A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. O SLG atópase na Mariña Luguesa canda as gandeiras e gandeiros afectados pola suspensión de recollida feita efectiva hoxe por Lácteos Lence

O SLG atópase na Mariña Luguesa canda as gandeiras e gandeiros afectados pola suspensión de recollida feita efectiva hoxe por Lácteos Lence

23 de Maio do 2009

lence

Na mañá de hoxe Lácteos Lence vén de suspender a recollida do leite a produtoras e produtores da Mariña Luguesa.

 

 

O Sindicato Labrego Galego levará a cabo unha acción de protesta co obxectivo de denunciar as estratexias de mercado que empresas como Lácteos Lence tentan levar a cabo aproveitando o grave momento polo que pasa o sector leiteiro da Galiza.

A Secretaria Xeral do SLG, Carme Freire Cruces, atópase na comarca dende primeira hora da mañá canda compañeiras e compañeiros do Sindicato Labrego e os gandeiros e gandeiras afectadas.