A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. INCORPORACIÓN DE NOVAS PERSOAS AGRICULTORAS

INCORPORACIÓN DE NOVAS PERSOAS AGRICULTORAS

23 de Xaneiro do 2024

Icono SLG Informa

Queres incorporarte a algunha actividade agraria ou gandeira? INCORPÓRATE CON NÓS! Pasa canto antes polo teu local do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas para realizar a tramitación (antes do 23/03/2024). Máis información: connos@sindicatolabrego.gal e/ou 604 026 536 (podes descargar as bases no pdf ao final da páxina)

Requisitos:
— Idade entre 41 e 55 anos (ambos incluídos).
— Incorporarse por primeira vez ou nos 12 meses anteriores.
— Acadar un nivel de capacitación profesional suficiente nos 36 meses posteriores á
data de establecemento.
— Presentar un plan empresarial xunto cun plan de produción e de investimentos.
— Acadar unha renda mínima equivalente ao 35% da renda de referencia.
Compromisos:
— Permanecer na actividade agraria 5 anos dende o pagamento final da axuda
— Participar no programa de titorización de mozas levado a cabo pola consellería de
medio rural a través das oficinas rurais.
Importe da axuda:
Axuda de base de 25.000 € ate un máximo 55.000 € en función dos seguintes criterios:
— Muller: +10.000 €
— Incorporarse en Zona de Montaña: +10.000 €
— Incorporarse nunha granxa de agricultura ecolóxica: +10.000 €
— Incorporarse nunha granxa de titularidade compartida: +10.000 €
No caso de incorporarse nunha granxa intensiva a axuda limitarase a 25.000 €
Xustificación da axuda:
— Prazo máximo de 24 meses logo da concesión da axuda
— 2 prazos de pago: 60% logo da concesión e 40% restante logo da execución do plan
empresarial

Ficheiro adxunto