A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Agroecoloxía: 2007

  1. Políticas Locais para a Transición Agroecolóxica e a Soberanía Alimentar

    17A23 17 de Abril do 2023 · 

    Conmemoramos o Día das Loitas Labregas, convocado pola coordenadora La Vía Campesina Internacional dende o ano 1996. A soberanía alimentar e a agroecoloxía xa son o presente, e único camiño para un futuro sustentábel social e medioambientalmente

  2. Denunciamos a eliminación de fondos PAC para disimular a deficiente dotación orzamentaria para ecolóxico

    axuds eco 1 de Marzo do 2023 · 

    A Xunta propón eliminar do PEPAC 40M para zonas con limitacións naturais, 11M para cultivos sostíbeis e 7,5M de gasto público total. Esiximos que a cobertura das agroambientais de ecolóxico non se realice a costa de reducir partidas con alto nivel de execución

  3. O SLG denunciará no Comité de Seguimento do PDR e no Consello Agrario Galego a exclusión masiva nas axudas de ecolóxico

    CadroSLGecolóxico23 9 de Xaneiro do 2023 · 

    Só 26 das 150 granxas que solicitaron a súa conversión á gandaría ecolóxica accederon ás axudas públicas da Xunta. A CMR inda non respostou á solicitude de xuntanza feita polo SLG no mes de decembro e continúan activas as mobilizacións

  4. Produtores/as en ecolóxico e de zonas desfavorecidas maniféstanse fronte ao Parlamento convocadas polo SLG

    211222 22 de Decembro do 2022 · 

    O conselleiro segue sen asumir responsabilidades, mentindo e buscando excusas para non activar as axudas necesarias. Campaña de mobilizacións para esixir medidas para as granxas discriminadas pola CMR no acceso ás axudas públicas

  5. Mobilización de produtores/as en ecolóxico e de zonas desfavorecidas MAÑÁ fronte ao Parlamento Galego (COMPOSTELA)

    Compos21D 20 de Decembro do 2022 · 

    Avanza a campaña de mobilizacións para esixir medidas para as granxas discriminadas pola CMR no acceso ás axudas públicas. Ás 13h. concentración previa ao debate parlamentario no que se tratará a deficiente xestión destes orzamentos por parte da Xunta

  6. Máis de medio cento de persoas partillaron análises e estrateixas de coidado do común para soster a Vida

    fotoGrupoforo 17 de Decembro do 2022 · 

    Ao longo da xornada de hoxe estamos celebrando na Casa Común de Rarís (Teo) o VI Foro Labrego de Agroecoloxía. Os comúns como elemento clave para reconfigurar a nosa relación coa terra e o territorio, e avanzar na Soberanía Alimentar

  7. Solicitamos unha xuntanza urxente co Conselleiro e solucións para as granxas de ecolóxico e zonas desfavorecidas

    Lugo16d 15 de Decembro do 2022 · 

    Mañá ás 13h. a Secretaria Xeral do SLG-CCLL rexistrará en Lugo a solicitude de entrevista co conselleiro José González Vázquez. Inicio de campaña de mobilizacións para esixir medidas para as granxas discriminadas pola CMR no acceso ás axudas públicas

  8. VI Foro Labrego de Agroecoloxía: Coidando o común para soster a Vida

    FLA22 14 de Decembro do 2022 · 

    Ao encontro asistirán produtores/as de ecolóxico de toda Galiza, este sábado 17 de decembro na Casa Común de Rarís (Teo). Os comúns como elemento clave para reconfigurar a nosa relación coa terra e o territorio, e avanzar na Soberanía Alimentar

  9. Esiximos á CMR que corrixa a súa neglixencia e garanta apoios para todas as solicitantes da agroambiental de ecolóxico inscritas no CRAEGA

    logocraega22 30 de Novembro do 2022 · 

    É intolerábel que a Administración galega non levase un control do número de solicitudes en relación aos apoios dispoñíbeis. A PAC procura fomentar a agricultura ecolóxica pero a CMR ningunea o sector mentras desvía fondos cara a agroindustria

  10. Lanzamento do manifesto internacional Agroecoloxía ou Barbarie

    agroecoloxíaoubarbarie 20 de Outubro do 2022 · 

    As análises e posición política emanadas do seminario internacional "Agroecoloxía ou Barbarie", celbrado no mes de xuño en Compostela foron   compiladas a través dun manifesto internacional lanzado simultáneamente polas organizacións participantes o mesmo. Animamos á adhesión de todas aquelas entidades que queiran sumar forzas contra os abusos das corporacións agroindustriais, na defensa da agroecoloxía e pola consecución do dereito á soberanía alimentaria.

  1. Rolda do OXM

    O SLG oponse á introdución dos transxénicos na agricultura ecolóxica aprobada polo Parlamento Europeo

    30 de Abril do 2007 · 

    Lidia Senra e Charo Sánchez Parga denunciaron a intención de Bruxelas de introducir os organismos xeneticamente manipulados "pola porta de atrás".

    A Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo aprobou, o 27 de febreiro, unha proposta de regulamento para o etiquetado de produtos ecolóxicos que permite unha presenza accidental de transxénicos do 0’9 % sen necesidade de informar no etiquetado; o 29 de marzo, o pleno parlamentario aprobou esa proposta, pero reducindo a un 0’1% a presenza adventicia de OXMs. Diante desta decisión, o Sindicato Labrego Galego ofreceu hoxe unha rolda de prensa para denunciar a introdución dos transxénicos no noso agro e nas nosas mesas "pola porta de atrás". 

  2. Congreso sobre viticultura ecolóxica

    Continúa a actividade formativa do SLG en viticultura ecolóxica

    30 de Abril do 2007 · 

    O pasado 21 de abril celebrouse na vila de Monforte a xornada "Ecoloxía e mercados en viticultura".

    Medio cento de viticultores e viticultoras das cinco denominacións de orixe galegas acudiron á cita do Sindicato Labrego Galego na Escola de Capacitación Agraria de Monforte onde, o 21 de abril, se celebrou a xornada "Ecoloxía e mercados en viticultura". Nela, relatores de Portugal, Navarra e Galiza analizaron as técnicas agrícolas e de manexo ecolóxico da viña, o miolo da comercialización do viño e, como non, os sabores e recendos dos caldos nunha cata comentada. Ao día seguinte, o curso tería a súa xornada de campo entre os viñedos da Ribeira Sacra.