A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2015

Novas: 2015

  1. Via Campesina contra as violencias machistas

    Comunicado da Vía Campesina no 25 de novembro, Día Internacional contra as Violencias Machistas

    25 de Novembro do 2015 · 

    (Harare 25 de novembro de 2015) Este 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia cara ás Mulleres, a Vía Campesiña convoca unha xornada de mobilización co desafío de afondar en novas formas de resistencia e de loitas para romper co silencio do sistema capitalista e patriarcal, que atenta contra a vida das mulleres, que cousifica, que explota, que desposúe, que crea guerras e militariza territorios. É urxente construír novas relacións humanas baseadas na xustiza de xénero e na igualdade de dereitos.

  2. Contra a Violencia Machista

    A Secretaría das Mulleres do SLG esixe políticas integrais para rematar coas violencias que sofren as labregas

    25 de Novembro do 2015 · 

    Dende a Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego queremos unirnos aos millóns de voces que en toda Galiza e en todo o mundo claman hoxe, 25 de novembro de 2015, contra o feminicidio, unha realidade atroz e universal que non entende de países, ámbitos ou clases sociais.

  3. Manifestación sector cunícola

    Produtores e produtoras de coello maniféstanse en Compostela para esixir solucións á crise de prezos

    24 de Novembro do 2015 · 

    Un cento de produtores e produtoras de carne de coello da Galiza manifestáronse en Compostela hoxe, 24 de novembro, para protestar contra os prezos de miseria que se lles leva pagando durante todo este 2015 e que están a arruinar as súas granxas. Estamos a falar dun valor medio, no presente ano, de 1'54 €/quilo, cando os custes de produción están entre 1'85 € e 1'95 €. Mesmo, no verán, os prezos chegaron a tocar fondo con valores de 80 céntimos por quilo.

  4. Comedor escolar

    O SLG anima a Xunta e concellos a apostar pola proximidade e calidade no menú dos comedores escolares

    20 de Novembro do 2015 · 

    Tralas polémicas xurdidas nas últimas semanas ao redor da mala calidade e escasa sostenibilidade dos servizos de cátering en comedores escolares, e tras quedar deserto o concurso para adxudicar o fornecemento da alimentación dos centros educativos de Compostela, dende o Sindicato Labrego Galego animamos ao Concello de Santiago e ao resto de institucións responsábeis destes servizos na Galiza, especialmente a Xunta, a traballar e conseguir un consenso para que os alimentos mercados pola administración ou por empresas contratadas por ela reúnan unha serie de requisitos como ser cociñados e estar producidos, na medida do posible, no entorno do centro onde se van consumir ou na Galiza; e con criterios de ecoloxía e sostenibilidade nos métodos de cultivo, na súa elaboración e transporte.

  5. Becerro morto Teixeira

    Os ataques dos lobos e o pasotismo da Xunta comezan a facer inviable a gandería no entorno do Macizo Ourensán

    20 de Novembro do 2015 · 

    A comezos de semana, as vacas de Ángel Rivas sufrían outro ataque dos lobos, desta vez en Teixeira, na parroquia de Escuadro (Maceda), a uns poucos centos de metros das casas. Nesta ocasión, foi un becerro de raza Vianesa duns poucos días polo que terían pagado uns 600 euros, pero as perdas serán máis abondosas, pois a nai do animal morto mancouse nos tetos con arame de espiño cando fuxía dos lobos, polo que houbo que chamar os veterinarios; ademais, coas ubres cheas e sen becerro que aleitar, é moi posible que esta vaca acabe padecendo mamite. Polo tanto, a indemnización coa que conta Ángel, ao redor duns 300 euros, non cobre nin de lonxe os danos ocasionados. Por se non abondase, é consciente de que a cobrará, con sorte, dentro dun par de anos, tal e como lle aconteceu cos cartos ingresados neste 2015 por ataques denunciados en 2013.

  6. Novos tramites

    O Ministerio de Agricultura saca da manga un novo trámite burocrático para poder cobrar as axudas do sector lácteo

    19 de Novembro do 2015 · 

    O Ministerio de Agricultura vén de publicar un aviso mediante o cal insta a cumprir novos trámites ás persoas beneficiarias das axudas destinadas a compensar as dificultades económicas no sector lácteo, publicadas no real decreto 849/2015. En efecto, tras pasar todo o proceso burocrático necesario para obter esta axuda, agora o Ministerio anuncia que é necesario que as persoas beneficiarias realicen unha declaración responsable de non incorrido en ningunha das prohibicións previstas do artigo 13 da Lei 38/2003 da Lei Xeral de Subvencións.

  7. Prezos leite na UE

    Isabel Vilalba denuncia a política “suicida e contraditoria” para o sector lácteo da Comisión Europea

    16 de Novembro do 2015 · 

    Trala celebración do Consello Ministerial de Agricultura da Unión Europea, neste 16 de novembro, é bo sacar a colación a última xuntanza do Grupo de Diálogo Civil do Sector Lácteo (Civil Dialogue Group on Milk), celebrada o 10 de novembro en Bruxelas a instancias da Comisión Europea. Neste encontro participaron catro representantes da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC), entre quen se atopaba a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane; xunto a ela estiveron a cántabra Charo Arredondo, Nico Filippini (Italia) e Philippe Collin (Francia).

  8. Protestas en Bruselas

    A Coordinadora Europea da Vía Campesina pide a regulación do mercado para atallar a crise no sector lácteo

    14 de Novembro do 2015 · 

    Con motivo da xuntanza do Consello Ministerial de Agricultura da Unión Europea, o 16 de novembro, as organizacións integrantes da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC) -entre as que se atopa o Sindicato Labrego Galego- enviamos unha carta aos ministros e ministras solicitándolles a posta en marcha novas ferramentas públicas para regular o mercado leiteiro de cara a atallar a gravísima crise que vive o sector e para garantir unha remuneración digna polo leite que cubra os custes de produción nas granxas. De seguido, compartimos con vós a misiva:

  9. Fouce 309

    As mobilizacións do sector lácteo a fondo no Fouce 309

    13 de Novembro do 2015 · 

    Tralas vacacións do verán e ben entrado o outono, temos un novo Fouce na rúa. Desta vez, e como non podía ser menos, boa parte do periódico vai dedicada á crise do sector lácteo e á campaña de mobilizacións que se viviron durante os meses estivais. Ademais, hai textos sobre a vendima, a caída de prezos noutros sectores gandeiros como o da carne de vacún ou o cunícola, a desigualdade no reparto das axudas da PAC, os progresos na redacción dunha Carta de Dereitos Labregos por parte da ONU, ou a chegada a terras galegas da Caravana Feminista organizada pola Marcha Mundial das Mulleres. Estas e outras moitas cuestións no Fouce 309, que podes descargar na icona que atoparás no remate desta páxina.

  10. Caderno 7 Vía Campesina

    A Vía Campesina publica un caderno formativo con dez experiencias ao redor da agroecoloxía en catro continentes

    10 de Novembro do 2015 · 

    A Vía Campesina vén de presentar o seu sétimo caderno de estudos baixo o título “Agroecoloxía labrega para a soberanía alimentaria da Nai Terra, experiencias da Vía Campesina”. Trátase dun traballo froito da construción colectiva das diversas organizacións que formamos parte da Vía Campesina en continentes como África, America, Europa ou Asia.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. 4
  6. 5
  7. 6
  8. 7
  9. Seguinte