Preocupación nas granxas ante a posibilidade de que a ineficacia da CMR ca EHE acade o nivel de desleixo amosado ca lingua azul. Entre as medidas a activar, solicitamos que tanto a EHE como a lingua azul sexan incorporadas ao Agroseguro da ENESA
Debido á mala planificación da campaña as granxas están tendo que financiar veterinarixs privadxs, incrementando os custos. Continúan as reaccións adversas á vacina na cabana gandeira, sen que se estea a realizar un seguimento rigoroso das mesmas
O proceso de conxelación e desconxelación pode afectar á calidade, e distorsionar os prezos a produtoras e consumidoras. As normativas hixiénico-sanitarias dos cebadeiros distan da calidade e benestar animal das granxas de TG e TG Suprema
Iniciamos unha campaña de denuncia sinalando con faixas industrias lácteas que forzaron a última baixada de prezos. Escandalosa ausencia e desleixo da Consellaría, inactiva ante os flagrantes incumprimentos da Lei da Cadea Alimentaria
A descoordinación e falta de información da Consellaría do Medio Rural provoca preocupación e aumento de gastos nas granxas. Sindicato Labrego Galego solicitou en varias ocasións unha xuntanza co Conselleiro José González, que sigue desaparecido
A Consellaría segue desaparecida ante a estratexia de baixada de prezo do leite ás granxas orquestrada polas industrias. Esiximos índices públicos de custos de produción e que se faga cumprir a Lei da Cadea ás industrias que non respectan prezos.
O 11 de xullo dirixímonos á Consellería de Medio Rural solicitando unha xuntanza coa persoa responsábel da área de vacinación animal sen recibir resposta. O protocolo do que fala a CMR debera ser público e as persoas que se encargan da vacinación dos animais, deberan ter informado da súa existencia.
Ao igual que nas campañas precedentes, persisten as reaccións adversas na cabana gandeira vacinada da lingua azul. O SLG-CCLL pide á Xunta de Galicia aclarar o número de animais afectados e traballar na procura de solucións a esta problemática
Alarma entre as granxas de leite pola inacción da Consellaría do Medio Rural fronte á baixada orquestrada polas industrias lácteas. Pedimos aos grupos parlamentarios garantir o cumprimento da Lei da Cadea e prezos que cubran custos e remuneren o traballo
A xuntanza tivo lugar no marco da campaña de denuncia da estratexia de baixada de prezos imposta polas industrias lácteas. Observatorio do Leite Galego, índices de referencia, seguimento da entrada de leite de fóra; algunhas das principais demandas
A DN do Leite do SLG valorará accións informativas e de denuncia dirixidas contra as empresas que abandeiran baixadas. Esta semana manteremos xuntanzas cos grupos parlamentares a fin de trasladar polo miúdo as prácticas abusivas das industrias
Baixada orquestrada polas industrias lácteas mentras a Xunta négase a dar datos oficiais de custos de produción na Galiza. Iniciamos reunións para lanzar unha campaña de mobilizacións para denunciar os abusos ás granxas e ás persoas consumidoras
Foron detectadas velutinas durante o trampeo primaveral, e este mes en colmeas e apiarios, presaxiando un ano complicado. Dirixímonos a Medio Rural e Medio Ambiente para que asuman as súas responsabilidades no control de especies invasoras
O Ministerio de Agricultura ignora a realidade apícola galega establecendo criterios que deixan fóra á maioría de produtoras. Reiteramos a urxencia en que a CMR active unha Mesa da Seca galega e adopte medidas específicas para os nosos apiarios
Se as industrias lácteas queren futuro para o sector, que paguen prezos que cubran custos de produción e remuneren o traballo. O incumprimento da Lei da Cadea Alimentaria ou a ausencia de índices oficiais de custos aceleran o peche das granxas galegas
Como xa advertimos no mes de febreiro, as industrias lácteas forzaron unha baixada o prezo do leite malia á suba de custos. Xunta e Ministerio non actuaron fronte á imposición de contratos á baixa e presentados fóra dos dous meses previos establecidos
O SLG acompañou a gandarías afectadas na Terra Chá a unha xuntanza co Director Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias. Dende outubro granxas afectadas veén denunciando numerosas problemáticas vinculadas ás deficiencias do saneamento animal
A Lei da Cadea permite que Xunta e MAPA interveñan directamente para que o prezo non sexa menor que os custos. Dende o Sindicato Labrego Galego animamos ás granxas a non asinar contratos que impliquen unha baixada de prezos.
Demandamos apoio á produción, racionalización da burocracia, transparencia na comercialización, PAC e loita contra a velutina. O SLG activará unha campaña multisectorial para reivindicar á Xunta unha estratexia real de loita contra contra a vespa velutina
O domingo 19 de febreiro terán lugar as eleccións para renovar 15 Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe e IXPs. Propoñemos unha batería de medidas para que a IXP Vacún de Galicia estea realmente ao servizo das persoas produtoras
A Xunta de Galicia debe incrementar o orzamento en 1.259.640€ para cubrir a listaxe completa de beneficiarias do Ministerio. O establecemento de tramos para calcular a axuda é inxusto e xera dúbidas ao respecto da devolución dos adiantos bancarios
As/os gandeiras/os están recabando apoios para presentar un escrito á CMR denunciando a situación e propoñendo medidas. Solicitan que se concrete á maior brevidade posíbel unha xuntanza co conselleiro do medio rural, José González Vázquez
No mes de abril o TSXG ditaminou eliminar o inciso que excluíu destas axudas á meirande parte das granxas de vacún de carne. As negativa da CMR a acatar a sentenza evidencia o seu interese en destruír o modelo galego de medianas e pequenas granxas
Realizarán unha segunda xuntanza o vindeiro 2 de novembro para articularse e demandar medidas para paliar os prexuízos. Chaman a atención sobre o feito de que algunhas parroquias pasaron súbitamente dun 0% de positividade a un 80%
Reivindicamos prezos xustos, diferenciación do produto, mesa sectorial, matadoiros comarcais, SAU e apoios económicos. A campaña continuará a desenvolverse nas comarcas galegas.
O vindeiro martes 20 de setembro está convocada unha nova concentración do SLG no Rexistro Civil de Betanzos ás 12:30h. Reivindicamos prezos xustos, diferenciación do produto, mesa sectorial, matadoiros comarcais, SAU e apoios económicos.
O SLG-CCLL arranca campaña para demandar solucións institucionais ás problemáticas que afrontan as granxas de carne. Reivindicamos prezos xustos, diferenciación do produto, mesa sectorial, matadoiros comarcais, SAU e apoios económicos
Rolda de prensa conxunta do SLG-CCLL e OVICA para denunciar erros e discrimacións do vacún, ovino e caprún no RD428/2022. A meirande parte das granxas afectadas son pequenas e medianas, excluílas é un xeito de empeorar o abandono do medio rural
Dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) pedimos que o Conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez, dea a cara ante o sector. Demandamos que se corrixa na propia orde publicada o pasado venres 22 de xullo no DOG os prazos para achegar documentación e, en todo caso, que os 10 días comecen a contar dende a publicación do listado.
A perda dun ou dos dous crotais dun animal implican tempo, gastos, penalizacións na PAC e outras medidas administrativas. O SLG-CCLL solcitará reunirse coa Consellaría do Medio Rural para que recupere a calidade destes identificadores animais.
Matadoiros e operadores están obrigando a asinar contratos con prezos por embaixo de custos incluíndo textos que din o contrario. Os abusos increméntanse por mor da deixadez da CMR para activar mecanismos de control e sancións para garantir os prezos
A CMR confirma que as granxas seguen vendendo a perdas: 6,20€/kg custos de produción fronte aos 5,20€/Kg prezo de venda. O SLG desenvolve campaña de asembleas para informar dos termos do Protocolo, do seu incumprimento e valorar accións.
A segunda empresa que máis leite ecolóxico recolle na Galiza manten estancados á baixa os prezos de compra ás granxas. O sector, maioritario na produción ecolóxica en todo o Estado, baralla accións contra Leite CELTA e a grande distribución
O BOE recolle o Real Decreto 374/2022, de 17 de maio, que modifica as condicións de contratación no sector lácteo. Nin a Consellaría do Medio Rural nin o Ministerio de Agricultura proporcionan a información imprescindíbel para calcular o prezo
A CMR excluíu a máis da metade das granxas de vacún de carne galegas. A maioría delas teñen como titular a unha muller. A Xunta derivou fondos públicos cara grandes explotacións tachando o modelo maioritario tradicional na Galiza de “inviable”.
Alertan do estancamento de prezos baixos de industrias como Celta e demandan un prezo de partida de 55 cts/l máis calidades. Solicitan garantir a compra para centros públicos, promoción específica, medidas para cubrir custos e frear a caída prezos.
A CMR pretende reducir as reunións a unha por ano e non garante que os prezos sexan tidos en conta para analizar o sector. Solicitamos igualar o número de vogalías das organizacións agrarias ao das industrias, axente que presiona a cadea láctea.
Solicitamos limitar a carga burocrática e ter en conta os aportes sociais e medioambientais das pequenas e medianas granxas. Expresamos a nosa preocupación polo plantexamento adaptado ao modelo agroindustrial subxacente no borrador do RD.
O SLG-CCLL debullou hoxe en rolda de prensa a falta dun compromiso real que se desprende do Protocolo presentado. "O que precisamos son números, non letras”, resumiu a gandeira do SLG-CCLL Mari Carme López Varel.
É intolerable que o texto non aborde ningunha das cuestións clave: nin prezo, nin custos, nin compromisos da Industia. Denunciamos a posta en escena protagonizada pola CMR e UUAA para simular un peche en falso que desmobilice ao sector.
A folga de transporte está a afectar máis intensamente á Galiza, a Xunta debe pór tamén medidas, non pasar a pelota ao Estado. Estamos en contacto con outras organización do sector para conseguir a convocatoria inmediata do gabinete de crise.
Malia que o sector do transporte garantíu o subministro de alimentos, algunhas industrias ameazan con non recoller o leite. Valoramos iniciar medidas legais contra aquelas industrias que non se responsabilicen do leite que se neguen a recoller
Dende o SLG animamos ás granxas de leite a que revisen ben os contratos e que vexan as opcións que hai neste momento. Contratos referenciados a uns índices de Estados da UE difíciles de seguir e a aplicación de fórmulas complexas agravan a incertidume no sector
Rolda de prensa conxunta das organizacións agrarias galegas para presentar análises e propostas que poñan fin dunha vez por todas á venda a perdas das granxas produtoras de leite.
A gandeira e Vicerresponsábel do Sector Leiteiro no Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), Ana Rodríguez, e o coordenador do sector, Xulio Fernández, participaron na mañá de hoxe canda outras organizacións agrarias nunha xuntanza co conselleiro de medio rural, José González Vázquez, para abordar a activación urxente de medidas que poñan fin á venda a perdas no sector lácteo.
Denunciamos que logo de case dous meses, a Consellaría do Medio Rural sigue impedindo, ca súa deixadez e inoperatividade estratéxica, a adopción de medidas para afrontar a grave crise pola que pasan as produtoras e produtores de vacún de carne, na súa inmensa maioría granxas familiares.
Participamos no proceso de elaboración da estratexia de dinamización do sector cárnico en Galicia, coordinada pola Fundación Juana de Vega, en colaboración da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.
O Sindicato Labrego Galego presentou mocións en todos os concellos da comarca do Deza-Tabeirós para demandar a súa implicación activando medidas de apoio ao sector leiteiro galego, e sumando forzas canda o sector produtor no traslado das súas reivindicacións á Consellaría do Medio Rural.
Arredor dun cento de gandeiras e gandeiros do sector vacún de carne acudiron na mañá de hoxe a Lugo para participar na asemblea convocada polo Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas co obxectivo de analizar a situación do sector e tomar decisións para demandar un apoio real por parte da Consellaría do Medio Rural.
O Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas amosa a súa preocupación e desconformidade ca ordenanza aprobada polo concello ourensán Castrelo do Val que establece restricións ao paso, estancia e tránsito do gando polo casco urbano.
O feito de que siga a haber primeiros compradores que teñen deixado impagos é responsabilidade directa da Xunta de Galicia. Algunhas destas industrias lácteas contan mesmo con condenas previas por esa mesma infracción, como é precisamente o caso da actual propietaria de Tegestacín, a familia Sangiao, condenada por impagos ás gandeiras e gandeiros que subminstraban o leite a Lácteos Tambre.
O Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas convoca ao vacún de carne galego a unha asemblea sectorial o vindeiro luns 20 de decembro ás 11.30H no Salón de Actos do Edificio Sindical (LUGO) para analizar a situación do sector. Seguidamente terá lugar unha mobilización ás 13.30H diante do edificio da Xunta de Galicia (Lugo).
O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) alerta do risco de que as modificacións da Lei da Cadea Alimentaria aprobadas na última hora da tarde de onte no Congreso español non abonden para garantir a cobertura dos custes de produción.
O Sindicato Labrego Galego continua coa campaña de presentación de mocións en todos os Concellos galegos nos que a produción láctea é representativa e moi importante desde un punto de vista económico.Hoxe presentamos en rexistro a moción para que poida ser debatida no Pleno do Concello de Chantada que se vai celebrar mañá.
O Sindicato Labrego Galego inicia no Concello de Arzúa unha campaña de presentación de mocións en todos os concellos galegos nos que a produción láctea é representativa e moi importante desde un punto de vista económico.
A Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, participou onte en Madrid nunha xuntanza co Secretario Xeral de Agricultura e Alimentación, Fernando Miranda Sotillos, na que esixiu canda representantes doutras organizacións agrarias do Estado medidas inmediatas de apoio ao sector leiteiro.
A Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, desplazarase a Madrid o venres 26, para manter unha xuntanza co Secretario Xeral de Agricultura e Alimentación, Fernando Miranda Sotillos, na que esixirá medidas inmediatas de apoio ao sector leiteiro que freen de xeito urxente a desaparición de milleiros de granxas na Galiza.
Fronte á situación de absoluto abandono administrativo das nosas granxas, iniciamos hoxe unha CAMPAÑA DE DENUNCIA E BOICOT DAS MARCAS COMERCIAIS DAS INDUSTRIAS QUE SE NEGAN A PAGAR O LITRO DE LEITE A PREZOS QUE CUBRAN OS CUSTOS DE PRODUCIÓN. Estas mobilizacións e a busca do apoio das persoas consumidoras continuarán nas seguintes semanas noutras cidades e vilas galegas.
O Sindicato Labrego Galego convoca a todo o sector leiteiro galego a continuar cas mobilizacións. Iniciamos unha CAMPAÑA DE DENUNCIA E BOICOT DAS MARCAS COMERCIAIS DAS INDUSTRIAS QUE MÁIS ESTÁN A PREXUDICAR ÁS GRANXAS GALEGAS: aquelas que se negan a pagar o litro de leite a prezos que cubran os custos de produción.
O Sindicato Labrego Galego manterá unha dinámica de unidade ante as protestas do prezo do leite, malia o desmarque de Unións Agrarias que non atende a proposta que o SLG lle realizou a semana pasada. Asemade, iniciará unha campaña informativa para buscar a complicidade das persoas consumidoras ante os abusos de Lactalis e outras empresas con prácticas abusivas -como manter os prezos por debaixo de custos de produción-. O SLG anima a produtoras e produtores e ao conxunto da sociedade a participar nas mobilizacións e actos reivindicativos en defensa do sector.
O pasado xoves, 28 de outubro, a asemblea do sector lácteo do SLG convocada en Lugo acordou, entre outras cousas, construír alianzas e unidade de acción asentadas en base a uns mínimos que eviten a ilusión de que unha mobilización puntual pode resolver este problema.
Na asemblea convocada onte en Lugo polo Sindicato Labrego Galego, gandeiras e gandeiros analisaron a situación crítica para o sector do leite, cun futuro no que se preven aínda máis e maiores subas nos custos de produción e o imobilismo de boa parte da industria, que se nega a reflectir esas subas no prezo pagado ás granxas.
Este xoves 28 de outubro o Sindicato Labrego Galego convoca ao sector lácteo galego en Lugo para poñer en común os problemas tan graves que estamos vivindo, e decidir entre todas as persoas que accións podemos levar adiante. Esta encontro, baixo o lema-denuncia “Nin PREZOS nin PAC”, terá lugar de 11h a 14h. no Salón de Actos da Casa Sindical de Lugo.
Abusos comerciais como os que están a cometer estas distribuidoras teñen consecuencias directas: a día de hoxe, malia que o prezo de produción dun litro de leite oscila entre os 33 e os 38 céntimos por litro, as gandeiras e gandeiros galegos cobran entre 32 e 34 cént./l., moi lonxe dun prezo digno que cubra custos de produción e traballo.
Desde o Sindicato Labrego temos que amosarnos preocupados porque o respaldo que o sector do leite agardaba da Consellaría fique finalmente concretado nunha aplicación informática de xestión individual. Todos os esforzos para identificar e definir os custos de produción son necesarios e benvidos, mais para non ficar a medio camiño cumpre que estes datos sexan vinculantes e a intermediación directa da Consellaría.
O Sindicato Labrego Galego concentrouse na mañá do 30 de xullo diante da Oficina da Xunta en Lalín, solicitando unha reunión coa Consellaría en que tratar as problemáticas do sector e explorar solucións. Asemade, esixen a activación dunha liña de axudas directas das que "ningunha familia gandeira afectada pola crise sexa marxinada", logo de que as últimas axudas convocadas deixasen fora máis da metade das granxas activas no país.
A empresa acumula débedas dende os 3.000 aos 80.000 €, correspondentes a entre os dous e os catro meses de produción, que comprometen a viabilidade das granxas. O SLG reclama da administración autonómica a cancelación da licenza de primeiro comprador de leite para aquelas empresas que non cumpran nos pagos ás granxas subministradoras, así como restricións no acceso a axudas públicas -e mesmo devolución das mesmas- para empresas con historial de impagos.
A publicación, na semana pasada, do estudo da cadea de valor do leite está a ter consecuencias prácticas. O Sindicato Labrego Galego recibiu comunicación directa dunha industria leiteira galega, confirmando que xa está a anunciar ás granxas unha suba inminente de 2 céntimos por litro, efectiva a partir do 1 de agosto. Diante deste pequeno movemento por parte da Naturleite, e movementos semellantes doutras industrias de que temos constancia aínda que sen confirmación directa, chamamos ás granxas a tomaren a iniciativa.
O Sindicato Labrego Galego quere expresar a súa máis absoluta indignación diante da campaña iniciada polo Ministerio de Consumo na que se criminaliza o consumo de carne a través de medias verdades que, de seguro, van crear unha grande confusión entre a cidadanía. Neste senso, o vídeo de 6 minutos no que o ministro de Consumo, Alberto Garzón, tenta convencernos do nocivo que é o consumo de carne para a nosa saúde e para o planeta é toda unha cadea de despropósitos que, como organización agraria, non podemos tolerar.
O pasado 2 de xullo, o Observatorio da Cadea Alimentaria do Ministerio de Agricultura aprobou o estudo da cadea de valor do leite, cuxos datos veñen confirmar as denuncias que o Sindicato Labrego Galego vén facendo dende hai décadas. O dato que máis nos interesa deste estudo é que fixa o custe de produción medio para un litro de leite de vaca no Estado español en 0’3565 €/litro.
O Sindicato Labrego Galego celebrou hoxe, 11 de xuño, o seu Congreso do Leite no Pazo de Liñares (Lalín), un evento que se encadra no décimo proceso congresual da organización agraria. Desta vez, a afiliación escolleu un gandeiro de Quintillán (Forcarei, Pontevedra), Manuel Villaverde Salgueiro, como novo responsábel para os vindeiros catro anos. Xunto a el, será vicerresponsábel Ana Rodríguez, de Sabadelle (Chantada, Lugo), e terán o apoio dunha renovada Dirección do Leite cuxos membros saíron elixidos das diversas asembleas comarcais que se celebraron na Galiza nos meses previos. Desta maneira, no SLG dáselle relevo á anterior Dirección do Leite xurdida do anterior congreso, elixida o 15 de decembro de 2017, da que Lupe Prado foi responsábel.
No Sindicato Labrego Galego vimos de recibir con gran pesar e consternación a nova do falecemento do noso compañeiro e amigo Xosé Blanco, Pepe de Cimadevila, gandeiro de Montederramo e gran defensor das razas autóctonas de vacún. Esa aposta polo gando do país fixo que, ademais de formar parte da grande familia que somos o Sindicato Labrego Galego, tamén fose presidente da Asociación de Criadores de Raza Bovina Vianesa (Vianega) e da Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga). No SLG gardaremos sempre o recordo do seu grande dinamismo, do seu trato franco e amábel e, sobre todo, o seu exemplo de amor á terra e á profesión gandeira. Descansa en paz, amigo.
Coincidindo co 17 de abril, Día Internacional das Loitas Labregas, o SLG iniciou o proceso que o levará ao seu décimo Congreso neste 2021 celebrando, en Maceda, o sectorial correspondente a vacún de carne. Desta vez, a afiliación escolleu un gandeiro de Bóveda (Vilar de Barrio, Ourense), Samuel Formoso Salgado, como novo responsábel para os vindeiros catro anos. Xunto a el, será vicerresponsábel, Mari Carme Varela, de Vilameá (Guntín, Lugo), e terán o apoio dunha renovada Dirección da Carne cuxos membros saíron elixidos das diversas asembleas comarcais que se celebraron na Galiza nos meses previos. Desta maneira, no SLG dáselle relevo á anterior Dirección da Carne xurdida do anterior congreso, elixida o 11 de febreiro de 2017, con Lois Varela e Inés Casabella como responsábel e vicerresponsábel.
Industrias leiteiras como Lactalis ou Reny Picot están obrigando a asinar os novos contratos para a seguinte campaña á baixa, segundo tivemos constancia no Sindicato Labrego Galego. No caso da multinacional gala, resulta un agravio comparativo insultante, xa que mentres en Francia Lactalis pactou subas de prezo coas granxas que lle fornecen, pagando un valor medio en 2020 de 36,9 céntimos; na Galiza segue forzando contratos á baixa, contribuíndo a termos o peor prezo medio do Estado e un dos máis cativos da Unión Europea, que non chega aos 33 céntimos. De feito, temos granxas que están a denunciar unha baixada dun céntimo no prezo do leite para os novos contratos que está a ofrecer Lactalis.
A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, participou, o 18 de novembro, na presentación da nova Estratexia de Dinamización do Sector Lácteo 2020-2025 da Xunta oficiada polo conselleiro de Medio Rural, José González, e o presidente, Alberto Núñez Feijóo. Vilalba expresou o seu sentimento de perplexidade diante do triunfalismo inxustificado do Goberno da Xunta, que se esforzou en bosquexar unha imaxe idílica do sector lácteo galego que pouco ou nada ten que ver coa realidade.
O Sindicato Labrego Galego é unha das organizacións que participou, o 20 de outubro, na xuntanza telemática do Comité de Seguimento do Plan de Desenvolvemento Rural PDR 2014-2020, representado pola técnica Ana Rodríguez. O tema central desta xuntanza foi a proposta de crear axudas para paliar o impacto da Covid-19 nos sectores do vacún de carne e de flor e planta. A pesares de que o SLG presentou unha batería de alegacións contra a proposta da Xunta, por ser manifestamente insuficiente, a Consellaría publicou, ao remate do comité, un comunicado no que fixaba a súa posición coma un feito consumado. Podes descargar as nosas alegacións premendo na icona que atoparás no remate desta páxina.
María Jesús Otero é titular de dúas explotacións de vacún de carne en Narón xa que, para desenvolver o seu traballo, ten unha granxa de reprodutoras, na parroquia de San Xiao, na que cría as vacas nutrices; e un cebadeiro para os xatos na parroquia de Castro. A causa dun positivo por tuberculose bovina na granxa de reprodutoras en marzo, a Consellaría de Medio Rural acabou ordenando o baleirado sanitario desta, co sacrificio total de cinco vacas, e a súa inmobilización xunto coa do cebadeiro. Ambas instalacións seguen hoxe en día inmobilizadas e María Jesús leva medio ano sen poder exercer a súa profesión como gandeira, co gravísimo prexuízo económico que isto lle está a causar.
Un grupo de gandeiros e gandeiras pertencentes á Dirección da Carne do Sindicato Labrego Galego, respectando os protocolos de seguridade pola Covid-19, concentráronse hoxe, 25 de setembro, diante da sede da Consellaría de Medio Rural, en Santiago de Compostela, para denunciar a inexistencia de medidas de apoio ao sector de vacún de carne na Galiza diante da crise de prezos que padece dende que, en marzo, se decretara o estado de alarma.
Vítor Fernández é un gandeiro mozo que apostou por darlle relevo á granxa familiar, cunha gandería ecolóxica de vacas para leite -Casa do Neiro- que pacen nas terras que a súa familia ten xunto ao río que fai de fronteira entre os concellos de Chantada e Carballedo. Apostou por un modelo de pastoreo e soña con poder crear, no futuro, unha iogurtería. As súas máximas preocupacións deberían apuntar cara á baixada nos prezos do leite que está a experimentar o sector, ou como conseguir o capital suficiente para financiar os proxectos cos que soña, pero non é así. Agora mesmo, Vítor vive atemorizado polo acoso que está a sufrir por parte dun veciño de Villaguillulfe que ten unha manda de cans de gran tamaño e probada agresividade e que está obsesionado con facerlle a vida imposible ceibándoos para que ataquen as súas vacas.
Cando arrincaba o inicio da campaña 2020-2021 no sector lácteo, en primavera, o Sindicato Labrego Galego xa alertou de que as industrias estaban a usar de novo as súas prácticas de extorsión para obrigar a asinar ás granxas contratos con prezos a baixa (ver anterior comunicado). A grande novidade é que, desta vez, as recentes reformas na Lei da Cadea Alimentaria obrigaban a incluír nos contratos unha cláusula facendo referencia a que o prezo acordado por ambas partes cubría os custes de produción. Nese momento, dende o SLG denunciamos que as industrias estaban obrigando ás granxas a falsear esa cláusula para avalar prezos artificialmente baixos, sempre por baixo dos custes de produción.
Esta semana rematou o exiguo prazo de dez días para solicitar as axudas para compensar as perdas provocadas polo confinamento da Covid-19 nos sectores de ovino e caprino. Unha vez máis, tal e como aconteceu co viño, a imposición duns requisitos pensados para outras comunidades autónomas, pero non para Galiza, fixo que o 95% das granxas que podían optar á axuda quedasen fóra.