectos nocivos dos pesticidas e repárase no presente e futuro da apicultura na Galiza, afondando na caracterización das masas e propostas de manexo. O proxecto foi editado a finais de 2021 e conta co financiamento da Deputación da Coruña. Podes descargar a obra premendo na icona que atoparás ao final desta páxina.

  23. Se mata ao medio rural, non é enerxía limpa nin transición xusta

    Hidro 7 de Febreiro do 2022 · 

    Dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) e a Asociación Petón do Lobo damos a voz de alarma e manifestamos a nosa absoluta oposición ao proxecto da central hidroeléctrica Xistral (936 MWE), que o grupo de explotación enerxética aragonés Alatalaya Generación -con negocio tamén no sector eólico e fotovoltaico- ameaza con instalar nos concellos de O Valadouro, Ourol, Alfoz, Cervo e Xove (Lugo).

  24. Defendemos no CES a xestión pública da auga e garantir o seu acceso por parte da poboación

    auga para todas 2 de Febreiro do 2022 · 

    Nestas semanas está a ter lugar no seo do Consello Económico e Social de Galiza (CES) o proceso de debate e emendas do denominado “Anteproxecto de Lei de Mellora da Xestión do Ciclo Integral da Auga”, o cal modifica a Lei 9/2010 de Augas de Galicia. Este ditame do CES será remitido á Xunta de Galicia, para a súa posterior tramitación como Lei no Parlamento Galego, puidendo ter incorporado as achegas formuladas polo CES, ou non.

  25. A Conselleira de Medio Ambiente abandona precipitadamente a xuntanza do COGAMADS bloqueando a votación da moratoria eólica

    Fóra eólicos do rural 27 de Xaneiro do 2022 · 

    SLG-CCL, ADEGA, FEG e SGHN censuraron o comportamento da Conselleira e solicitaron a convocatoria urxente dun pleno extraordinario do Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel.

  26. Dúas das tres Reservas da Biosfera luguesas solicitarán unha moratoria para paralizar os parques eólicos, a solicitude do SLG

    MP 19 de Decembro do 2021 · 

    A Reserva da Biosfera Terras do Miño, e a Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá comprometéronse, a instancia do Sindicato Labrego Galego, a solicitar á Xunta de Galicia unha moratoria que paralice de xeito inmediato os parques eólicos actualmente en tramitación.

  27. Alegamos contra a discriminación das granxas galegas con terra no borrador do RD para a nutrición sostíbel nos solos agrarios

    bosta 10 de Decembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas presentou hoxe quince novas alegacións ao Real Decreto polo se establecerán as normas para a nutrición sostíbel nos solos agrarios.

  28. Veciñanza afectada e SLG denunciamos irregularidades na exposición pública dos parques eólicos Mistral e Nordés

    Dificultades alegacións 16 de Novembro do 2021 · 

    O pasado 7 de outubro o Boletín Oficial da Provincia de Lugo recollía o anuncio de dous novos megaparques eólicos máis: Parque Eólico Mistral de 100,8 MW e infraestrutura de evacuación na provincia de Lugo (solicitado por GREENALIA WIND POWER MISTRAL S.L.U), e o Parque Eólico Nordés de 67,2 MW e infraestrutura de evacuación nas provincias de A Coruña e Lugo (solicitado por GREENALIA WIND POWER NORDÉS S.L.U. ).

     

     

  29. Unindo forzas a nivel global contra o espolio do medio rural

    CNI_16-17 15 de Novembro do 2021 · 

    A voceira do Congreso Nacional Indíxena (CNI) mexicano Mª de Jesus Patricio, Marichuy, e a integrante da Asamblea de los Pueblos Indígenas del Istmo en Defensa de la Tierra y el Territorio Nisaguie Abril Flores, estarán en Touro, Compostela e Vigo o martes 16 e o mércores 17 de Novembro

     


  30. Esiximos un verdadeiro plan de restauración da mina de Touro (Atalaya Mining)

    PDRA_131121 13 de Novembro do 2021 · 

    O actual proxecto de drenaxe integral debe estar incorporado a un verdadeiro plano de restauración e ter como obxectivo único asumir os pasivos mineiros e resolver o problema de contaminación existente actualmente derivado da anterior explotación e  desligarse de calquera futuro proxecto que se poida presentar para a explotación mineira porque a restauración é previa a calquera novo proxecto de explotación, conforme á directiva europea

  31. A solicitude do SLG, o Ministerio para a Transición Ecolóxica ordena estudar o impacto das estruturas de explotación enerxética nas Reservas da Biosfera

    EstudoBiosfera 9 de Novembro do 2021 · 

    O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico realizará, por unha banda, un informe conxunto sobre as incidencias dos parques eólicos nas Reservas de Biosfera, e, por outra, un estudo sobre a viabilidade de instalacións eólicas, fotovoltaicas e termo solares -incluído o seu repotenciamento- e infraestruturas asociadas en territorios declarados Reserva da Biosfera no Estado español.

  32. Endesa encarga investigacións para identificar e neutralizar colectivos sociais que dinamizan a resistencia contra a invasión eólica

    faixa eólicos non 5 de Novembro do 2021 · 

    Importando as mesmas estratexias de identificación de resistencias locais empregadas dende fai décadas para a explotación de recursos naturais nos países en vías de desenvolvemento, están a ser varias as multinacionais enerxéticas que, a través de consultoras medioambientais ao seu servizo, están a contactar aos colectivos que informamos, denunciamos e nos opoñemos á invasión eólica do medio rural galego.

  33. Alegamos contra a creación dunha nova balsa de residuos da mina de Touro-O Pino

    Balsa residuos-drenaxe 29 de Outubro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de presentar alegacións contra o“Proxecto de drenaxe integral da concesión de explotación San Rafael n.º 2.946”, na parroquia de Touro (San Xoán), nos termos municipais de Touro e O Pino (A Coruña).

  34. A Rede Galega Stop Eólicos chama a intensificar a loita frente a estratexia de desmobilización da Xunta

    rede galega stop eolicos 26 de Outubro do 2021 · 

    Comunicado da RGSE - A semana pasada tivemos coñecemento das modificacións legais que a Xunta de Galicia di que vai introducir no sector eólico. Dende a Rede Galega Stop Eólicos (RGSE) queremos alertar de que estas modificacións non van servir para afrontar os problemas que supoñen os proxectos eólicos que están en tramitación ante a Xunta na Galiza e ante o Ministerio en Madrid.

  35. A Terra Chá érguese contra unha nova ameaza eólica: Parque Eólico Mistral

    Mistral Non 25 de Outubro do 2021 · 

    Solicitamos oficialmente que sexa posto a disposición da cidadanía nas oficinal municipais información do proxecto eólico Mistral que ameaza aos concellos de Xermade e Guitiriz na Terra Chá.

  36. A Comisión Contra as Minas da Terra Chá denuncia actividade mineira ilegal na parroquia de Goá

    PlenoCospeito 17 de Outubro do 2021 · 

    Na Comisión Contra as Minas na Terra Chá vimos de ter noticia de que dende hai uns días se están a realizar labores mineiras sen permiso en terreos da parroquia de Goá, en Cospeito. Ao tempo fomos informadas de que Erimsa está a ofrecer contratos de arrendamento a veciñas da zona do Arneiro, na mesma parroquia.

  37. Esiximos criterios axustados á realidade galega na xestión do lobo

    lobo 28 de Septembro do 2021 · 

    Demandamos que as medidas preventivas e os criterios para as indemnizacións por ataque de lobo se axeiten a nosa realidade. Non todo o estado español e latifundista nin Castela, é ineludible ter en conta a realidade económica e social das explotacións galegas. Precisamos un programa de sanidade animal eficiente, que protexa ao lobo ao tempo que palie os impactos nas granxas e que evite o contaxio de enfermidades a cabana doméstica.

  38. A veciñanza de Aldurfe fai fronte á Consellaría e oponse á construción da planta de transferencia de SOGAMA

    aldurfe 27 de Septembro do 2021 · 

    Dende o Sindicato Labrego Galego apoiamos a loita da veciñanza, sumándonos as súas demandas e instamos a Consellería de Medio Ambiente e os concellos afectados a que actúen dun xeito transparente e claro, e que deixen de insistir en converter o medio rural nun vertedoiro das áreas urbanas.

  39. Contra a cobiza do oligopolio enérxético. Non á privatización dos lagos de Meirama e As Pontes

    ConcentraciónAugasDeGalicia 22 de Septembro do 2021 · 

    Con motivo da apertura de sobres vinculada á solicitude de explotación privada dos recursos hídricos dos lagos de As Pontes e Meirama, distintas organizacións sociais convocamos unha acción de protesta nas oficinas de Augas de Galicia en Santiago de Compostela.

  40. Denunciamos a reincidencia de Corcel Minerals SL/ Eurobattery Minerals AB na execución de prospeccións ilegais en Santa Comba e Coristanco

    sondaxesilegaisCORCELMINERALS 16 de Septembro do 2021 · 

    Denunciamos ante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Consellería de Economía, Empresa e Innovación e o Concello de Sta Comba unha nova tentativa de realizar sondaxes ilegais nos concellos de Sta. Comba e Coristanco perpetrada pola empresa mercantil CORCEL MINERALS SL e a súa matriz EUROBATTERY MINERALS AB.

  41. O SLG urxe a impedir un novo ataque do oligopolio eólico á comarca da Mariña

    greenalia-borrasca 8 de Septembro do 2021 · 

    Greenalia pretende instalar 15 eólicos, unha subestación e unha liña de alta tensión de evacuación até Xove. Os aeroxeradores que se pretenden implantar alcanzarían a altura de 180 metros (a maior cheminea de Alcoa na factoría de San Cibrao chega aos 145). Irían situados, 10 deles, no cumio dos montes entre Cornería e o monte de Oirán, nos límites entres os concellos de Lourenzá e Mondoñedo con Foz, e os 5 restantes irían entre Santa Cilla e o Pico da Lebre no concello de Foz. Este macroparque eólico de dimensións totalmente desproporcionadas afectará negativamente a un grande número de veciños e veciñas.

  42. SLG denuncia a ameaza de dous parques eólicos na Reserva da Biosfera Terras do Miño

    stop eolicos 28 de Agosto do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar unha serie de escritos na Deputación Provincial de Lugo e no Ministerio para a Transición Ecolóxica, demandando a actuación do Consello Científico, órgano asesor do Comité Español do Programa MaB da UNESCO, ante as "posíbeis afeccións á conservación de superficies de hábitats de Rede Natura e aos valores da Reserva da Biosfera Terras do Miño" dos parques eólicos 'Santuario' e 'Mistral' e das correspondentes infraestruturas de evacuación.

  43. Desmantelada para chatarra a planta de tratamento de Varilongo que levou máis de medio millón de euros da Xunta

    Varilongo 17 de Xullo do 2021 · 

    A mineira australiana Rafaella Resources, propietaria da filial que obtivo os dereitos mineiros da mina de estaño e volframio de Varilongo, en Santa Comba, demantelou esta semana a planta de tratamento de minerais que fora instalada en 2012 cunha subvención a fondo perdido do IGAPE de 645.855 euros, a cargo do Fondo Europeo de Desenvovemento Rexional. O Sindicato Labrego Galego, xunto a outros colectivos (Petón do Lobo BerXallas Minaría Destrutiva Non, Ecoloxistas en Acción e Fundación Montescola) denunciamos o desmantelamento por carecer das preceptivas autorizacións.

  44. As denuncias da veciñanza e dos colectivos de de Contraminacción paralizan as sondaxes ilegais en Castriz

    Sondaxes ilegais 3 de Xullo do 2021 · 

    Esta semana recibimos comunicación por parte do xefe do Servizo de Enerxía e Minas da Delegación Territorial da Coruña: “Infórmaselle de que con data 18/06/2021 o xefe territorial iniciou o correspondente expediente sancionador e ratificou a suspensión dos traballos acordada in situ, como consecuencia da visita de inspección realizada o 16/06/2021 polos servizos técnicos desta Xefatura Territorial

  45. O SLG denuncia sondaxes ilegais que afectan os recursos hídricos de nove familias en Santa Comba e Coristanco

    Sondaxes ilegais 15 de Xuño do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de presentar, xunto a outros colectivos e organizacións, unha denuncia diante da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística contra as sondaxes mineiras ilegais nas que está a reincidir a empresa Eurobattery Minerals en Coristanco e Santa Comba. A denuncia tamén foi presentada diante da Consellaría de Economía, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, do Concello de Santa Comba e da Policia Autonomica.

  46. A Sociedade Civil europea denuncia os plans de materias primas da UE que impulsan a minería destrutiva

    Yes to Life No to Mining 10 de Xuño do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego, xunto con máis de 180 organizacións e plataformas de dereitos humanos e ambientais de 36 países, solicitamos á Unión Europea que abandone os seus plans de expansión masiva da minaría no marco dos plans da UE dun “Pacto Verde” (Green Deal) e “Recuperación Verde”.

  47. Nin un eólico máis, nin unha ocupación máis dos nosos montes e agras. Marcha o 5 de xuño!

    Marcha contra os eólicos 1 de Xuño do 2021 · 

    Nos últimos meses unha nova ameaza planea sobre as nosas aldeas, unha INVASION EÓLICA  como lle veñen chamando moitas plataformas veciñais.Diante disto, dende o Sindicato Labrego Galego apoiamos a marcha do 5 de xuñ, Día do Medio Ambiente, convocada por varios colectivos e organizacións ecoloxistas e sindicaisda Galiza.

  1. Premio Erimsa

    O SLG agarda que a Xunta non utilice os premios a Erimsa como escusa para autorizar novos proxectos extractivos

    4 de Decembro do 2019 · 

    Esta semana coñecemos a nova de que a empresa mineira Erimsa recibiu en Bruxelas un Premio de Desenvolvemento Sostible entregado pola Asociación Europea de Áridos (UEPG) polas “súas boas prácticas medioambientais na comarca de Ordes”. En outubro do ano pasado, recollía un galardón semellante de mans do mesmísimo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no marco do V Congreso Estatal de Áridos, que se celebrou en Compostela.

  2. Presentación IV Foro

    O IV Foro Labrego de Agroecoloxía abordará os retos da emerxencia climática para a agricultura

    14 de Novembro do 2019 · 

    O Sindicato Labrego Galego volve colaborar na organización do Foro Labrego de Agrecoloxía, un evento que chega á súa cuarta edición en 2019 e que, desta vez, escolleu o Convento Franciscano de Herbón (Padrón) para desenvolver o seu programa os días 16 e 17 de novembro. Nesta ocasión, tal e como adianta o xogo de palabras que dá título ao Foro -”Soberanía climática, emerxencia alimentaria”-, as diversas palestras e obradoiros virarán ao redor dunha cuestión candente como a crise por emerxencia climática.Como en edicións pasadas, o Foro está organizado pola Asociación Herbamoura e ten o financiamento da Deputación da Coruña.

  3. Isabel Vilalba e Diego Sánchez

    20-O: Multitudinaria manifestación da plataforma Por un monte galego con futuro en Compostela

    21 de Outubro do 2019 · 

    Tal e como estaba previsto, a plataforma Por un monte galego con futuro, da que forma parte o Sindicato Labrego Galego, organizou unha multitudinaria manifestación en Compostela o domingo 20 de outubro. Porque non queremos seguir sendo o almacén de celulosa para Ence, porque non queremos seguir enchedo as páxinas dos xornais coa Galiza arrasada por incendios, porque cremos e sabemos que os nosos montes poden ser unha fonte inesgotable e sostible de emprego e riqueza, porque o desafío de arrefriar o planeta para enfrontar o cambio climático así nolo esixe. Se queres coñecer as nosas demandas, consulta AQUÍ.

  4. Rolda Terra Chá

    Xuntos pola defensa dos nosos valores: Alcaldes e Comisión contra as Minas na Terra Chá fronte a Erimsa

    18 de Outubro do 2019 · 

    A Comisión contra as Minas da Terra Chá e os alcaldes de Abadín, A Pastoriza, Castro de Rei e Cospeito, en representación dos concellos da Terra Chá afectados polas concesións mineiras á empresa Erimsa, ofrecemos, o 18 de outubro, unha rolda de prensa para expresar a preocupación polo inicio de actividades extractivas de Erimsa na bisbarra. De seguido, compartimos o comunicado que emitiron.

  5. Cambio climático

    [Editorial do Fouce 327] Non digas "cambio climático": Chámalle emerxencia climática porque a é

    16 de Outubro do 2019 · 

    Este Fouce imprimiuse en vésperas do 27 de setembro, data dunha mobilización global en todo o planeta para esixir dos gobernos o recoñecemento de que nos atopamos diante dunha crise de emerxencia climática e o compromiso con políticas que minimicen a emisión de gases con efecto invernadoiro á atmosfera. Trátase de evitar que a temperatura global siga subindo como até agora e de non chegar a un punto de non retorno no que a catástrofe sería irreversible.

  6. Minas Terra Cha

    A Comisión contra as Minas na Terra Chá convoca os alcaldes tras constatar presuntas ilegalidades de Erimsa

    9 de Outubro do 2019 · 

    A Comisión contra as Minas da Terra Chá, integrada por máis dunha vintena de colectivos, mantivo, o 7 de outubro, unha xuntanza tras constatar o inicio de actividades por parte da empresa Erimsa. Dende a Comisión contra as Minas na Terra Chá non temos constancia de que esta mineira de capital noruegués e chinés teña título ou habilitación xurídica suficientes como para iniciar a súa actividade en ningunha das concesións aprobadas para extraer seixo en 2006 e que afectan 5.700 hectáreas nos concellos de Castro de Rei, Cospeito, A Pastoriza, Abadín, Vilalba e Riotorto.

  7. Folga galega polo clima

    O Sindicato Labrego apoia a folga contra o cambio climático integrado no Movemento Galego polo Clima

    26 de Septembro do 2019 · 

    Na Galiza, o 18 de setembro presentábase oficialmente a que vai ser a primeira folga global para demandar un cambio nas políticas de cara a frear o cambio climático o 27 de setembro. E fíxose dende o Movemento Galego polo Clima, unha plataforma que agrupa máis de 50 organizacións da nosa terra entre as que se atopa o Sindicato Labrego Galego.

  8. Manifestacion 20_O

    A plataforma “Por un monte galego con futuro” convoca unha manifestación nacional o 20 de outubro en Compostela

    25 de Septembro do 2019 · 

    “Por un monte galego con futuro” anunciou, esta semana, a convocatoria dunha manifestación nacional para o día 20 de outubro, con saída ás 12:00 horas da Alameda compostelá. A plataforma fai o chamamento á mobilización coincidindo coa convocatoria, a nivel mundial, de todo tipo de accións contra o cambio climático.

  9. Diego Sánchez Agra

    A desidia da Xunta bloqueou os traballos de prevención de lumes até finais de agosto e favorece as pragas forestais

    19 de Septembro do 2019 · 

    A Plataforma “Por un monte galego con futuro” compareceu hoxe, 19 de setembro, nunha rolda de prensa en Compostela, para denunciar, tras o verán, o incumprimento total de boa parte das medidas contempladas no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais en Galiza (Pladiga) e das desastrosas políticas forestais que se están a levar a cabo dende a Xunta. As persoas encargadas de representar a vintena de colectivos que forman parte de “Por un monte galego con futuro” foron (aparecen de esquerda a dereita nas fotografías): Manuel da Cal (Fruga), Susana Méndez (CIG), Xosé Santos (Amigos da Terra), Belén Rodríguez (Adega), Xosé Alfredo Pereira (Organización Galega de Comunidades de Montes) e Diego Sánchez Agra (Sindicato Labrego Galego).

  10. Escavacións

    O SLG critica o apoio da Xunta a un proxecto de Erimsa que afecta 210 hectáreas en Mesía e Frades e que antes rexeitou

    13 de Septembro do 2019 · 

    O pasado 30 de agosto saíu publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) a concesión de explotación derivada do permiso de investigación de recursos mineiros Xanceda 7138 nos concellos de Frades e Mesía, por un período de trinta anos, proxecto promovido pola multinacional mineira de capital chinés e noruegués Erimsa.

  1. 1
  2. 2
  3. 3
  4. Seguinte