A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 18F: Unha oportunidade para mudar as políticas agroalimentarias galegas

18F: Unha oportunidade para mudar as políticas agroalimentarias galegas

12 de Febreiro do 2024

18F_pRESENTACIÓN

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas presentará ás candidatas/os á presidencia da Xunta as súas propostas políticas. Acto aberto á cidadanía este MÉRCORES 14 de febreiro, ás 11.30h., na Praza do Toural en Santiago de Compostela

O adianto das eleccións á presidencia da Xunta de Galicia que terán lugar o domingo 18 de febreiro abre unha oportunidade para reorientar as políticas agroalimentarias autonómicas. É urxente responder a décadas de destrución do medio rural e afrontar os retos derivados das crises climática e enerxética, entre outras.

A través dun acto público aberto á cidadanía, este mércores 14 de febreiro dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) trasladaremos ás formacións políticas as propostas a desenvolver para garantir unha alimentación sa e de calidade para as persoas e o medioambiente, consolidando no noso país un modelo agroecolóxico de produción arroupado e protexido por un medio rural vivo, no camiño á nosa soberanía alimentaria.

Este acto de presentación pública, ao que xa foron convidados os partidos políticos, terá lugar ás 11.30h. na Praza do Toural de Santiago de Compostela.