A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Medio Ambiente e Montes>
  4. Agroecoloxía>
  5. Lanzamento do manifesto internacional Agroecoloxía ou Barbarie

Lanzamento do manifesto internacional Agroecoloxía ou Barbarie

20 de Outubro do 2022

agroecoloxíaoubarbarie

As análises e posición política emanadas do seminario internacional "Agroecoloxía ou Barbarie", celbrado no mes de xuño en Compostela foron   compiladas a través dun manifesto internacional lanzado simultáneamente polas organizacións participantes o mesmo. Animamos á adhesión de todas aquelas entidades que queiran sumar forzas contra os abusos das corporacións agroindustriais, na defensa da agroecoloxía e pola consecución do dereito á soberanía alimentaria.

Co obxectivo de analizar o modelo agroindustrial dende a perspectiva da produción labrega, dos dereitos laborais, dos dereitos das mulleres, do medio ambiente e da Soberanía Alimentaria dos pobos, desde o Grupo de Traballo de Migración e Traballo Rural da Coordenadora Europea da Vía Campesina organizamos o pasado mes de xuño un seminario internacional en Santiago de Compostela.

Este encontro tivo como fin elaborar unha estratexia común de loita contra a groindustria así como de defensa do modelo de produción labrega e agroecolóxica, obtendo diversas propostas de actuación co fin rachar coa explotación agroindustrial.

As análises e posición política emanadas deste encontro foron compiladas a través do manifesto internacional “Agroecoloxía ou Barbarie”, que ás 12h. de hoxe, xoves 20, foi lanzado simultáneamente polas organizacións participantes o mesmo, ao tempo que animamos á adhesión de todas aquelas entidades que queiran sumar forzas contra os abusos das corporacións agroindustriais, na defensa da agroecoloxía e pola consecución do dereito á soberanía alimentaria.

Enlace ao manifesto e adhesións:

https://www.soberaniaalimentaria.info/otros-documentos/luchas/970-agroecologia-o-barbarie-gal