A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Medio Ambiente e Montes>
  4. Mobilización de produtores/as en ecolóxico e de zonas desfavorecidas MAÑÁ fronte ao Parlamento Galego (COMPOSTELA)

Mobilización de produtores/as en ecolóxico e de zonas desfavorecidas MAÑÁ fronte ao Parlamento Galego (COMPOSTELA)

20 de Decembro do 2022

Compos21D

Avanza a campaña de mobilizacións para esixir medidas para as granxas discriminadas pola CMR no acceso ás axudas públicas. Ás 13h. concentración previa ao debate parlamentario no que se tratará a deficiente xestión destes orzamentos por parte da Xunta

Compostela, 20 de Decembro 2022. Produtoras e produtores en ecolóxico e de zonas desfavorecidas, afectadas pola neglixente xestión de fondos públicos da Consellaría do Medio Rural que ameaza con excluír destas axudas a milleiros de explotacións galegas, concentraranse ás 13h. de mañá, mércores 21 de decembro, diante do Parlamento Galego en Santiago de Compostela.

Convocado polo Sindicato Labrego Galego, o sector produtor está a unir forzas con outros colectivos, como organizacións agrarias, gabinetes técnicos e outro tipo de entidades que tamén traballan neste ámbito, de cara a seguir reforzando a presión á Xunta de Galicia a través da xeira de mobilizacións iniciada o pasado venres en Lugo, secundada por centos de persoas.

Ás 13h. a Secretaria Xeral do SLG-CCLL, a gandeira Isabel Vilalba, trasadará aos medios de comunicación as claves da mala praxe por parte da Consellaría do Medio Rural que está a levar a impedir o desenvolvemento duns sectores considerados cruciais polas institucións a nivel europeo e estatal para garantir unha alimentación san e de calidade, así como o cada vez máis urxente coidado do noso medioambiente.