A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. O litixio xudicial fronte ao desenvolvemento eólico desproporcionado e inadecuado en Galicia non se paraliza

O litixio xudicial fronte ao desenvolvemento eólico desproporcionado e inadecuado en Galicia non se paraliza

27 de Decembro do 2023

Aquí non

Plataformas Veciñais, Grupos Ecoloxistas, Sindicatos e outros colectivos galegos avisan que o fallo do Supremo sobre o parque eólico de Corme non fará decaer a loita xudicial contra o espolio eólico que desafortunadamente está a ter lugar en Galicia e que pon en grave risco o desenvolvemento rural e sostible da nosa terra.

Após a recente resolución do Tribunal Supremo que revoga a sentenza do TSX de Galicia que anulaba a autorización da poligonal eólica Corme G3, ao estimar o recurso presentado pola Xunta e EDP Renovables, o movemento veciñal, social e ecoloxista considera que son numerosas as causas de incumprimento e continuarán pleiteando contra as eólicas.
Dende estes grupos lembran que hai máis de 70 recursos contenciosos-administrativos presentados polas asociacións Petón do Lobo e EE A Galiza “Atlántica e Verde”, entre outras entidades, así coma centos de denuncias de particulares polas afeccións ao patrimonio persoal e á saúde.
Sosteñen que os argumentos xurídicos que fundamentan estes recursos baséanse en diversos aspectos coma o fraccionamento ilícito ou a afectación a zonas naturais protexidas ou ao patrimonio cultural.
Por tanto, que o Supremo non observe que concorran causas de nulidade pola redución á metade do prazo de información pública e porque os informes sectoriais foron solicitados despois do devandito trámite, non invalida en absoluto os diversos aspectos nos que se fundamentaron os demais recursos presentados contra outros proxectos.
Subliñan que son numerosos os argumentos xurídicos para paralizar o espolio e que están dispostos a esgotar todas as vías xudiciais.
No século do ambientalismo e a preservación da natureza é inconcibible que en nome da ecoloxía vaiamos permitir esnaquizar centos de quilómetros de flora e fauna en prol dos intereses económicos de grandes corporacións, que unha vez instalados, non terán a menor preocupación polos graves problemas locais que estas macro instalacións deixarán ao seu paso. Isto non é unicamente un problema de abuso administrativo e litixio xudicial; é un problema de falta de respecto e entendemento á forma de vida que realmente conleva o desenvolvemento sostible e ecolóxico do noso planeta, que lembramos é un dos obxectivos prioritarios para a Axenda 2030 das Nacións Unidas.

APOIAN
• Asociación Petón do Lobo
• EE A Galiza “Atlántica e Verde”
• Asociación Nove Refachos
• Amil sen Eólicos
• Cerdido di Non
• Salvemos o Val de Barcia e o Monte Xalo
• Afectadxs de Paderne
• Asociación A-Legre
• Comuneiros do Chá
• Fundação Montescola
• Veu Polo Aire
• A Ría Non se Vende
• Salvemos Monteferro
• Vento Mareiro
• IEM (Instituto de Estudos Miñoráns)
• Plataforma SOS Groba
• Colectivo Arroutada
• Foi Polo Vento
• Veciñanza de Anca Afectada
• Aire Limpo nas Mariñas Mandeo
• Plataforma Monfero di Non
• Assembleias Abertas Independentistas
• Centro Social Gomes Gaioso (A Corunha)
• Acunhas e Foucelhas Local Social
• Centro social A Pedreira (Ponte Vedra)
• Amigas Das Árbores
• Salvemos A Comarca de Ordes
• Plataforma Galega para a Defensa Animal e da Natureza
• Un Vento Vén
• Asociacion veciñal sociocultural ambiental A Lama vive
• TEXMoeche
• Comité en Defensa das Rías Altas
• Milloelandras
• Plataforma veciñal Mina Touro O Pino non
• A Rente do Chan – PLADEVER
• Plataforma Veciñal Caíño Brancellao
• Unión AnarcoSindicalista (A Coruña)
• Afectados por Eólicos de Vilaboa
• Centro Social Mádia Leva (Lugo)
• Ateneo Libertario Xosé Tarrío (A Coruña)
• SOS Patrimonio Monte do Gato-Seselle
• Centro Social A Hedreira (Lugo)
• Sindicato Labrego Galego- Comisións Labregas
• Asociación Cultural A Galleira (Ourense)
• Plataforma por un monte vivo A Lama
• CMVMC Antas
• Stop Eólicos Xurés-Celanova
• MEL, Movemento Ecoloxista da Limia
• Associaçom Cultural Algaravia (Ourense)
• CSA Casa Colorida (Nigrán)
• Centro Social A Revolta do Berbés (Vigo)
• Asociación de Veciños O Vilar (Lugo)