A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2016

Novas: 2016

  1. Xuntanza Deputación Lugo SLG

    O SLG e a Deputación de Lugo buscan solucións ao baleiro en formación agraria deixado polos recortes da Xunta

    22 de Novembro do 2016 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, e o coordinador dos sectores gandeiros da organización agraria, Xabier Gómez Santiso, mantiveron, o 21 de novembro, unha xuntanza de traballo co presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, para abordar a problemática do baleiro deixado pola Xunta de Galicia na formación profesional de labregos e labregas por mor dos recortes.

  2. stop violencia machista

    A Secretaría das Mulleres organiza a "Xornada contra as violencias machistas" tras unha campaña formativa no rural

    22 de Novembro do 2016 · 

    Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia Machista, dende a Secretaria das Mulleres do Sindicato Labrego Galego levaremos a cabo varias iniciativas como a “Xornada contra as violencias machistas”, que se celebrará o 26 de novembro no Pazo de Mariñán (Bergondo) para afondar en problemáticas como os menores e a violencia de xénero ou a imaxe das mulleres nos medios de comunicación. Apoiado pola Deputación da Coruña, este evento vai dirixido especialmente a labregas e contará coa participación de activistas de recoñecido prestixio como Estrela Gómez, da Asociación Galega contra o Maltrato de Menores (AGAMME), Alicia Ares Vilar ou Iria Vázquez Silva (podedes descargar o programa premendo na icona que atoparedes no remate desta páxina).

  3. Fábricas de vacas

    As 20.000 vacas do IBEX, ou como 10 macrogranxas poderían substituír todas as explotacións galegas

    15 de Novembro do 2016 · 

    Presentamos "As 20.000 vacas do IBEX", un artigo de opinión de Aurelio Pérez, coordinador xeral de COAG en Castela e León, sobre un macroproxecto empresarial que ameaza o sector lácteo da comunidade veciña. Trátase da instalación dunha granxa de 20.000 vacas en Almazán (Soria) por parte dunha empresa navarra. O texto está enfocado, como non podía ser doutro xeito, dende o punto de vista nos nosos compañeiros e compañeiras de Castela e León. Para enfocalo dende realidade galega, abonda con saber que esta macrogranxa producirá ela soa o equivalente ao 10% da produción total das 8.658 granxas galegas. É dicir, implantando este modelo, 10 explotacións coma esta poderían substituír á totalidade das granxas de Galiza.

  4. Via Campesina COP21

    O SLG asina un manifesto opoñéndose ao uso da terra agraria como pozo de carbono contra o cambio climático

    11 de Novembro do 2016 · 

    No contexto do #COP22 (Marrakech, 7-18 de novembro), O SLG, coma outras organizacións da Vía Campesina, vén de asinar un manifesto -As nosas terras valen máis có carbono- no que denuncia a utilización da terra como sumidoiro de carbono para enfrontar o #CambioClimático. Para nós, esta é unha falsa solución que só incrementará o perigo de acaparamento de terras e que non diminuirá a verdadeira causa do cambio climático: as emisións de dióxido de carbono.

  5. Palestra Madia Leva

    Por que arde Galiza? Reseña da palestra do Madia Leva! de análise sobre as causas dos lumes forestais

    10 de Novembro do 2016 · 

    Este ano, os incendios volveron arrasar Galiza de extremo a extremo cunha virulencia que non viviamos dende a vaga de 2006. Sen que a Consellaría de Medio Rural publicase aínda datos definitivos sobre os lumes deste verán, temos cifras parciais que apuntan a que 2016 será unha das peores campañas en cuestión de incendios. 

  6. Fouce 313

    Fouce 313: Das crises do leite e dos lumes forestais á VII Conferencia Internacional da Vía Campesina

    9 de Novembro do 2016 · 

    Hoxe, miles de Fouce serán enviados por correos a centos de parroquias e lugares de Galiza. E é que vén de saír do prelo o nº 313 (podes descargalo na icona que atoparás no remate desta páxina), con textos que afondan en problemáticas coma os lumes forestais ou a crise do sector lácteo ou novas de sectores produtivos como o do coello, o viño, a castaña, a pataca ou o mel. Tamén incluímos na contraportada unha entrevista a Alazne Intxauspe, de EHNE Bizkaia, organización anfitrioa da VII Conferencia Internacional da Vía Campesina que se celebrará en Derio do 15 ao 24 de xullo de 2017. En días vindeiros, iremos debullando nas redes sociais os contidos íntegros que, decotío, é imposíbel publicar na súa totalidade na edición impresa por motivos de espazo.

  7. Represión MST

    O Sindicato Labrego Galego condena as accións represivas perpetradas pola policía contra os Sem Terra do Brasil

    5 de Novembro do 2016 · 

    O Sindicato Labrego Galego solidarízase cos irmáns e irmás do Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra (MST), pertencente a La Vía Campesina coma o SLG, pola escalada represiva que están a sufrir por parte da policía, do sistema xudicial e da clase política máis rancia do Brasil. Dende a Galiza, condenamos a invasión policial vivida onte mesmo, 4 de novembro, na Escola Nacional Florestan Fernandes (ENFF), en Guararema (São Paulo).

  8. Food sovereignty

    Conclúe o Foro Paneuropeo en Romanía consolidando a loita pola soberanía alimentaria en Europa do Leste

    2 de Novembro do 2016 · 

    A loita contra a agroindustria e por un futuro xusto e sostible para a agricultura e os labregos e labregas deu un gran salto cara a adiante esta semana trala celebración do II Foro Nyéléni pola Soberanía Alimentaria, considerado como o evento máis grande ao redor desta cuestión na historia de Europa.

  9. Feira Outono Ponteareas

    Ponteareas acollerá unha nova edición da Feira de Outono

    2 de Novembro do 2016 · 

    A Praza Maior de Ponteareas será escenario dunha nova edición da Feira de Outono na fin de semana do 4, 5 e 6 novembro. Así o anunciamos en rolda de prensa as entidades organizadoras desta Feira: Centro de Recuperación de Cultura Popular, Asociación Xuvenil Galiza Nova, Sindicato Labrego Galego e Concello de Ponteareas.

  10. Belén Fervenza

    Outro rural é posible (2): Belén Fervenza

    28 de Outubro do 2016 · 

    Dende que se creou, a Rede Galega de Sementes afianzou un movemento de recuperación e intercambio de variedades autóctonas que, amais de resucitar o noso patrimonio hortícola e froiteiro, é un auténtico xeito de "desobediencia civil" diante de leis que pretenden servir en bandexa este tesouro natural ás industrias do sector. Así o mantén Belén Fervenza, actual responsábel do Sector de Horta, Froita e Flor do SLG, nunha entrevista que publicamos no Fouce 299, en decembro de 2013, e que agora rescatamos íntegra da hemeroteca para compartir con vós.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. 4
  6. 5
  7. 6
  8. 7
  9. Seguinte