A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Medio Ambiente

  1. Se mata ao medio rural, non é enerxía limpa nin transición xusta

    Hidro 7 de Febreiro do 2022 · 

    Dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) e a Asociación Petón do Lobo damos a voz de alarma e manifestamos a nosa absoluta oposición ao proxecto da central hidroeléctrica Xistral (936 MWE), que o grupo de explotación enerxética aragonés Alatalaya Generación -con negocio tamén no sector eólico e fotovoltaico- ameaza con instalar nos concellos de O Valadouro, Ourol, Alfoz, Cervo e Xove (Lugo).

  2. A Conselleira de Medio Ambiente abandona precipitadamente a xuntanza do COGAMADS bloqueando a votación da moratoria eólica

    Fóra eólicos do rural 27 de Xaneiro do 2022 · 

    SLG-CCL, ADEGA, FEG e SGHN censuraron o comportamento da Conselleira e solicitaron a convocatoria urxente dun pleno extraordinario do Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel.

  3. Dúas das tres Reservas da Biosfera luguesas solicitarán unha moratoria para paralizar os parques eólicos, a solicitude do SLG

    MP 19 de Decembro do 2021 · 

    A Reserva da Biosfera Terras do Miño, e a Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá comprometéronse, a instancia do Sindicato Labrego Galego, a solicitar á Xunta de Galicia unha moratoria que paralice de xeito inmediato os parques eólicos actualmente en tramitación.

  4. Alegamos contra a discriminación das granxas galegas con terra no borrador do RD para a nutrición sostíbel nos solos agrarios

    bosta 10 de Decembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas presentou hoxe quince novas alegacións ao Real Decreto polo se establecerán as normas para a nutrición sostíbel nos solos agrarios.

  5. Veciñanza afectada e SLG denunciamos irregularidades na exposición pública dos parques eólicos Mistral e Nordés

    Dificultades alegacións 16 de Novembro do 2021 · 

    O pasado 7 de outubro o Boletín Oficial da Provincia de Lugo recollía o anuncio de dous novos megaparques eólicos máis: Parque Eólico Mistral de 100,8 MW e infraestrutura de evacuación na provincia de Lugo (solicitado por GREENALIA WIND POWER MISTRAL S.L.U), e o Parque Eólico Nordés de 67,2 MW e infraestrutura de evacuación nas provincias de A Coruña e Lugo (solicitado por GREENALIA WIND POWER NORDÉS S.L.U. ).

     

     

  6. Unindo forzas a nivel global contra o espolio do medio rural

    CNI_16-17 15 de Novembro do 2021 · 

    A voceira do Congreso Nacional Indíxena (CNI) mexicano Mª de Jesus Patricio, Marichuy, e a integrante da Asamblea de los Pueblos Indígenas del Istmo en Defensa de la Tierra y el Territorio Nisaguie Abril Flores, estarán en Touro, Compostela e Vigo o martes 16 e o mércores 17 de Novembro

     


  7. Esiximos un verdadeiro plan de restauración da mina de Touro (Atalaya Mining)

    PDRA_131121 13 de Novembro do 2021 · 

    O actual proxecto de drenaxe integral debe estar incorporado a un verdadeiro plano de restauración e ter como obxectivo único asumir os pasivos mineiros e resolver o problema de contaminación existente actualmente derivado da anterior explotación e  desligarse de calquera futuro proxecto que se poida presentar para a explotación mineira porque a restauración é previa a calquera novo proxecto de explotación, conforme á directiva europea

  8. A solicitude do SLG, o Ministerio para a Transición Ecolóxica ordena estudar o impacto das estruturas de explotación enerxética nas Reservas da Biosfera

    EstudoBiosfera 9 de Novembro do 2021 · 

    O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico realizará, por unha banda, un informe conxunto sobre as incidencias dos parques eólicos nas Reservas de Biosfera, e, por outra, un estudo sobre a viabilidade de instalacións eólicas, fotovoltaicas e termo solares -incluído o seu repotenciamento- e infraestruturas asociadas en territorios declarados Reserva da Biosfera no Estado español.

  9. Endesa encarga investigacións para identificar e neutralizar colectivos sociais que dinamizan a resistencia contra a invasión eólica

    faixa eólicos non 5 de Novembro do 2021 · 

    Importando as mesmas estratexias de identificación de resistencias locais empregadas dende fai décadas para a explotación de recursos naturais nos países en vías de desenvolvemento, están a ser varias as multinacionais enerxéticas que, a través de consultoras medioambientais ao seu servizo, están a contactar aos colectivos que informamos, denunciamos e nos opoñemos á invasión eólica do medio rural galego.

  10. A Rede Galega Stop Eólicos chama a intensificar a loita frente a estratexia de desmobilización da Xunta

    rede galega stop eolicos 26 de Outubro do 2021 · 

    Comunicado da RGSE - A semana pasada tivemos coñecemento das modificacións legais que a Xunta de Galicia di que vai introducir no sector eólico. Dende a Rede Galega Stop Eólicos (RGSE) queremos alertar de que estas modificacións non van servir para afrontar os problemas que supoñen os proxectos eólicos que están en tramitación ante a Xunta na Galiza e ante o Ministerio en Madrid.

  11. A Terra Chá érguese contra unha nova ameaza eólica: Parque Eólico Mistral

    Mistral Non 25 de Outubro do 2021 · 

    Solicitamos oficialmente que sexa posto a disposición da cidadanía nas oficinal municipais información do proxecto eólico Mistral que ameaza aos concellos de Xermade e Guitiriz na Terra Chá.

  12. A Comisión Contra as Minas da Terra Chá denuncia actividade mineira ilegal na parroquia de Goá

    PlenoCospeito 17 de Outubro do 2021 · 

    Na Comisión Contra as Minas na Terra Chá vimos de ter noticia de que dende hai uns días se están a realizar labores mineiras sen permiso en terreos da parroquia de Goá, en Cospeito. Ao tempo fomos informadas de que Erimsa está a ofrecer contratos de arrendamento a veciñas da zona do Arneiro, na mesma parroquia.

  13. Esiximos criterios axustados á realidade galega na xestión do lobo

    lobo 28 de Septembro do 2021 · 

    Demandamos que as medidas preventivas e os criterios para as indemnizacións por ataque de lobo se axeiten a nosa realidade. Non todo o estado español e latifundista nin Castela, é ineludible ter en conta a realidade económica e social das explotacións galegas. Precisamos un programa de sanidade animal eficiente, que protexa ao lobo ao tempo que palie os impactos nas granxas e que evite o contaxio de enfermidades a cabana doméstica.

  14. A veciñanza de Aldurfe fai fronte á Consellaría e oponse á construción da planta de transferencia de SOGAMA

    aldurfe 27 de Septembro do 2021 · 

    Dende o Sindicato Labrego Galego apoiamos a loita da veciñanza, sumándonos as súas demandas e instamos a Consellería de Medio Ambiente e os concellos afectados a que actúen dun xeito transparente e claro, e que deixen de insistir en converter o medio rural nun vertedoiro das áreas urbanas.

  15. Denunciamos a reincidencia de Corcel Minerals SL/ Eurobattery Minerals AB na execución de prospeccións ilegais en Santa Comba e Coristanco

    sondaxesilegaisCORCELMINERALS 16 de Septembro do 2021 · 

    Denunciamos ante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Consellería de Economía, Empresa e Innovación e o Concello de Sta Comba unha nova tentativa de realizar sondaxes ilegais nos concellos de Sta. Comba e Coristanco perpetrada pola empresa mercantil CORCEL MINERALS SL e a súa matriz EUROBATTERY MINERALS AB.

  16. O SLG urxe a impedir un novo ataque do oligopolio eólico á comarca da Mariña

    greenalia-borrasca 8 de Septembro do 2021 · 

    Greenalia pretende instalar 15 eólicos, unha subestación e unha liña de alta tensión de evacuación até Xove. Os aeroxeradores que se pretenden implantar alcanzarían a altura de 180 metros (a maior cheminea de Alcoa na factoría de San Cibrao chega aos 145). Irían situados, 10 deles, no cumio dos montes entre Cornería e o monte de Oirán, nos límites entres os concellos de Lourenzá e Mondoñedo con Foz, e os 5 restantes irían entre Santa Cilla e o Pico da Lebre no concello de Foz. Este macroparque eólico de dimensións totalmente desproporcionadas afectará negativamente a un grande número de veciños e veciñas.

  17. SLG denuncia a ameaza de dous parques eólicos na Reserva da Biosfera Terras do Miño

    stop eolicos 28 de Agosto do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar unha serie de escritos na Deputación Provincial de Lugo e no Ministerio para a Transición Ecolóxica, demandando a actuación do Consello Científico, órgano asesor do Comité Español do Programa MaB da UNESCO, ante as "posíbeis afeccións á conservación de superficies de hábitats de Rede Natura e aos valores da Reserva da Biosfera Terras do Miño" dos parques eólicos 'Santuario' e 'Mistral' e das correspondentes infraestruturas de evacuación.

  18. Desmantelada para chatarra a planta de tratamento de Varilongo que levou máis de medio millón de euros da Xunta

    Varilongo 17 de Xullo do 2021 · 

    A mineira australiana Rafaella Resources, propietaria da filial que obtivo os dereitos mineiros da mina de estaño e volframio de Varilongo, en Santa Comba, demantelou esta semana a planta de tratamento de minerais que fora instalada en 2012 cunha subvención a fondo perdido do IGAPE de 645.855 euros, a cargo do Fondo Europeo de Desenvovemento Rexional. O Sindicato Labrego Galego, xunto a outros colectivos (Petón do Lobo BerXallas Minaría Destrutiva Non, Ecoloxistas en Acción e Fundación Montescola) denunciamos o desmantelamento por carecer das preceptivas autorizacións.

  19. As denuncias da veciñanza e dos colectivos de de Contraminacción paralizan as sondaxes ilegais en Castriz

    Sondaxes ilegais 3 de Xullo do 2021 · 

    Esta semana recibimos comunicación por parte do xefe do Servizo de Enerxía e Minas da Delegación Territorial da Coruña: “Infórmaselle de que con data 18/06/2021 o xefe territorial iniciou o correspondente expediente sancionador e ratificou a suspensión dos traballos acordada in situ, como consecuencia da visita de inspección realizada o 16/06/2021 polos servizos técnicos desta Xefatura Territorial

  20. O SLG denuncia sondaxes ilegais que afectan os recursos hídricos de nove familias en Santa Comba e Coristanco

    Sondaxes ilegais 15 de Xuño do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de presentar, xunto a outros colectivos e organizacións, unha denuncia diante da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística contra as sondaxes mineiras ilegais nas que está a reincidir a empresa Eurobattery Minerals en Coristanco e Santa Comba. A denuncia tamén foi presentada diante da Consellaría de Economía, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, do Concello de Santa Comba e da Policia Autonomica.

  21. A Sociedade Civil europea denuncia os plans de materias primas da UE que impulsan a minería destrutiva

    Yes to Life No to Mining 10 de Xuño do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego, xunto con máis de 180 organizacións e plataformas de dereitos humanos e ambientais de 36 países, solicitamos á Unión Europea que abandone os seus plans de expansión masiva da minaría no marco dos plans da UE dun “Pacto Verde” (Green Deal) e “Recuperación Verde”.

  22. Nin un eólico máis, nin unha ocupación máis dos nosos montes e agras. Marcha o 5 de xuño!

    Marcha contra os eólicos 1 de Xuño do 2021 · 

    Nos últimos meses unha nova ameaza planea sobre as nosas aldeas, unha INVASION EÓLICA  como lle veñen chamando moitas plataformas veciñais.Diante disto, dende o Sindicato Labrego Galego apoiamos a marcha do 5 de xuñ, Día do Medio Ambiente, convocada por varios colectivos e organizacións ecoloxistas e sindicaisda Galiza.

  1. Non hai imaxe

    A Conselleira de Medio Ambiente abandona precipitadamente a xuntanza do COGAMADS bloqueando a votación da moratoria eólica

    27 de Xaneiro do 2022 · 

    SLG-CCL, ADEGA, FEG e SGHN censuraron o comportamento da Conselleira e solicitaron a convocatoria urxente dun pleno extraordinario do Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel

  2. Concello da pastoriza

    O Contencioso Administrativo de Lugo dita sentenza contra Erimsa no seu litixio contra o Concello da Pastoriza e o SLG

    22 de Abril do 2021 · 

    A sala segunda do Tribunal Contencioso Administrativo de Lugo ditou, o 20 de abril, unha sentenza pola que desestima o recurso presentado pola compañía mineira Erimsa contra a denegación do permiso de explotación do proxecto Alicia 5917 por parte do Concello da Pastoriza; e contra o Sindicato Labrego Galego, que compareceu no proceso como parte interesada.

  3. Parque eólico

    O SLG denuncia a ofensiva eólica contra as serras do leste e algúns dos espazos naturais máis valiosos da Galiza

    21 de Abril do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de presentar unha nova batería de alegacións e peticións de informes de cara a frear a invasión dalgúns dos espazos naturais máis senlleiros na Serra dos Ancares e do seu entorno por varios proxectos de parques eólicos; e doutros espazos naturais da provincia de Lugo: Barjas, Pena do Furco, Hépotas, Vilachá e Pena Ombra.

  4. stop eólicos

    O SLG denuncia seis parques eólicos e unha liña de alta tensión na Reserva da Biosfera das Mariñas e o Mandeo

    9 de Abril do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar unha batería de escritos interpelando, por unha banda, ao Comité Científico da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo; e, por outra banda, ao Consello Científico de Parques Nacionais, dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica. De ambos comités, o SLG solicitou informes sobre a afección que terán sobre a Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo a planificada instalación dunha liña de alta tensión e seis parques eólicos, cun total de 43 aeroxeradores que poden alcanzar os 200 metros de altura, cuxos proxectos están agora mesmo en período de alegacións.

  5. Parque eólico

    Dispoñíbel o modelo de alegación contra o parque eólico de Pena Ombra nos concellos de Guitiriz, Curtis e Sobrado

    5 de Abril do 2021 · 

    Seguimos tentando conter a avalancha de proxectos eólicos cos que queren acaparar a práctica totalidade dos nosos montes unhas poucas empresas amparadas polas políticas da Xunta de Galiza. Compartimos con vós o modelo de alegación contra o Parque Eólico de Pena Ombra (Guitiriz, Curtis e Sobrado dos Monxes), promovido por Greenalia cuxo prazo remata o 22 de abril. Podes descargar o modelo premendo na icona que atoparás a continuación:

  6. Non á mina Suído

    O SLG agarda que a Xunta declare a caducidade definitiva do proxecto mineiro Alberta na Serra do Suído

    31 de Marzo do 2021 · 

    O pasado 13 de marzo, medio cento de persoas concentrábanse na Portela da Cruz, na raia que divide os concellos de Beariz (Ourense) e A Lama (Pontevedra), para reclamar a caducidade do dereito mineiro Alberta I convocadas pola Plataforma SOS Suído-Seixo.

  7. Parque eólico

    Dispoñíbel o modelo de alegación contra o parque eólico de Troitomil que afecta os concellos de A Baña e Negreira

    24 de Marzo do 2021 · 

    Seguimos tentando conter a avalancha de proxectos eólicos cos que queren acaparar a práctica totalidade dos nosos montes unhas poucas empresas amparadas polas políticas da Xunta de Galiza. Compartimos con vós o modelo de alegación contra o Parque Eólico de Troitomil (A Baña e Negreira), cuxo prazo remata o 7 de abril. Podes descargar o modelo premendo na icona que atoparás a continuación:

  8. Parque eólico

    Dispoñíbel o modelo de alegación contra o parque eólico de Gato que afecta aos concellos de Aranga e Oza-Cesuras

    24 de Marzo do 2021 · 

    Seguimos tentando conter a avalancha de proxectos eólicos cos que queren acaparar a práctica totalidade dos nosos montes unhas poucas empresas amparadas polas políticas da Xunta de Galiza. Compartimos con vós o modelo de alegación contra o Parque Eólico de Gato (Aranga e Oza-Cesuras), cuxo prazo de presentación remata o 14 de abril. Podes descargar o modelo premendo na icona que atoparás a continuación:

  9. Varilongo

    A contaminación polas verteduras da mina de Varilongo supera 325 veces os limiares permitidos

    15 de Marzo do 2021 · 

    Os colectivos que formamos parte de ContraMINAcción vimos de alertar sobre os resultados das analíticas das verteduras da mina de Varilongo, en Santa Comba, que evidencian altas concentracións de cadmio, cobre e cinc, superando varias veces os máximos legais permitidos. Dende ContraMINAcción denunciamos que estas drenaxes de mina con altas concentracións de metais pesados, algúns cancerixenos como o cadmio, contaminan o río Xallas a través dos regos dos Lagos e da Braña Ancha

  10. Maris

    Alegacións do SLG e a Comisión da Minaría de Mesía contra un proxecto que ameaza máis de 3.000 hectáreas en Frades

    21 de Xaneiro do 2021 · 

    O pasado 16 de decembro de 2020 saíu publicada no DOG a exposición pública do proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e proxecto de restauración referentes á solicitude de concesión de explotación mineira Marís 7134, situada no concello de Frades (A Coruña) e promovida pola sociedade Explotación de Rocas Industriales y Minerales, S.A. (Erimsa).

Arquivo