No día de hoxe, procedeuse a presentar no Concello de Ribadeo un bo número de manifestacións de desconformidade con esta pretensión da empresa NEDGIA GALICIA SA, do grupo Naturgy. O produto TORDON™ Star, que a empresa pretende aplicar en grande parte do trazado, é un herbicida moi tóxico.
Conmemoramos o Día das Loitas Labregas, convocado pola coordenadora La Vía Campesina Internacional dende o ano 1996. A soberanía alimentar e a agroecoloxía xa son o presente, e único camiño para un futuro sustentábel social e medioambientalmente
A Xunta propón eliminar do PEPAC 40M para zonas con limitacións naturais, 11M para cultivos sostíbeis e 7,5M de gasto público total. Esiximos que a cobertura das agroambientais de ecolóxico non se realice a costa de reducir partidas con alto nivel de execución
Só 26 das 150 granxas que solicitaron a súa conversión á gandaría ecolóxica accederon ás axudas públicas da Xunta. A CMR inda non respostou á solicitude de xuntanza feita polo SLG no mes de decembro e continúan activas as mobilizacións
O conselleiro segue sen asumir responsabilidades, mentindo e buscando excusas para non activar as axudas necesarias. Campaña de mobilizacións para esixir medidas para as granxas discriminadas pola CMR no acceso ás axudas públicas
Avanza a campaña de mobilizacións para esixir medidas para as granxas discriminadas pola CMR no acceso ás axudas públicas. Ás 13h. concentración previa ao debate parlamentario no que se tratará a deficiente xestión destes orzamentos por parte da Xunta
Ao longo da xornada de hoxe estamos celebrando na Casa Común de Rarís (Teo) o VI Foro Labrego de Agroecoloxía. Os comúns como elemento clave para reconfigurar a nosa relación coa terra e o territorio, e avanzar na Soberanía Alimentar
Arredor de 200 produtoras/es acompañaron á SX do SLG no rexistro hoxe en Lugo da solicitude de entrevista co conselleiro. Inicio de campaña de mobilizacións para esixir medidas para as granxas discriminadas pola CMR no acceso ás axudas públicas
Reiteramos a demanda de activación inmediata dunha moratoria á instalación de polígonos industriais nas Reservas da Biosfera. Solicitamos coñecer a evolución do informe iniciado polo Comité Científico do Programa MaB da UNESCO a finais do 2021
Mañá ás 13h. a Secretaria Xeral do SLG-CCLL rexistrará en Lugo a solicitude de entrevista co conselleiro José González Vázquez. Inicio de campaña de mobilizacións para esixir medidas para as granxas discriminadas pola CMR no acceso ás axudas públicas
Ao encontro asistirán produtores/as de ecolóxico de toda Galiza, este sábado 17 de decembro na Casa Común de Rarís (Teo). Os comúns como elemento clave para reconfigurar a nosa relación coa terra e o territorio, e avanzar na Soberanía Alimentar
É intolerábel que a Administración galega non levase un control do número de solicitudes en relación aos apoios dispoñíbeis. A PAC procura fomentar a agricultura ecolóxica pero a CMR ningunea o sector mentras desvía fondos cara a agroindustria
As análises e posición política emanadas do seminario internacional "Agroecoloxía ou Barbarie", celbrado no mes de xuño en Compostela foron compiladas a través dun manifesto internacional lanzado simultáneamente polas organizacións participantes o mesmo. Animamos á adhesión de todas aquelas entidades que queiran sumar forzas contra os abusos das corporacións agroindustriais, na defensa da agroecoloxía e pola consecución do dereito á soberanía alimentaria.
A Fiscalía iniciou dilixencias en base á denuncia presentada en agosto polas entidades que integran a plataforma “Por un Monte Galego con Futuro” na que se sinalaba a Xunta como responsábel por inacción do alcance do desastre ambiental causado pola vaga de lumes.
Denunciamos ante a Fiscalía e a Valedora do Pobo o desleixo do goberno da Xunta de Galicia ante a vaga de lumes que nas últimas semanas teñen producido graves efectos nos montes e ecosistemas de máis valor de Galicia.
O goberno galego non foi capaz ou non quixo activar todos os medios, previstos no PLADIGA, para facer fronte aos incendios máis catastróficos. En setembro deberá comezar o debate para lograr un consenso social sobre os cambios precisos no modelo de prevención, que ten que implicar mudanzas importantes para que non se repita.
A Asociación Frouma, coa colaboración do Sindicato Labrego Galego, publicou a guía 'Manexo de masas vexetais para a apicultura', baixo a coordinación do noso compañeiro Diego Sánchez. O estudo pon en valor a importancia das abellas como animais imprescindíbeis para a biodiversidade e para a produción de alimentos. Nel analízase a relación das abellas coas plantas, a tipoloxía de meles existentes, os efectos nocivos dos pesticidas e repárase no presente e futuro da apicultura na Galiza, afondando na caracterización das masas e propostas de manexo. O proxecto foi editado a finais de 2021 e conta co financiamento da Deputación da Coruña. Podes descargar a obra premendo na icona que atoparás ao final desta páxina.
Dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) e a Asociación Petón do Lobo damos a voz de alarma e manifestamos a nosa absoluta oposición ao proxecto da central hidroeléctrica Xistral (936 MWE), que o grupo de explotación enerxética aragonés Alatalaya Generación -con negocio tamén no sector eólico e fotovoltaico- ameaza con instalar nos concellos de O Valadouro, Ourol, Alfoz, Cervo e Xove (Lugo).
Nestas semanas está a ter lugar no seo do Consello Económico e Social de Galiza (CES) o proceso de debate e emendas do denominado “Anteproxecto de Lei de Mellora da Xestión do Ciclo Integral da Auga”, o cal modifica a Lei 9/2010 de Augas de Galicia. Este ditame do CES será remitido á Xunta de Galicia, para a súa posterior tramitación como Lei no Parlamento Galego, puidendo ter incorporado as achegas formuladas polo CES, ou non.
SLG-CCL, ADEGA, FEG e SGHN censuraron o comportamento da Conselleira e solicitaron a convocatoria urxente dun pleno extraordinario do Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel.
A Reserva da Biosfera Terras do Miño, e a Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá comprometéronse, a instancia do Sindicato Labrego Galego, a solicitar á Xunta de Galicia unha moratoria que paralice de xeito inmediato os parques eólicos actualmente en tramitación.
O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas presentou hoxe quince novas alegacións ao Real Decreto polo se establecerán as normas para a nutrición sostíbel nos solos agrarios.
O pasado 7 de outubro o Boletín Oficial da Provincia de Lugo recollía o anuncio de dous novos megaparques eólicos máis: Parque Eólico Mistral de 100,8 MW e infraestrutura de evacuación na provincia de Lugo (solicitado por GREENALIA WIND POWER MISTRAL S.L.U), e o Parque Eólico Nordés de 67,2 MW e infraestrutura de evacuación nas provincias de A Coruña e Lugo (solicitado por GREENALIA WIND POWER NORDÉS S.L.U. ).
A voceira do Congreso Nacional Indíxena (CNI) mexicano Mª de Jesus Patricio, Marichuy, e a integrante da Asamblea de los Pueblos Indígenas del Istmo en Defensa de la Tierra y el Territorio Nisaguie Abril Flores, estarán en Touro, Compostela e Vigo o martes 16 e o mércores 17 de Novembro
O actual proxecto de drenaxe integral debe estar incorporado a un verdadeiro plano de restauración e ter como obxectivo único asumir os pasivos mineiros e resolver o problema de contaminación existente actualmente derivado da anterior explotación e desligarse de calquera futuro proxecto que se poida presentar para a explotación mineira porque a restauración é previa a calquera novo proxecto de explotación, conforme á directiva europea
O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico realizará, por unha banda, un informe conxunto sobre as incidencias dos parques eólicos nas Reservas de Biosfera, e, por outra, un estudo sobre a viabilidade de instalacións eólicas, fotovoltaicas e termo solares -incluído o seu repotenciamento- e infraestruturas asociadas en territorios declarados Reserva da Biosfera no Estado español.
Importando as mesmas estratexias de identificación de resistencias locais empregadas dende fai décadas para a explotación de recursos naturais nos países en vías de desenvolvemento, están a ser varias as multinacionais enerxéticas que, a través de consultoras medioambientais ao seu servizo, están a contactar aos colectivos que informamos, denunciamos e nos opoñemos á invasión eólica do medio rural galego.
O Sindicato Labrego Galego vén de presentar alegacións contra o“Proxecto de drenaxe integral da concesión de explotación San Rafael n.º 2.946”, na parroquia de Touro (San Xoán), nos termos municipais de Touro e O Pino (A Coruña).
Comunicado da RGSE - A semana pasada tivemos coñecemento das modificacións legais que a Xunta de Galicia di que vai introducir no sector eólico. Dende a Rede Galega Stop Eólicos (RGSE) queremos alertar de que estas modificacións non van servir para afrontar os problemas que supoñen os proxectos eólicos que están en tramitación ante a Xunta na Galiza e ante o Ministerio en Madrid.
Solicitamos oficialmente que sexa posto a disposición da cidadanía nas oficinal municipais información do proxecto eólico Mistral que ameaza aos concellos de Xermade e Guitiriz na Terra Chá.
Na Comisión Contra as Minas na Terra Chá vimos de ter noticia de que dende hai uns días se están a realizar labores mineiras sen permiso en terreos da parroquia de Goá, en Cospeito. Ao tempo fomos informadas de que Erimsa está a ofrecer contratos de arrendamento a veciñas da zona do Arneiro, na mesma parroquia.
Demandamos que as medidas preventivas e os criterios para as indemnizacións por ataque de lobo se axeiten a nosa realidade. Non todo o estado español e latifundista nin Castela, é ineludible ter en conta a realidade económica e social das explotacións galegas. Precisamos un programa de sanidade animal eficiente, que protexa ao lobo ao tempo que palie os impactos nas granxas e que evite o contaxio de enfermidades a cabana doméstica.
Dende o Sindicato Labrego Galego apoiamos a loita da veciñanza, sumándonos as súas demandas e instamos a Consellería de Medio Ambiente e os concellos afectados a que actúen dun xeito transparente e claro, e que deixen de insistir en converter o medio rural nun vertedoiro das áreas urbanas.
Con motivo da apertura de sobres vinculada á solicitude de explotación privada dos recursos hídricos dos lagos de As Pontes e Meirama, distintas organizacións sociais convocamos unha acción de protesta nas oficinas de Augas de Galicia en Santiago de Compostela.
Denunciamos ante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Consellería de Economía, Empresa e Innovación e o Concello de Sta Comba unha nova tentativa de realizar sondaxes ilegais nos concellos de Sta. Comba e Coristanco perpetrada pola empresa mercantil CORCEL MINERALS SL e a súa matriz EUROBATTERY MINERALS AB.
Greenalia pretende instalar 15 eólicos, unha subestación e unha liña de alta tensión de evacuación até Xove. Os aeroxeradores que se pretenden implantar alcanzarían a altura de 180 metros (a maior cheminea de Alcoa na factoría de San Cibrao chega aos 145). Irían situados, 10 deles, no cumio dos montes entre Cornería e o monte de Oirán, nos límites entres os concellos de Lourenzá e Mondoñedo con Foz, e os 5 restantes irían entre Santa Cilla e o Pico da Lebre no concello de Foz. Este macroparque eólico de dimensións totalmente desproporcionadas afectará negativamente a un grande número de veciños e veciñas.
O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar unha serie de escritos na Deputación Provincial de Lugo e no Ministerio para a Transición Ecolóxica, demandando a actuación do Consello Científico, órgano asesor do Comité Español do Programa MaB da UNESCO, ante as "posíbeis afeccións á conservación de superficies de hábitats de Rede Natura e aos valores da Reserva da Biosfera Terras do Miño" dos parques eólicos 'Santuario' e 'Mistral' e das correspondentes infraestruturas de evacuación.
A mineira australiana Rafaella Resources, propietaria da filial que obtivo os dereitos mineiros da mina de estaño e volframio de Varilongo, en Santa Comba, demantelou esta semana a planta de tratamento de minerais que fora instalada en 2012 cunha subvención a fondo perdido do IGAPE de 645.855 euros, a cargo do Fondo Europeo de Desenvovemento Rexional. O Sindicato Labrego Galego, xunto a outros colectivos (Petón do Lobo BerXallas Minaría Destrutiva Non, Ecoloxistas en Acción e Fundación Montescola) denunciamos o desmantelamento por carecer das preceptivas autorizacións.
Esta semana recibimos comunicación por parte do xefe do Servizo de Enerxía e Minas da Delegación Territorial da Coruña: “Infórmaselle de que con data 18/06/2021 o xefe territorial iniciou o correspondente expediente sancionador e ratificou a suspensión dos traballos acordada in situ, como consecuencia da visita de inspección realizada o 16/06/2021 polos servizos técnicos desta Xefatura Territorial”
O Sindicato Labrego Galego vén de presentar, xunto a outros colectivos e organizacións, unha denuncia diante da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística contra as sondaxes mineiras ilegais nas que está a reincidir a empresa Eurobattery Minerals en Coristanco e Santa Comba. A denuncia tamén foi presentada diante da Consellaría de Economía, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, do Concello de Santa Comba e da Policia Autonomica.
O Sindicato Labrego Galego, xunto con máis de 180 organizacións e plataformas de dereitos humanos e ambientais de 36 países, solicitamos á Unión Europea que abandone os seus plans de expansión masiva da minaría no marco dos plans da UE dun “Pacto Verde” (Green Deal) e “Recuperación Verde”.
Nos últimos meses unha nova ameaza planea sobre as nosas aldeas, unha INVASION EÓLICA como lle veñen chamando moitas plataformas veciñais.Diante disto, dende o Sindicato Labrego Galego apoiamos a marcha do 5 de xuñ, Día do Medio Ambiente, convocada por varios colectivos e organizacións ecoloxistas e sindicaisda Galiza.
Tras dúas semanas durante as cales os xefes e xefas de Estado se puxeron no centro do escenario para tranquilizar as súas conciencias, o Cumio polo Clima (COP21) presentou un acordo que moitos e moitas temiamos, xa por adiantado, que non ía ofrecer nada bo para os pobos do mundo. Nada do seu contido é vinculante para os estados, as contribucións nacionais lévannos cara a un quecemento global de máis de 3° C, e as multinacionais son as principais beneficiarias.
O mercado de alimentos labregos da praza de abastos de San Agustín, na Coruña, inaugurouse onte, 2 de decembro, cun total de oito postos de venda nos que se podía atopar dende hortalizas frescas de tempada até produtos elaborados como empanadas, marmeladas ou conservas, todos cun denominador común: ser ecolóxicos e de proximidade, coa excepción neste último requisito para aqueles alimentos que non se producen nestas latitudes, como o cacao, café ou azucre.
Do 30 de novembro ao 11 de decembro, desenvolverase en París a conferencia internacional polo clima COP21. Representantes de 196 países reuniranse para comprometerse a reducir as emisións de gases con efecto invernadoiro e paliar así o quecemento global do planeta. Podemos apostar, coa seguridade de que imos gañar, que o COP21 rematará cunha fermosa foto de unidade e satisfacción polos obxectivos acadados, pero sen teren decidido ningunha mudanza eficaz para solucionar o problema.
A comezos de semana, as vacas de Ángel Rivas sufrían outro ataque dos lobos, desta vez en Teixeira, na parroquia de Escuadro (Maceda), a uns poucos centos de metros das casas. Nesta ocasión, foi un becerro de raza Vianesa duns poucos días polo que terían pagado uns 600 euros, pero as perdas serán máis abondosas, pois a nai do animal morto mancouse nos tetos con arame de espiño cando fuxía dos lobos, polo que houbo que chamar os veterinarios; ademais, coas ubres cheas e sen becerro que aleitar, é moi posible que esta vaca acabe padecendo mamite. Polo tanto, a indemnización coa que conta Ángel, ao redor duns 300 euros, non cobre nin de lonxe os danos ocasionados. Por se non abondase, é consciente de que a cobrará, con sorte, dentro dun par de anos, tal e como lle aconteceu cos cartos ingresados neste 2015 por ataques denunciados en 2013.
A Vía Campesina vén de presentar o seu sétimo caderno de estudos baixo o título “Agroecoloxía labrega para a soberanía alimentaria da Nai Terra, experiencias da Vía Campesina”. Trátase dun traballo froito da construción colectiva das diversas organizacións que formamos parte da Vía Campesina en continentes como África, America, Europa ou Asia.
A Plataforma Fumigacións Non, da que forma parte o Sindicato Labrego Galego, vén de iniciar unha campaña baixo o nome #LibresDeGlifosato. Esta acción consiste en presentar mocións nos concellos para paralizar o uso de herbicidas con glifosato en todo tipo de lugares públicos. Para participar nesta campaña, o único que tedes que facer é descargar un modelo de moción da propia web do SLG, na icona que hai ao remate desta páxina, e seguir as instrucións para rexistrala nos vosos concellos. A intención é sumar o maior número posible de municipios declarados libres de glifosato na Galiza.
Esta semana vén de rematar o prazo para solicitar as axudas da Política Agraria Común (PAC) e, felizmente, varias comunidades de montes da Terra Chá puideron declarar moitas terras nas que crían gando para que computen á hora de cuantificar as primas. Sen embargo, hai un par de semanas, estas praderías estaban excluídas das axudas.
Centos de hectáreas de monte dedicadas a usos gandeiros poderían quedar fóra das axudas da Política Agraria Común (PAC) polos criterios aplicados para clasificar os terreos como forestais ou no coeficiente de admisibilidade para o resto de terreos, criterios que fan referencia á densidade de arborado, superficie ocupada por especies herbáceas e altura da vexetación.
Unha comitiva do Sindicato Labrego Galego uniuse ao cento de persoas que acudiu, o 7 de maio, aos xulgados de Vigo para expresar o seu total e incondicional apoio a Marcos Celeiro, presidente da Asociación O Iribio (Triacastela).
O Sindicato Labrego Galego solidarízase co presidente da Asociación Cultural O Iribio, Marcos Celeiro, e acudirá á concentración de apoio de mañá, 7 de abril, diante do xulgado nº 13 de Vigo, onde este activista sentará no banco dos acusados tras ser denunciado pola empresa Cementos Cosmos por “danos e prexuízos contra a súa honra".