A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Se Lence non reincorpora ás explotacións da Mariña, impediráselle a recollida nesa ruta

Se Lence non reincorpora ás explotacións da Mariña, impediráselle a recollida nesa ruta

23 de Maio do 2009

4444

Representantes do Sindicato Labrego Galego, entre as que se atopan a secretaria xeral do SLG, Carme Freire, e a responsábel do sector leiteiro, Lupe Prado, canda varias gandeiras e gandeiros, manteñen retido nunha explotación en Piñeira (Ribadeo) o camión-nodriza de recollida, propiedade de Lácteos Lence, que na mañá de hoxe deixou dúas explotacións da comarca da Mariña de Lugo sen levarlle o leite.

Por medio de Alfonso Fuentes, alcalde de Barreiros, o SLG tivo constancia de que o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, xa coñecía o caso e contactara con Jesús Lence para que as dúas explotacións afectadas fosen reincorporadas á ruta de recollida.

O conselleiro de Medio Rural comprometeuse a contactar co SLG para dar conta do resultado desta xestión.

Dende o Sindicato Labrego Galego advertimos que se Lácteos Lence non dá marcha atrás na súa decisión, non se lle permitirá recoller máis leite nesta ruta.

 

 

OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON

Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG,

TLF: 619 348 426

Lupe Prado, Responsábel do Sector Lácteo do SLG,

TLF: 685 805 783

Xesús Méndez López, gandeiro da comarca e membro da Dirección Nacional do SLG,

TLF: 647 639 010

Lucas Veiga, gandeiro afectado pola suspensión de recollidas,

TLF: 630 847 672