A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Agroecoloxía: 2014

  1. O SLG denunciará no Comité de Seguimento do PDR e no Consello Agrario Galego a exclusión masiva nas axudas de ecolóxico

    CadroSLGecolóxico23 9 de Xaneiro do 2023 · 

    Só 26 das 150 granxas que solicitaron a súa conversión á gandaría ecolóxica accederon ás axudas públicas da Xunta. A CMR inda non respostou á solicitude de xuntanza feita polo SLG no mes de decembro e continúan activas as mobilizacións

  2. Produtores/as en ecolóxico e de zonas desfavorecidas maniféstanse fronte ao Parlamento convocadas polo SLG

    211222 22 de Decembro do 2022 · 

    O conselleiro segue sen asumir responsabilidades, mentindo e buscando excusas para non activar as axudas necesarias. Campaña de mobilizacións para esixir medidas para as granxas discriminadas pola CMR no acceso ás axudas públicas

  3. Mobilización de produtores/as en ecolóxico e de zonas desfavorecidas MAÑÁ fronte ao Parlamento Galego (COMPOSTELA)

    Compos21D 20 de Decembro do 2022 · 

    Avanza a campaña de mobilizacións para esixir medidas para as granxas discriminadas pola CMR no acceso ás axudas públicas. Ás 13h. concentración previa ao debate parlamentario no que se tratará a deficiente xestión destes orzamentos por parte da Xunta

  4. Máis de medio cento de persoas partillaron análises e estrateixas de coidado do común para soster a Vida

    fotoGrupoforo 17 de Decembro do 2022 · 

    Ao longo da xornada de hoxe estamos celebrando na Casa Común de Rarís (Teo) o VI Foro Labrego de Agroecoloxía. Os comúns como elemento clave para reconfigurar a nosa relación coa terra e o territorio, e avanzar na Soberanía Alimentar

  5. Solicitamos unha xuntanza urxente co Conselleiro e solucións para as granxas de ecolóxico e zonas desfavorecidas

    Lugo16d 15 de Decembro do 2022 · 

    Mañá ás 13h. a Secretaria Xeral do SLG-CCLL rexistrará en Lugo a solicitude de entrevista co conselleiro José González Vázquez. Inicio de campaña de mobilizacións para esixir medidas para as granxas discriminadas pola CMR no acceso ás axudas públicas

  6. VI Foro Labrego de Agroecoloxía: Coidando o común para soster a Vida

    FLA22 14 de Decembro do 2022 · 

    Ao encontro asistirán produtores/as de ecolóxico de toda Galiza, este sábado 17 de decembro na Casa Común de Rarís (Teo). Os comúns como elemento clave para reconfigurar a nosa relación coa terra e o territorio, e avanzar na Soberanía Alimentar

  7. Esiximos á CMR que corrixa a súa neglixencia e garanta apoios para todas as solicitantes da agroambiental de ecolóxico inscritas no CRAEGA

    logocraega22 30 de Novembro do 2022 · 

    É intolerábel que a Administración galega non levase un control do número de solicitudes en relación aos apoios dispoñíbeis. A PAC procura fomentar a agricultura ecolóxica pero a CMR ningunea o sector mentras desvía fondos cara a agroindustria

  8. Lanzamento do manifesto internacional Agroecoloxía ou Barbarie

    agroecoloxíaoubarbarie 20 de Outubro do 2022 · 

    As análises e posición política emanadas do seminario internacional "Agroecoloxía ou Barbarie", celbrado no mes de xuño en Compostela foron   compiladas a través dun manifesto internacional lanzado simultáneamente polas organizacións participantes o mesmo. Animamos á adhesión de todas aquelas entidades que queiran sumar forzas contra os abusos das corporacións agroindustriais, na defensa da agroecoloxía e pola consecución do dereito á soberanía alimentaria.

  1. Elia

    A vocal do SLG no Craega, Elia Rodríguez, intervén como experta na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo invitada por AGE

    4 de Decembro do 2014 · 

    Co obxectivo de discutir varios aspectos do proxecto de novo regulamento relativo á produción ecolóxica e etiquetaxe de produtos ecolóxicos da Comisión Europea, a Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo realizou, o 3 de decembro, unha audiencia pública baixo o título "O regulamento relativo á produción ecolóxica e etiquetaxe dos produtos ecolóxicos". Alí estivo Elia Rodríguez Vázquez, labrega da Mariña que é vocal no Consello de Agricultura Ecolóxica de Galiza (Craega). Elia foi invitada pola agora eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra; quen, na súa responsabilidade como Coordinadora do GUE/NGL para a Comisión de Agricultura, apostou por ela como experta con máis de vinte anos de experiencia na produción ecolóxica de Galiza.

  2. Debates

    Fin de semana de diáologos e debates para mellorar o achegamento dos alimentos labregos á cidadanía

    30 de Septembro do 2014 · 

    O Sindicato Labrego Galego inaugurou, o 26 de setembro, un seminario europeo no que se analizou, até o 29 de setembro, de que xeito se poden facer máis accesibles os alimentos que producen os labregos e labregas á cidadanía. Foi un evento no que participaron máis de medio cento de representantes de organizacións agrarias e de consumo de diversa procedencia como Austria, Alemaña, Holanda, Reino Unido, Francia, Noruega, Italia, Euskalherria ou Andalucía.