A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. INVESTIMENTOS EN MODERNIZACIÓN E/OU MELLORA DAS GRANXAS

INVESTIMENTOS EN MODERNIZACIÓN E/OU MELLORA DAS GRANXAS

23 de Xaneiro do 2024

Icono SLG Informa

Queres incorporarte a algunha actividade agraria ou gandeira? INCORPÓRATE CON NÓS! Pasa canto antes polo teu local do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas para realizar a tramitación (antes do 23/03/2024). Máis información: connos@sindicatolabrego.gal e/ou 604 026 536 (podes descargar as bases no pdf ao final da páxina)

Requisitos:
— Ser titular dunha granxa inscrita no REAGA.
— Ter unha idade mínima de 18 anos (no caso de persoas físicas).
— Que a actividade principal sexa a agraria.
— Ter capacidade profesional suficiente (formación ou 5 anos de experiencia).
— Acadar unha renda mínima equivalente ao 35% da renda de referencia no caso de
non ser pequena granxa.
— Non ter ningún expediente de plan de mellora dalgunha anualidade anterior sen ter
presentado a súa solicitude de pagamento antes do 22/01/2024.
— Non ter ningunha axuda concedida pola mesma intervención.
— No caso de pequena granxas residir no concello onde se atopa a granxa ou en
concello limítrofe.
— Presentar un plan de viabilidade dos investimentos.
— Realizar un investimento mínimo de 5.000 € en pequenas granxas e de 20.000 € no
resto.
Compromisos:
— Permanecer na actividade agraria 5 anos dende o pagamento final da axuda
Importes da axuda:
Axuda de base do 30% do custe elixible ate un máximo 65% en función dos seguintes
criterios:
— Persoa agricultora moza: +10%
— Investimentos en Zona de Montaña ou RN2000: +10%
— Investimentos en granxas de agricultura ecolóxica: +10%
— Titular muller: +5%
No caso de incorporarse nunha granxa intensiva a axuda limitarase ao 35%
O importe máximo da axuda é de 75.000 € para as pequenas granxas e de 300.000 € para o
resto.
Xustificación da axuda:
— Prazo máximo de 24 meses logo da concesión da axuda.
— Un único pago logo da execución dos investimentos.
Que se subvenciona:
— Reforma ou construción de instalacións e compra de maquinaria.
— Compra de construcións agrarias en desuso.
— Plantación ou mellora de cultivos leñosos de froita.
— Compra de terreos ate un máximo do 10% do investimento elixible.
— Investimentos inmateriais.
— Investimentos relacionados co cumprimento de normas de obrigado cumprimento
da unión.

Ficheiro adxunto