A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2018

Novas: 2018

  1. Cartaz Foro Agroecoloxía

    20-21 de outubro en Allariz: III Foro Labrego de Agroecoloxía “Camiñando xuntas pola Soberanía Alimentaria”

    17 de Outubro do 2018 · 

    O Sindicato Labrego Galego e o Concello de Allariz presentaron en sociedade, o 16 de outubro, o III Foro Labrego de Agroecoloxía, que se celebrará na capital alaricana os días 20 e 21 de outubro. No acto estiveron, por parte do consistorio, a alcaldesa, Cristina Cid, e o concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo Varela; e, por parte da organización agraria, María Xosé Castro Fernández, da granxa Mimá (Pazo do Meire, Allariz), e Santi Rodríguez Cid, labrego de Cartelle.

  2. Monte ordenado

    Unha plataforma de organizacións e colectivos pedimos a retirada da proposta de revisión do Plan Forestal de Galicia

    5 de Outubro do 2018 · 

    O pasado 3 de outubro, unha comitiva de representantes de varias organizacións e colectivos sociais, na que se atopaba Diego Sánchez Agra en representación do Sindicato Labrego Galego, rexistrou na Xunta un documento no que se solicitaba a anulación da proposta de revisión do Plan Forestal de Galicia e a elaboración dun novo documento de consenso. O novo plan que se redacte debería partir dunha planificación e información actualizada do monte galego e tendo en conta “a diversidade de hábitats e especies, a multifuncionalidade de usos, o fomento do arborado autóctono, o mantemento dos servizos ecosistémicos que prestan os montes galegos e a sustentabilidade económica e social”.

  3. Isabel Vilalba e Valedora

    O SLG reúnese coa Valedora do Pobo para denunciar a indefensión das granxas cos ataques da fauna salvaxe

    4 de Outubro do 2018 · 

    Unha comitiva do Sindicato Labrego Galego reuniuse en Compostela hoxe, 3 de outubro, coa Valedora do Pobo, Milagros Otero, para denunciar a indefensión e desamparo que sofren as nosas granxas polos continuos ataques da fauna salvaxe e polo abandono de funcións da Xunta de Galicia diante desta problemática. As persoas que representaron ao SLG foron a súa secretaria xeral, Isabel Vilalba Seivane; o responsábel do sector de Vacún de Carne, Lois Varela; e, por parte da Dirección do Leite, a súa coordinadora, Lupe Prado, e Eliseo Cebreiro.

  4. Xabaril

    Os ataques do xabaril arrasan grandes áreas de praderías e cultivos e supoñen un dos principais problemas das granxas

    28 de Septembro do 2018 · 

    O Sindicato Labrego Galego organizou hoxe, 27 de setembro, unha rota polo municipio d'O Corgo para denunciar a desfeita que a poboación descontrolada de xabaril está a facer en praderías e cultivos das que dependen a economía das nosas granxas. Gandeiros de vacún como Manuel Ferreiro, Xosé Luís Fernández, Domingo Rodríguez ou Xosé Antonio López Fouz ensináronnos os estragos que fixo o porco bravo nos seus prados a pesares de telos perfectamente pechados, tal e como se recomenda para evitar os ataques de maneira preventiva.

  5. Concentración Ordes

    O SLG chama a participar na concentración do domingo en Ordes en defensa de aire, auga e terra limpas

    27 de Septembro do 2018 · 

    O Sindicato Labrego Galego apoia a concentración que se levará a cabo este domingo, 30 de setembro, en Ordes baixo o lema “Aire, auga e terra limpos” e convocada por Non aos parques eólicos na comarca de Ordes, Asociación A Picota (Trazo), Comisión de Seguimento da Minaría e Defensa do Rural (Mesía) e Asociación de Afectad@s polo Vertedoiro de Lesta.

  6. Cociña Basanta Silva

    O SLG denuncia o desabastecemento de varios comedores escolares en Lugo xestionados pola empresa Gescor

    21 de Septembro do 2018 · 

    O Sindicato Labrego Galego denuncia os problemas que está a haber coa empresa Gescor na xestión de varios comedores escolares de ámbito rural na provincia de Lugo. En concreto, no IES Basanta Silva, de Vilalba, onte o servizo de cociña tivo que improvisar o xantar (as traballadoras foron mercar alimentos para cociñar) e, hoxe mesmo, o alumnado tivo que conformarse cun bocadillo. Neste caso concreto, están afectad@s 184 alumn@s os luns e 47 de martes a venres.

  7. Juyoung Gam

    Juyoung Gam, horticultora de Barreiros: "O futuro está na diversificación de cultivos e na venda directa"

    21 de Septembro do 2018 · 

    Se algún día nos cadrase ver a Juyoung Gam, poderiámonos preguntar que fai unha labrega coreana cultivando a terra a carón da praia de San Bartolo, en Barreiros (Lugo). Para obter a resposta, teriamos que remontarnos ao ano 2008, cando Juyoung fixo o Camiño de Santiago e coñeceu a Miguel -xixonés fillo dun emigrante de Barreiros-, ao que uniu dende aquela a súa vida. Despois viría a decisión de vivir da terra na Galiza, pero iso xa ten máis miolo por debullar...

  8. Pilar Rioboo

    O SLG trata coa subdelegada do Goberno na Coruña cuestións de Estado para o agro galego

    18 de Septembro do 2018 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, acompañada por Xosé Ramón Cendán, membro da Executiva do SLG, mantiveron onte, 14 de setembro, unha xuntanza coa subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo Ansorena, para tratar diversas problemáticas que afecta directamente aos labregos e labregas e que dependen, directamente, da xestión do Goberno do Estado.

  9. Son Labrego

    A mocidade do SLG leva a Chantada o Festival Son Labreg@ baixo o lema “Construíndo soberanía alimentaria e cultural”

    18 de Septembro do 2018 · 

    O Sindicato Labrego Galego presentou, en Chantada, a que será a segunda edición do Festival Son Labreg@, que desta vez elixiu como escenario o entorno do Cinema Palleiriso, en Garabelos (parroquia de Mariz), apoiados por Anxo Moure e a Asociación Cultural Papaventos de Educación Ambiental.

  10. Fouce 321

    A constitución dunha Coordinadora das Persoas Xubiladas no Sindicato Labrego na portada do Fouce 321

    12 de Septembro do 2018 · 

    Dende finais de agosto, xa estivemos a distribuír o Fouce 321, desta vez algo lixeiro de páxinas por mor do descanso estival do persoal de redacción. Así e todo, atoparedes contidos interesantes como un amplo resume da posta en marcha da coordinadora que levará as cuestións relacionadas coas persoas xubiladas até o vindeiro congreso do SLG, os anuncios de importantes eventos como o III Foro Labrego de Agroecoloxía ou o II Festival Son Labreg@ ou a actualidade dos principais sectores agrogandeiros da nosa terra. Podes botarlle descargando o exemplar en pdf na icona que atoparás no remate desta páxina.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. 4
  6. 5
  7. 6
  8. 7
  9. Seguinte