A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. O SLG reúnese co Ministerio de Agricultura en Madrid para esixir medidas urxentes para o sector leiteiro

O SLG reúnese co Ministerio de Agricultura en Madrid para esixir medidas urxentes para o sector leiteiro

24 de Novembro do 2021

IsabelVilalba_nov21

A Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, desplazarase a Madrid o venres 26, para manter unha xuntanza co Secretario Xeral de Agricultura e Alimentación, Fernando Miranda Sotillos, na que esixirá medidas inmediatas de apoio ao sector leiteiro que freen de xeito urxente a desaparición de milleiros de granxas na Galiza.

Nesta xuntanza, onde tamén estarán presentes representantes doutras Organizacións Profesionais Agrarias, Isabel Vilalba reivindicará unha vez máis que o Ministerio execute as actuacións precisas para que, en aplicación da Lei da Cadea Alimentaria nos prezos do leite -e tamén da carne-, sexa obrigatoria a inclusión das subas de custos de produción e se prohiban prezos que supoñan para o sector produtor a venda a perdas.

Precisamos urxentemente medidas que permitan a milleiros de gandeiras e gandeiros vivir dignamente do seu traballo, fixando poboación no medio rural, mantendo a biodiversidade e coidando do territorio.