A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2016

Novas: 2016

  1. Publicamos o segundo Fouciño especial da era Covid19 coas novidades das dúas últimas semanas

    Fouciño covid 2 18 de Maio do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de publicar o segundo número do seu boletín electrónico especial en tempos de pandemia. Nesta ocasión, ademais dun resume das principais novas relacionadas co SLG nas dúas últimas semanas, tamén recuperamos a tradicional sección de anuncios que ocupaba a penúltima páxina do Fouce e un novo apartado con demandantes e emprego agrario. Podes descargalo na icona que atoparás a continuación:

  2. O SLG interpela ao Concello de Vilalba sobre o Feirón e polas normas contraditorias nas feiras semanais

    Concello de Vilalba 16 de Maio do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar unha instancia dirixida ao Concello de Vilalba (podes descargar o documento orixinal na icona que atoparás no remate desta páxina) para que aclare se a reapertura das feiras semanais inclúe tamén o Feirón mensual, que debería celebrarse o vindeiro martes 19 de maio. Ademais, en vista de como se reabriron as feiras semanais, mesturando diferentes normativas e creando unha grande confusión entre as persoas que participan nelas, tamén lle pediu que aclare os criterios de participación por parte dos produtores e produtoras que poden vender.

  3. O SLG pide a Medio Rural axudas para apoiar as granxas galegas desasistidas polo Estado na crise do Covid

    Axudas de minimis 14 de Maio do 2020 · 

    Dende a declaración do estado de alarma, o sector alimentario estivo en activo para garantir o abastecemento de alimentos para a cidadanía. Dentro del, as granxas galegas tamén continuaron coa súa actividade. Porén, boa parte delas atópanse completamente desasistidas porque ou ben non se contempla ningunha axuda dende o Estado para compensar as perdas económicas que están a sufrir a causa das restricións, ou ben as que se articulan resultan insuficientes para as nosas explotacións.

  4. As granxas de leite galegas perderon 160 millóns de euros en 2019 por vender por baixo dos custes de produción

    Prezo leite 12 de Maio do 2020 · 

    O Estudo de Custes e Rendas das Explotacións Agrarias (Ecrea) do sector lácteo correspondente ao ano 2017 fixa en 39 céntimos o custe medio para producir un litro de leite de vaca nunha granxa galega, un valor moi afastado dos 32,3 céntimos que cobraron as nosas granxas en marzo1. Se utilizásemos este custe de produción, que se incrementou nos últimos anos, e calculamos o diferencial do que perderon as nosas granxas por non ingresar eses cartos, só en 2019 o sector lácteo galego deixou de ingresar case 160 millóns de euros (159.596.767 €), o que supón unha media de máis de 13 millóns de euros por mes (13.299.730 €)2.

  5. O SLG denuncia a desidia do Concello de Vilalba á hora de reabrir os mercados semanais de produtos labregos

    Grelos 11 de Maio do 2020 · 

    A pesares de que se poden realizar feiras con venda directa de produtos agrogandeiros dende o 4 de maio na Galiza, o Concello de Vilalba non fixo aínda nada para reactivar as que son da súa competencia, como o mercado semanal dos martes, que se debería celebrar mañá, ou o feirón da semana que vén, o 19 de maio. Porén, dende o SLG non temos constancia de que o consistorio vilalbés se puxese en contacto cos labregos e labregas que venden habitualmente nestes mercados.

  6. SLG e FRUGA esixen un cambio de rumbo na Delegación do Goberno tralo erro de prohibir os mercados alimentarios

    Delegación do Goberno 8 de Maio do 2020 · 

    Tras as críticas realizadas onte, 7 de maio, polo SLG e a FRUGA contra a prohibición dos mercados alimentarios de proximidade por parte da Delegación do Goberno en Galiza, pedindo a dimisión do delegado, Javier Losada; hoxe, 8 de maio, asistimos abraiados á publicación dun tweet onde sen informa, dende o máximo representante da Moncloa na nosa terra, que: Atendiendo al permiso de la Xunta sobre mercados, dentro del compromiso de cogobernanza y consultada la Abogacía del Estado, se entiende que aquellos dedicados a venta de alimentos y productos de primera necesidad pueden celebrarse, respetando las medidas de seguridad sanitaria”.

  7. SLG e FRUGA piden a dimisión do delegado do Goberno en Galiza por prohibir os mercados de proximidade

    Javier Losada 7 de Maio do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego (SLG) e a Federación Rural Galega (FRUGA) queremos expresar o noso máis enérxico rexeitamento ao torpedeo permanente que a Delegación do Goberno en Galiza está a perpetrar contra calquera iniciativa relacionada coa reactivación dos mercados alimentarios de proximidade ao prohibir, a través da Subdelegación da Coruña, a celebración de feiras de produtos labregos en vilas como Carballo, Sada, Teo ou Betanzos.

  8. O SLG comeza a publicar un boletín informativo electrónico para substituír temporalmente a edición impresa do Fouce

    Portada Fouciño Covid 1 6 de Maio do 2020 · 

    Debido á extraordinaria situación que estamos a vivir, baixo as restricións dun estado de alarma para conter a pandemia do coronavirus, dende o Sindicato Labrego Galego tomamos a decisión de deixar de publicar temporalmente a edición impresa do Fouce. No seu lugar, enviaremos periodicamente o Fouciño, un boletín informativo para difundir vía electrónica. De seguido, compartimos contigo o primeiro número agardando que todo volva á normalidade o máis axiña posible. Podes descargalo na icona que atoparás a continuación:

  9. O SLG pregunta a sete concellos pola reapertura dos mercados alimentarios de proximidade na Terra Chá

    Feira en Galiza 6 de Maio do 2020 · 

    A coordinadora do Sindicato Labrego Galego na Terra Chá, Margarida Prieto Ledo, rexistrou onte, 5 de maio, unha instancia dirixida aos concellos de Vilalba, Xermade, Cospeito, Castro de Rei, Muras, Abadín e Guitiriz preguntado polos mercados alimentarios non sedentarios que se celebran periodicamente nos seus termos municipais. En concreto, interpélase aos gobernos municipais para que aclaren se van seguir celebrando estes mercados nos mesmos lugares e cos mesmos horarios que antes da súa prohibición a causa da declaración do estado de alarma.

  10. A Xunta tenta aproveitar o estado de alarma para sacar adiante 1.000 proxectos industriais controvertidos

    Alerta ambiental 5 de Maio do 2020 · 

    O Consello da Xunta do xoves 30 de abril do 2020 aprobou reactivar a tramitación administrativa en materia de valiación ambiental de 975 proxectos que estaban paralizados polo Estado de alarma. Froito diso, e cando aínda xiste unha seria crise sanitaria e a poboación segue confinada e sen poder desenvolver as súas actividades de forma ormalizada, a Xunta de Galicia dita unha Orde, publicada no DOG deste 4 de maio, para que comecen a correr os prazos de exposición pública destes proxectos industrias de grande impacto.

  11. Novidades normativas na Fase 0 do proceso de desescalada no estado de alarma pola pandemia do Covid-19

    SLG informa 4 de Maio do 2020 · 

    Nos últimos días publicáronse varias novidades normativas no BOE e no DOG que afectan a cuestións de importancia como a autorización dos mercados alimentarios de proximidade na Galiza ou o acceso ás hortas de autoconsumo. Se queres coñecelas, descarga o boletín "SLG informa" premendo na icona que atoparás a continuación:

  12. O SLG intermedia con Medio Rural para buscar saída a máis de 1'5 millóns de quilos de pataca de 11 produtores na Limia

    Pataca Limia 4 de Maio do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego dirixiuse, o 30 de abril, á Consellaría de Medio Rural para facerlle entrega dunha lista de once produtores e produtoras da Limia (Xinzo, Sandiás e Vilar de Barrio) que teñen almacenados máis de 1'5 millóns de quilos de pataca sen saída comercial aos que non se lles está a ofrecer ningún tipo de apoio ou axuda.

  13. O SLG pide medidas de apoio contra a crise do viño e critica as restricións absurdas na viticultura de autoconsumo

    Viñedos 29 de Abril do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere expresar a súa disconformidade con que se siga impedindo o coidado dos viñedos para autoconsumo ou como actividade non profesional, limitando o acceso só para ribeiras que están no mesmo termo municipal da persoa titular ou a cinco quilómetros como máximo se están noutro concello. Ademais, pide que se activen axudas para apoiar o sector na forte crise que está sufrindo antes de que sexa demasiado tarde.

  1. Concentracións MMM

    A Secretaría das Mulleres apoia as mobilizacións da Marcha Mundial en condena polos últimos asasinatos machistas

    20 de Decembro do 2016 · 

    A Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego apoiará as concetracións convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres nas sete cidades galegas, mañá 20 de decembro, en repulsa polos tres asasinatos de mulleres nos últimos días en Vigo, Compostela e La Pobla del Mafumet (Tarragona) a mans dos seus compañeiros ou ex-compañeiros sentimentais.

  2. Margarida Prieto

    O SLG pide unha xuntanza en Minas para reclamar a caducidade das concesións a Erimsa na Terra Chá

    16 de Decembro do 2016 · 
    A coordinadora do Sindicato Labrego Galego na Terra Chá, Margarida Prieto Ledo, vén de solicitar hoxe, 15 de decembro, unha xuntanza co persoal responsábel da Dirección Xeral de Enerxía e Minas para aclarar os motivos polos que a Consellaría de Economía, Emprego e Industria non declara as caducidades das concesións mineiras a Erimsa en concellos como A Pastoriza, Cospeito, Castro de Rei, Abadín, Riotorto e Vilalba.
  3. Plantación de viñedo

    COAG e SLG reclamamos prioridade para xente moza e profesionais nos dereitos de plantación de viñedo

    14 de Decembro do 2016 · 

    O 12 de decembro, COAG e SLG reclamamos, na xuntanza do grupo de traballo sectorial no Ministerio de Agricultura en Madrid, uns criterios máis xustos nas autorizacións para plantar viñedo. E fixémolo volvendo defender a necesidade de mudar os criterios de adxudicación de viñedos nos repartos vindeiros, xa que nos actuais estanse a primar persoas alleas ao sector agrario, o cal supón unha clara discriminación para a mocidade labrega e os/as profesionais da viticultura

  4. Foro Labrego de Agroecoloxía

    Un cento de persoas dialogan sobre a agroecoloxía como alternativa viable e necesaria á agricultura industrial

    5 de Decembro do 2016 · 

    Ao longo da xornada do domingo, 4 de decembro, estivo desenvolvéndose o primeiro Foro Labrego de Agroecoloxía nas instalacións do antigo matadoiro de Betanzos. Alí, un cento de persoas, por riba do aforo previsto inicialmente, debateron, compartiron e dialogaron ao redor da alternativa ao actual sistema agrícola industrial que é a agroecoloxía.

  5. Oficina agraria virtual

    O SLG pide a ampliación do prazo para alegar os dereitos da PAC e presentará queixa diante da Valedora do Pobo

    2 de Decembro do 2016 · 
    O pasado 15 de novembro, o Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA) publicaba no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha resolución pola que se daba publicidade á asignación de dereitos do réxime do pagamento básico da Política Agraria Común (PAC). Trátase dunha resolución importantísima para as nosas granxas, xa que nela se fixan os dereitos en base aos cales se determinará a contía das axudas para máis de 30.000 labregos e labregas da Galiza no período 2014-2020, dándoselle ás persoas afectadas un mes de prazo para alegar ou facer reclamacións.
  6. Emilio Cao

    O SLG solidarízase con Emilio Cao e esixe a súa absolución

    30 de Novembro do 2016 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere solidarizarse con Emilio Cao, o estudante que, sendo menor de idade (17 anos), foi detido nas cargas policiais que se produciron na manifestación das Marchas da Dignidade en Madrid o 22 de marzo de 2014. 

  7. Foro Agroecoloxía

    Betanzos acollerá este domingo un foro para analizar a enorme potencialidade da agroecoloxía na Galiza

    29 de Novembro do 2016 · 

    A vila de Betanzos acollerá este domingo, 4 de decembro, o primeiro Foro Labrego de Agroecoloxía, un evento que nace coa pretensión de converterse nun espazo de encontro para todas as persoas, colectivos e organizacións que apostan por unha produción de alimentos ecolóxica que vaia máis alá dos simples métodos de cultivo e sexa, entre moitas outras cousas, un factor activo de xeración de emprego, de sostibilidade ambiental, de saúde e de xustiza laboral. 

  8. Xornadas contra as violencias

    Un centenar de labregas reflexiona sobre as violencias machistas e denuncian o agravamento da lacra no rural

    26 de Novembro do 2016 · 

    A Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego estivo celebrando durante o día de hoxe, 26 de novembro, unha Xornada contra as Violencias Machistas no Pazo de Mariñán (Bergondo) á que asistiron un cento de labregas das catro provincias galegas. Desta maneira, e co apoio financeiro da Deputación da Coruña, estas mulleres asistiron a charlas e debates ao redor do tema da violencia e, xa pola tarde, realizaron un mural de denuncia dunha lacra que, en menor ou maior medida, nos afecta a todas.

  9. Leite en po

    A liberación de 20.000 toneladas de leite en po intervido planeada pola Comisión Europea volvería afundir os prezos

    24 de Novembro do 2016 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, participou nunha nova xuntanza do Observatorio do Mercado do Leite (Milk Market Observatory-MMO), en Bruxelas o 23 de novembro. Isabel Vilalba, que asistiu a este foro de diálogo convocado pola CE en representación da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC), destacou como novidade máis preocupante a intención da Comisión Europa de liberar no mercado en decembro un continxente de máis de 20.000 toneladas de leite en po proveniente das retiradas por intervención pública.

  10. Food Revolution

    4 de decembro: I FORO LABREGO DE AGROECOLOXÍA

    23 de Novembro do 2016 · 

    A Asociación Herbamoura, coa colaboración do Sindicato Labrego Galego e o financiamento da Deputación da Coruña, organiza para o vindeiro domingo, 4 de decembro, o I Foro Labrego de Agroecoloxía, que se celebrará en Betanzos. Alí, a través do diálogo e o intercambio de ideas e experiencias, tentaremos contribuír a afianzar un movemento cada vez máis forte que tenta que a agricultura galega tome vieiros en consonancia con conceptos como a soberanía alimentaria, o respecto ao medio ambiente, a aposta polas producións locais, a relación directa entre a xente labrega e a consumidora ou o facer da alimentación unha fonte de saúde. 

  1. 1
  2. 2
  3. 3
  4. 4
  5. 5
  6. 6
  7. 7
  8. Seguinte