A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Política Agraria>
  4. Política Europea

Política Europea

  1. Valoración mobilizacións agrarias

    LVC10224_BRU22 2 de Febreiro do 2024 · 

    Posición do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas. Valoración da xuntanza convocada polo conselleiro de Medio Rural e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade

  2. Gandeiras e investigadoras constatan os beneficios económicos e sociais da alimentación en base a pasto

    xornada pastos 25 de Xaneiro do 2024 · 

    Xornada informativa en Teixeiro dentro da campaña de denuncia da industrialización da IXP Ternera Gallega/Vacún de Galicia. Alimentar en base a pasto garante a calidade da carne, mellora o benestar animal, rexenera os solos e dignifica o traballo gandeiro

  3. Milleiros de granxas galegas inda non cobraron ningún dos importes da PAC, que a CMR comprometeuse a adiantar en novembro 2023

    Explotación 24 de Xaneiro do 2024 · 

    Esiximos á CMR dotar de persoal e medios ao FOGGA para cumprir ca súa responsabilidade de ser eficaces nas resolucións. Canda as demoras nos pagos, un ano máis a descoordinación da CMR entorpece as solicitudes de novas incorporacións

  4. Solicitamos unha moratoria para todas as granxas e a exención das pequenas e medianas na aplicación da nova normativa agrogandeira

    RdP180124 18 de Xaneiro do 2024 · 

    A Consellaría do Medio Rural renunciou a traballar co Ministerio para adecuar esta normativa á realidade produtiva galega. Eivas nas aplicacións informáticas, carencia de persoal técnico e incremento de gastos aumentarán as dificultades das granxas

  5. A Xunta de Galicia segue con atrasos na PAC 2023. Esiximos responsabilidade

    pac2024- 4 de Xaneiro do 2024 · 

    En novembro a Xunta utilizou os medios de comunicación para gabarse de anticipar a PAC. As granxas seguimos agardando. Denunciamos o desmantelamento de servizos públicos e esiximos a asignación de persoal requirida para xestionar a PAC

  6. Isabel Vilalba: “Para garantir o acceso a unha alimentación sa e de calidade precisamos moitas persoas labregas en tódolos territorios”

    CESE 26 de Septembro do 2023 · 

    A Secretaria Xeral do SLG-CCLL participou hoxe no Consello Económico e Social Europeo en representación da CEVC. Vilalba reiterou que as actuais políticas agroalimentarias da UE son contrarias á consecución do dereito á Soberanía Alimentaria

  7. Esiximos solucións ante a inxustificábel falta de correspondencia entre as previsións das axudas do Ministerio e a súa contía final

    campo 19 de Septembro do 2023 · 

    Hoxe o FEGA publicou os importes unitarios provisionais das axudas do Ministerio solicitadas en base a estimacións previas. Unha marxe de erro de até un 28% evidencia eivas nos cálculos e pon inda máis en risco a situación económica das nosas granxas

  8. Esiximos que a CMR habilite un sistema de comunicación que garanta a total notificación de incidencias na PAC

    sentinel 15 de Septembro do 2023 · 

    Na era da dixitalización, a Consellaría do Medio Rural négase a comunicar incidencias que son penalizadas na PAC
    Esixen que as persoas solicitantes estean pendentes de entrar periodicamente nunha aplicación para saber se hai notificacións

  9. Cincuenta organizacións "plántanse" en Córdoba fronte aos ministros/as europeos de Agricultura para reclamar outro modelo agroalimentario

    Córdoba 4 de Septembro do 2023 · 

    Organizacións da CEVC, entre as que se atopa o SLG-CCLL, visibilízanse durante o cumio de ministros/as de agricultura da UE do 3 ao 5 de setembro

  10. Cambiar todo para non cambiar nada: Unha ‘nova’ PAC para os grandes terratenentes e perceptores

    Manifestación PAC Lisboa 16 de Xullo do 2021 · 

    O 14 de xullo, durante a Conferencia Sectorial de Política Agraria Común coas conselleiras e conselleiros de Agricultura das 17 comunidades autónomas, o ministro presentaba en Madrid a Proposta de Acordo para a elaboración do plano estratéxico da Política Agraria Común. Mentres o conselleiro, José González, celebraba a "boa sintonía", o ministro aproveitaba para lanzar unha serie de slogans sobre a natureza "igualitaria", "xusta" ou "ecolóxica" da PAC, que se desmenten a pouco que se afonde nos desenvolvementos concretos desta.

  11. O SLG estivo en Lisboa para defender unha nova PAC na manifestación da Coordinadora Europea da Vía Campesina

    PAC 15 de Xuño do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego foi unha das organizacións da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC) que apoiou coa súa presenza, o 14 de xuño, a manifestación de Lisboa en demanda dunha nova Política Agraria Común (PAC) feita atendendo aos intereses dos labregos e das labregas, á soberanía alimentaria dos pobos de Europa e que deixe de marxinar a Galiza. Tamén estiveron delegacións do Sindicato de Obreiros e Obreiras do Campo de Andalucía (SOC), COAG, EHNE Bizkaia, Confédération Paysanne e, por suposto, contamos coa acollida da Confederação Nacional de Agricultura (CNA).

  1. PDR

    O SLG pide a Medio Rural manter as axudas para paliar o impacto da Covid-19 no agro

    19 de Abril do 2021 · 

    O 14 de abril tivo lugar a reunión do Comité de Seguimento do Plan de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galiza, do que o Sindicato Labrego Galego forma parte. Nesta xuntanza, a Consellería de Medio Rural propuxo unha modificación importante do PDR: a prórroga para o período 2021-2022 e a incorporación dos fondos do Instrumento de Recuperación da UE (EURI) ao PDR.

  2. Isabel Vilalba

    O SLG pídelle ao ministro Luís Planas que Galiza non siga a ser a grande discriminada do Estado na PAC

    15 de Xaneiro do 2021 · 

    O ministro de Agricultura, Luís Planas, mantivo, o 15 de xaneiro, un encontro con representantes do agro galego entre os que se atopaba a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane. A reunión tivo lugar no Palacio de Congresos de Santiago e a ela acudiron, entre outras persoas, o conselleiro de Medio Rural, José González; o director xeral de Producións e Mercados Agrarios, Fernado Miranda; o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada; e representantes doutras organizacións e cooperativas agrarias.

  3. Cendán e Ana Rodríguez

    O SLG pide aos partidos políticos galegos unha fronte común para evitar que Galiza siga marxinada na PAC

    22 de Outubro do 2020 · 

    Esta semana, o Consello de Ministros e Ministras de Agricultura da UE chegaba a un acordo en Bruxelas para a nova Política Agraria Común (PAC). A PAC acordada segue a ser unha PAC na que uns poucos ingresarán millóns e a gran maioría repartirá migallas ou quedará sen nada. Galiza é unha das grandes marxinadas no Estado da PAC, xa que o Ministerio de Agricultura aposta por favorecer modelos agrícolas do sur fronte á nosa realidade. Por iso, reunímonos con todos os partidos políticos presentes no Parlamento de Galicia e fixemos unha chamada de atención aos eurodeputados galegos para que promovan unha PAC que respecte os intereses de Galiza.

  4. PAC

    Carta aberta da ECVC a representantes da Galiza no Parlamento Europeo sobre a Política Agraria Común (PAC)

    19 de Outubro do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego, en representación da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC) vén de enviar unha carta dirixida aos tres representantes da Galiza no Parlamento Europeo para que defendan os intereses das pequenas e medianas explotacións labregas na reforma da Política Agraria Común (PAC) que se está a negociar en Bruxelas. A misiva, asinada por Sonia Vidal Lamas, membro do Comité Coordinador da ECVC, envióuselle a Ana Miranda (BNG), Francisco José Millán Mon (Partido Popular) e Nicolás González Casares (PSOE), e di o seguinte:

  5. Xornada BOND online

    BOND PROJECT: A normativa hixiénico-sanitaria nas producións alimentarias labregas a debate

    29 de Septembro do 2020 · 

    Xornadas online, celebradas o 17 e 18 de setembro de 2020 e enmarcadas no Bond Project da Comisión Europea, nas que se analiza e debate sobre a normativa hixiénico-sanitaria que regula este sector no Estado español dende 2006. Este marco normativo supón un atranco para os proxectos de produción alimentaria  labrega e artesanal que cómpre mudar para non expulsalos do mercado. Esta foi a primeira das xornadas celebradas, vía on-line, coa participación de persoas expertas e representantes de organizacións sociais de todo o Estado.De seguido, compartimos contigo os contidos da primeira xornada:

  6. Xornada BOND

    A mellora da normativa hixiénico-sanitaria para adaptala a pequenos proxectos alimentarios nunha xornada online

    9 de Septembro do 2020 · 

    A semana que vén, o 17 e o 18 de setembro, o Programa Europeo BOND celebrará unha dobre xornada online para analizar e debater ao redor da normativa hixiénico-sanitaria que rexe no Estado español e que foi aprobada en 2006. Este marco normativo supón un auténtico atranco para os proxectos de produción alimentaria labrega e artesanal que cómpre mudar para non expulsalos do mercado.Se che interesa, podes descargar o programa (en castelán) na icona que atoparás no remate desta páxina ou inscribirte a través do código QR ou do enlace que atoparás no cartaz.

  7. PDR

    A desidia da de Medio Rural pon en risco 40 millóns para formación, asesoramento, comercialización e clima

    14 de Agosto do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar un documento no que interpela a Medio Rural acerca de varias cuestións e deficiencias detectadas no informe anual de execución do Plan de Desenvolvemento Rural 2014-2020 (PDR) correspondente ao ano 2019.

  8. PAC

    Días decisivos para o futuro da Política Agraria na Galiza: sen noticias da Consellería do Medio Rural

    23 de Xullo do 2020 · 

     

    O acordo alcanzado onte entre os Xefes de Estado e de Goberno para orzamento da PAC no período 2021-2027, é realmente malo para as explotacións galegas e as implicacións na Política Agrícola Común van máis alá da diminución dos fondos.

    Con ser moi malo o recorte de fondos, desde o Sindicato Labrego Galego pensamos que pode ser moito peor para Galiza o resto das cuestións referidas á PAC que se reflicten no acordo. Non deixa de ser curioso que uns poucos aspectos reflectidos no acordo poidan ter tal influenza no que vai ser a PAC a partir do 2023 e incluso antes.

  9. Da granxa á mesa

    Da granxa á mesa: Unha nova man de pintura verde para a mesma política agraria industrial e exportadora de sempre

    6 de Xuño do 2020 · 

    O pasado 20 de maio, a Comisión Europea publicou dous documentos nos que xa veñen as directrices das políticas agrarias europeas para os vindeiros dez anos: o programa “Da granxa á mesa” e Biodiversidade Horizonte 2030. Lida por riba, a estratexia “Do campo á mesa” soa moi ben, inclúe moitas iniciativas e finalidades que, aparentemente, deberían ser positivas para o campo e para a sociedade no seu conxunto. Pero a pouco que indaguemos, vemos que non é ouro todo o que reloce.

  10. Programa BOND Galiza

    O Programa BOND e o SLG abordan cun obradoiro os atrancos ás producións labregas da normativa sanitaria

    21 de Xuño do 2019 · 

    Os días 5 e 6 de xullo, o Proxecto BOND (Bringing Organisations & Network Development e o Sindicato Labrego Galego organizamos, en Compostela, un obradoiro para tratar a problemática dos atrancos que impón a normativa hixiénico-sanitaria, deseñada para grandes empresas, ás producións alimentarias labregas de escala familiar. Aínda que a mañá do venres estará aberto o público, para participar en todo o programa do obradoiro é necesario inscribirse. Tes toda a información no programa que compartimos de seguido: 

Arquivo