A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Medio Ambiente e Montes>
  4. Convocadas 22 accións en demanda da paralización do Plan Forestal e "Por un Monte Galego con Futuro"

Convocadas 22 accións en demanda da paralización do Plan Forestal e "Por un Monte Galego con Futuro"

17 de Marzo do 2021

Por un monte galego con futuro

A Plataforma Por un Monte Galego con Futuro, da que o SLG fai parte, convoca para o vindeiro domingo, día 21 de marzo, ás 12:00 horas (agás en Ourense, que é ás 11:00), unha acción descentralizada en demanda da paralización do Plan Forestal imposto polo PP; da adopción de medidas específicas, a través dun regulamento, para aplicar de maneira efectiva a anunciada moratoria do eucalipto, impedindo novas plantacións mediante o reforzamento das medidas de control e vixilancia e en defensa dun monte con futuro.

A moratoria do eucalipto anunciábase escasas horas despois de se aprobar o novo Plan Forestal Galego que a Plataforma ten denunciado, de forma reiterada, que responde unicamente a intereses produtivistas e de carácter privado.

Un plan que pon a ordenación dos usos do monte en mans das empresas madeireiras e forestais e deixa de lado o interese xeral, sen contemplar a necesidade de manter unha reserva ecolóxica de hábitats naturais e garantir así os servizos ecosistémicos dos montes galegos; fomenta o monocultivo e o aumento de especies pirófitas e invasoras e propón aumentar, aínda máis, a superficie ocupada por eucalipto, en detrimento das masas forestais autóctonas que apenas sufrirán incremento nos vindeiros 20 anos.

Para a plataforma este plan non fai máis que agravar a situación actual, que o propio goberno galego recoñeceu co anuncio da moratoria para prohibir máis plantacións de eucaliptos.

Por iso demanda, con esta acción descentralizada que se desenvolverá en 22 localidades galegas, a devolución do novo Plan Forestal Galego ao Consello Forestal para realizar unha nova redacción axeitada ás necesidades do país e  na que poidan participar todas as organizacións relacionadas co monte e co medio rural.

ACCIÓNS DESCENTRALIZADAS

  1. Betanzos, Praza de García Hermanos
  2. Ferrol, diante do Edifizo Administrativo da Xunta
  3. Santiago de Compostela, diante da sé da Presidencia da Xunta de Galiza( Praza do Obradoiro)
  4. Melide, Xardíns do Cantón de San Roque
  5. Lugo, diante do Edificio da Xunta de Galiza
  6. Becerreá, diante do Concello
  7. Chantada, Praza do Cantón
  8. Vilalba, Praza do Templete
  9. Ourense, diante da Delegación Provincial do Medio Rural (ás 11:00 horas)
  10. Verín, diante do Concello de Verín
  11. Xinzo de Limia, na Praza Maior
  12. Vigo, sede da Xunta, praza da Estrela, Rúa concepción Arenal 8
  13. Pontevedra, na Praza da Ferrería
  14. Cangas, diante do Concello
  15. Bueu, diante do Concello
  16. Moaña, diante do Concello
  17. Vilaboa, diante do Concello
  18. Marín, diante do Concello
  19. Vilagarcía, praza de Ravella
  20. Cercedo-Cotobade, Praza do Concello
  21. Tomiño, Praza do Seixo
  22. Nigrán, Explanada de San Campio, A Ramallosa

Mobilizacións Día da Árbore