A Plataforma Por un Monte Galego con Futuro, da que o SLG fai parte, convoca para o vindeiro domingo, día 21 de marzo, ás 12:00 horas (agás en Ourense, que é ás 11:00), unha acción descentralizada en demanda da paralización do Plan Forestal imposto polo PP; da adopción de medidas específicas, a través dun regulamento, para aplicar de maneira efectiva a anunciada moratoria do eucalipto, impedindo novas plantacións mediante o reforzamento das medidas de control e vixilancia e en defensa dun monte con futuro.
O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar un escrito dirixido á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal advertíndolle do efecto chamada que provocou o anuncio de impoñer unha moratoria na plantación de eucaliptos na Galiza. Se ben estamos de acordo coa moratoria, pensamos tamén que esta debe establecerse de maneira inmediata, cun regulamento concreto e claro para o seu desenvolvemento, e con suficientes recursos para garantir o seu cumprimento pois, do contrario, e contra máis se agarde, podería provocar un resultado oposto ao pretendido, isto é: Que aumente aínda máis a superficie de eucalipto.
A plataforma “Por un Monte Galego con Futuro” (*) denuncia que a moratoria non terá valor ningún se non se establecen a través dun regulamento de medidas específicas para aplicala de maneira efectiva impedindo novas plantacións de eucalipto mediante un reforzamento das medidas de control e vixilancia.
Representantes da Fronte de organizacións Por un Monte Galego con Futuro anunciaron esta mañá en rolda de prensa a convocatoria dunha concentración para o vindeiro martes, día 23 de febreiro, contra a revisión do Plan Forestal. Un texto que se debaterá ese mesmo día no Parlamento de Galiza, e que previsiblemente será aprobado cos votos do Partido Popular, do que advertiron que terá graves consecuencias para o medio rural galego, desde a organización do territorio, até o modelo de xestión dos nosos montes, a nosa riqueza forestal ou no combate aos lumes forestais. En representación das máis de 50 organizacións “Por un Monte Galego con Futuro”, compareceron Benito Andrade, Diego Sánchez, Xosé Alfredo Pereira, Manuel da Cal e Paulo Carril.
Trala xuntanza mantida o pasado venres co grupo parlamentario do PP, representantes da fronte de organizacións sociais, ecoloxistas, agrarias e sindicais que se opoñen á primeira revisión do Plan Forestal de Galiza (PFG) reuníronse hoxe, 9 de febreiro, co PSOE e o BNG no Parlamento de Galiza.
Unha fronte de organizacións sociais, ecoloxistas, agrarias e sindicais1, entre as que se atopa o Sindicato Labrego Galego, veñen de iniciar unha campaña de rexeitamento á primeira revisión do Plan Forestal de Galiza (PFG), que se comezará a debater no Parlamento Galego o vindeiro 23 de febreiro.
Uns 60 colectivos galegos do ámbito ecoloxista, sindical, veciñal, cultural -entre os que se atopa o Sindicato Labrego Galego-, xunto con plataformas de persoas e comunidades de montes afectadas por parques eólicos abusivos en Galiza lanzan o manifesto "Aldeas con Horizonte" polo que demandan a moratoria de novos parques eólicos, a revisión dos xa aprobados nos que haxa conflito social e/ou ambiental e a elaboración dun novo marco normativo en materia eólica que promova no país un modelo de implantacion desta enerxía máis ordenado, sostíble, social, participativo, xusto e racional. Os colectivos asinantes pretenden con este manifesto alertar sobre a ameaza que está a supoñer para o rural galego a actual implantación de parques eólicos e que segue un modelo depredador e abusivo coas comunidades locais, ademais de desatender a normativa actual en materia ambiental, patrimonial e paisaxística. O manifesto que hoxe sae á luz indica un mínimo de 15 principios básicos que deberan guiar a nova normativa de desenvolvemento eólico en Galiza.
A produción de castaña este ano en Galiza podería caer unha media ao redor dun 50% con respecto á do ano pasado segundo fontes do sector consultadas polo Sindicato Labrego Galego. Trátase dunha mingua en comparación cunha campaña, a de 2019, que xa foi mala de por si. Nada sorprendente vendo a pachorra coa que a Consellaría de Medio Rural segue a afrontar a maior crise que están a vivir os nosos soutos en décadas -a da avespa do castiñeiro-, a pesares de que levamos denunciando esta pasividade no SLG dende 2017, e mentres a produción de castaña segue a caer en picado ano tras ano.
Un grupo de colectivos e organizacións agrarias, ecoloxistas e sindicais rexistramos, o 8 de outubro, un documento dirixido ás consellarías de Medio Rural e Medio Ambiente para que emprendan accións, con carácter de urxencia, de cara a paliar a degradación das áreas arrasadas polos lumes forestais este verán. De seguido, compartimos contigo o comunicado de prensa que acordamos. Tamén podes descargar, na icona que atoparás ao remate desta páxina, o documento completo rexistrado na Xunta.
Numerosas entidades sindicais, agrarias, ecoloxistas e sociais do país (as abaixo asinantes, entre as que se atopa o Sindicato Labrego Galego) pedimos a dimisión inmediata do Director Xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto, por non dispoñer as medidas de prevención e vixilancia necesarias para evitar a catástrofe incendiaria que está a vivir a provincia de Ourense, en particular, as áreas afectadas do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés e do Macizo Central. En tan só tres días o lume leva asolado en Ourense 9000 hectáreas de superficie, segundo datos da Xunta (máis de 10.000 Ha, segundo fontes non oficiais), das que 3000 Ha pertencen ao Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, e ao Parque transfronteirizo Xurés-Geres, onde gran parte da reserva integral do parque xa quedou totalmente arrasada polo lume. Actualmente, aínda persisten 9 grandes focos de lume activos en cuxa extinción se están a poñer en risco centos de vidas.
Amigos da Terra e Sindicato Labrego Galego vimos de rexistrar un escrito dirixido ao conselleiro de Medio Rural, José González, no que denunciamos pormenorizadamente as eivas da prevención e extinción de lumes en Galiza e solicitamos unha reunión urxente do Consello Forestal de Galicia diante da situación crítica que, da mesma maneira que acontece todos os anos, estamos a vivir cos lumes forestais agora mesmo. A intención deste encontro sería consensuar e tentar buscar solucións a este gravísimo e crónico problema e enfrontar a destrución que están a causar os incendios dos nosos montes e ecosistemas, tanto no que queda de 2020 como nos vindeiros anos.
Amigos da Terra, Asociación Frouma, Federación Ecoloxista Galega (FEG), Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) e Sindicato Labrego Galego (SLG-CCLL) demos plantón á Consellaría de Medio Rural, no Consello Forestal do 28 de maio, como protesta ante a falta de participación sectorial e de diálogo social na planificación das políticas forestais e na estratexia contra os incendios
A Consellería do Medio Rural, xunto coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, vén de sacar unha orde1 pola que os aproveitamentos madeireiros de piñeiro, acacia e eucalipto en zona de policía dos ríos e en certos espazos protexidos poderán realizarse coa presentación dunha declaración responsable, sen necesidade de autorización por parte da administración.
Tal e como estaba previsto, a plataforma Por un monte galego con futuro, da que forma parte o Sindicato Labrego Galego, organizou unha multitudinaria manifestación en Compostela o domingo 20 de outubro. Porque non queremos seguir sendo o almacén de celulosa para Ence, porque non queremos seguir enchedo as páxinas dos xornais coa Galiza arrasada por incendios, porque cremos e sabemos que os nosos montes poden ser unha fonte inesgotable e sostible de emprego e riqueza, porque o desafío de arrefriar o planeta para enfrontar o cambio climático así nolo esixe. Se queres coñecer as nosas demandas, consulta AQUÍ.
“Por un monte galego con futuro” anunciou, esta semana, a convocatoria dunha manifestación nacional para o día 20 de outubro, con saída ás 12:00 horas da Alameda compostelá. A plataforma fai o chamamento á mobilización coincidindo coa convocatoria, a nivel mundial, de todo tipo de accións contra o cambio climático.