A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Medio Ambiente e Montes

Medio Ambiente e Montes

  1. Esiximos a dimisión do director xeral de montes e un cambio radical nas políticas de prevención dos lumes

    Lumes forestais 16 de Septembro do 2020 · 

    Numerosas entidades sindicais, agrarias, ecoloxistas e sociais do país (as abaixo asinantes, entre as que se atopa o Sindicato Labrego Galego) pedimos a dimisión inmediata do Director Xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto, por non dispoñer as medidas de prevención e vixilancia necesarias para evitar a catástrofe incendiaria que está a vivir a provincia de Ourense, en particular, as áreas afectadas do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés e do Macizo Central. En tan só tres días o lume leva asolado en Ourense 9000 hectáreas de superficie, segundo datos da Xunta (máis de 10.000 Ha, segundo fontes non oficiais), das que 3000 Ha pertencen ao Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, e ao Parque transfronteirizo Xurés-Geres, onde gran parte da reserva integral do parque xa quedou totalmente arrasada polo lume. Actualmente, aínda persisten 9 grandes focos de lume activos en cuxa extinción se están a poñer en risco centos de vidas.

  2. Amigos da Terra e SLG piden a convocatoria urxente do Consello Forestal de Galicia para abordar a crise dos lumes

    Lumes forestais 15 de Septembro do 2020 · 

    Amigos da Terra e Sindicato Labrego Galego vimos de rexistrar un escrito dirixido ao conselleiro de Medio Rural, José González, no que denunciamos pormenorizadamente as eivas da prevención e extinción de lumes en Galiza e solicitamos unha reunión urxente do Consello Forestal de Galicia diante da situación crítica que, da mesma maneira que acontece todos os anos, estamos a vivir cos lumes forestais agora mesmo. A intención deste encontro sería consensuar e tentar buscar solucións a este gravísimo e crónico problema e enfrontar a destrución que están a causar os incendios dos nosos montes e ecosistemas, tanto no que queda de 2020 como nos vindeiros anos.

  1. Espionaxe

    Os movementos antiminaría na Península Ibérica denuncian unha trama de espionaxe ás súas plataformas

    14 de Septembro do 2020 · 

    Catorce plataformas integradas na Rede Ibérica contra as Minas, xunto con outras 25 entidades que participan nelas -entre as que se atopa o Sindicato Labrego Galego-, manifestamos a través de dúas cartas abertas a nosa indignación e preocupación pola información sobre diversos proxectos europeos financiados con fondos do programa Horizonte 2020. Estes proxectos non só supuxeron apoio a iniciativas destrutivas e contaminantes, senón que tamén implicaron investigacións de plataformas cidadás e organizacións ecoloxistas contrarias a tales iniciativas.

  2. Ampliación Gesuga

    O Sindicato Labrego Galego apoia o proceso de alegacións contra a ampliación de Gesuga en Cerceda

    25 de Agosto do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego é unha das organizacións que presentou alegacións ao proxecto de ampliación de Gesuga (Gestora de Subproductos de Galicia SL) en Cerceda, cuxo prazo de presentación estivo aberto durante dous meses e rematou este 24 de agosto. En concreto, o proxecto contra o que alegamos foi unha modificación das normas subsidiarias do concello cercedense para reclasificar solo urbanizable en Areosa (Queixas), de maneira que se permita unha ampliación de cara a que empresa abra o seu radio de acción e poida procesar refugallos de orixe animal non só de Galiza, senón tamén doutras comunidades e países como Asturias, Cantabria, Castela-León e Portugal.

  3. Radiación Serra do Suído

    O SLG alega contra un proxecto mineiro en Beariz e Avión por poñer en perigo a saúde e a riqueza agroforestal

    18 de Agosto do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de presentar unha batería de alegacións contra a solicitude da empresa Recursos Minerales de Galicia SA para pasar dun permiso de investigación no proxecto mineiro Alberta I, en Beariz e Avión (Ourense), a un permiso de explotación que afectaría unha zona denominada Coto Tocayo nos lugares de Doade, Acevedo e Rubillón. Desta maneira, o Sindicato Labrego Galego mantén a súa posición contraria ao inicio deste proxecto mineiro, oposición que vén exercendo dende 2013.

  4. Concentración Ferrol

    Concentración do SLG diante dos edificios da Xunta en Ferrol para demandar solucións aos danos da fauna salvaxe

    9 de Xullo do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego fixo unha concentración de protesta, o 8 de xullo, diante dos edificios administrativos da Xunta en Ferrol. A intención deste acto foi demandar solucións aos danos causados pola fauna salvaxe nas actividades agrogandeiras. De seguido, compartimos con vós as nosas demandas:

  5. Glifosato

    O SLG e AGA presentan queixa no Ministerio de Transportes polo uso de glifosato para desherbar cunetas e beiravías

    30 de Xuño do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego (SLG) e a Asociación Galega de Apicultura (AGA) veñen de rexistrar un escrito de queixa na Delegación do Goberno para denunciar o uso masivo de glifosato por parte do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) para desherbar as beiravías e cunetas das estradas de titularidade estatal na Galiza. A través de diversas testemuñas, puidemos constatar o uso de herbicidas nas marxes da A-54, da A-8 e da N-547, polo que se intúe o uso xeneralizado deste agrotóxico como modus operandi habitual do Mitma. Ademais, no mesmo escrito, solicítase unha xuntanza co delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, para explicarlle o tremendo impacto ecolóxico que ten o uso de glifosato no medio ambiente e para a saúde humana, especialmente nesta época do ano.

  6. Consello Forestal de Galicia

    As organizacións sociais do Consello Forestal de Galicia dan plantón á xuntanza sobre o Pladiga 2020 como protesta

    28 de Maio do 2020 · 

    Amigos da Terra, Asociación Frouma, Federación Ecoloxista Galega (FEG), Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) e Sindicato Labrego Galego (SLG-CCLL) demos plantón á Consellaría de Medio Rural, no Consello Forestal do 28 de maio, como protesta ante a falta de participación sectorial e de diálogo social na planificación das políticas forestais e na estratexia contra os incendios

  7. Alerta

    Máis dun cento de colectivos contra as ordes da Xunta que reactivan os procesos administrativos no estado de alarma

    27 de Maio do 2020 · 

    Máis dun cento de colectivos presentamos recurso de reposición fronte a orde da Consellaría de Medio Ambiente, do 27 de abril, e fronte a orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria, do 5 de maio de 2020 pola que se dá continuidade á tramitación de preto de 1.000 expedientes administrativos durante o estado de alarma.

  8. Alerta ambiental

    A Xunta tenta aproveitar o estado de alarma para sacar adiante 1.000 proxectos industriais controvertidos

    5 de Maio do 2020 · 

    O Consello da Xunta do xoves 30 de abril do 2020 aprobou reactivar a tramitación administrativa en materia de valiación ambiental de 975 proxectos que estaban paralizados polo Estado de alarma. Froito diso, e cando aínda xiste unha seria crise sanitaria e a poboación segue confinada e sen poder desenvolver as súas actividades de forma ormalizada, a Xunta de Galicia dita unha Orde, publicada no DOG deste 4 de maio, para que comecen a correr os prazos de exposición pública destes proxectos industrias de grande impacto.

  9. Acción polo clima 2020

    O MGPC anima á cidadanía a participar nunha nova Acción Global polo Clima o vindeiro venres 24 de abril

    22 de Abril do 2020 · 

    “Cando remate a crise xerada polo coronavirus, que sen dúbida é unha prioridade nestes intres, a emerxencia climática seguirá aí”, afirman dende o ecoloxismo galego. Para o Movemento Galego polo Clima (MGPC) a actual situación de urxencia xerada pola pandemia non nos debe facer esquecer que a mudanza climática e a perda de biodiversidade seguen a ser as principais ameazas para o planeta e a humanidade, e que os gobernos non están a facer dabondo para evitalas.

  10. Madeira cortada

    O SLG e Amigos da Terra reclamamos a obriga dunha resolución expresa da administración para poder facer cortas de madeira en espazos de protección

    12 de Abril do 2020 · 

    A Consellería do Medio Rural, xunto coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, vén de sacar unha orde1 pola que os aproveitamentos madeireiros de piñeiro, acacia e eucalipto en zona de policía dos ríos e en certos espazos protexidos poderán realizarse coa presentación dunha declaración responsable, sen necesidade de autorización por parte da administración.

  1. 1
  2. 2
  3. Seguinte

Arquivo