A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. INCORPORACIÓN DE PERSOAS AGRICULTORAS MOZAS

INCORPORACIÓN DE PERSOAS AGRICULTORAS MOZAS

23 de Xaneiro do 2024

Icono SLG Informa

Queres incorporarte a algunha actividade agraria ou gandeira? INCORPÓRATE CON NÓS! Pasa canto antes polo teu local do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas para realizar a tramitación (antes do 23/03/2024). Máis información: connos@sindicatolabrego.gal e/ou 604 026 536 (podes descargar as bases no pdf ao final da páxina)

PRAZO: Dous meses. Até o 23/03/2024
Novidades:
- Incremento dos importes das axudas de incorporación
- Novas liñas de axuda:
— Axudas de incorporación para maiores de 40 anos
— Axudas específicas para investimentos en almacenamento e xestión de xurros e
estercos
— Axudas específicas para investimentos en pequenas granxas.
- Tramitación exclusivamente electrónica
- Prazo de solicitude de 2 meses [23/03/2024]


INCORPORACIÓN DE PERSOAS AGRICULTORAS MOZAS
- Requisitos:
— Idade entre 18 e 40 anos (ambos incluídos).
— Incorporarse por primeira vez ou nos 12 meses anteriores.
— Cumprir coa condición de Agricultor Profesional nos 18 meses posteriores á data de
establecemento
— Acadar unha renda mínima equivalente ao 35% da renda de referencia.
— Acadar un nivel de capacitación profesional suficiente nos 36 meses posteriores á
data de establecemento.
— Non ter recibido a mesma axuda con anterioridade.
— Presentar un plan empresarial xunto cun plan de produción e de investimentos
- Compromisos:
— Permanecer na actividade agraria 5 anos dende o pagamento final da axuda
— Participar no programa de titorización de mozas levado a cabo pola consellería de
medio rural a través das oficinas rurais.
- Importe da axuda:
Axuda de base de 30.000 € ate un máximo 70.000 € en función dos seguintes criterios:
— Muller: +10.000 €
— Incorporarse en Zona de Montaña ou Rede Natura: +10.000 €
— Incorporarse nunha granxa de agricultura ecolóxica: +10.000 €
— Incorporarse nunha granxa de titularidade compartida: +10.000 €
No caso de incorporarse nunha granxa intensiva a axuda limitarase a 30.000 €
- Xustificación da axuda:
— Prazo máximo de 24 meses logo da concesión da axuda
— 2 prazos de pago: 60% logo da concesión e 40% restante logo da execución do plan
empresarial

Ficheiro adxunto