A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Máis dun cento de entidades ecoloxistas e sociais rexeitan a Axenda Mineira da Xunta por criminalizar a sociedade civil

Máis dun cento de entidades ecoloxistas e sociais rexeitan a Axenda Mineira da Xunta por criminalizar a sociedade civil

20 de Decembro do 2023

Manifestación Minas

Esixen á Xunta a retirada do documento porque vulnera os principios de neutralidade e obxectividade da administración, sendo absolutamente tendencioso. Denuncian que a estratexia da Xunta fomenta o ‘lawfare’ contra as organizacións sociais e ampara unha campaña descarada de proselitismo e propaganda en centros educativos.

Máis de 100 entidades ecoloxistas, veciñais, sindicais, agrarias e do mar veñen de denunciar publicamente a “Axenda de Impulso da Minaría Sostible de Galicia 2030” que lanzou este mes a Xunta de Galicia. Censuran a visión totalmente tendenciosa do documento que criminaliza os colectivos que veñen sacando á luz as ilegalidades do sector mineiro. Para as entidades asinantes, a Axenda evidencia a captura total da Xunta polo lobby mineiro e desacredita a Administración ao vulnerar os principios de neutralidade e obxectividade, polo que esixen a súa retirada inmediata.

Ao longo do documento, noméase repetidamente o “ecoloxismo radical” e o “forte activismo das asociacións ecoloxistas” ou a “utilización da minaría como arma en Galicia” como “ameaza”, mentres se critica a existencia dunha “mobilización social promovida por grupos con intereses moi distintos aos intereses locais e do entorno”, en alusión aos colectivos sociais opostos a determinados proxectos ambientalmente nocivos. Se ben a Axenda indica que para a súa elaboración se mantiveron reunións e entrevistas con representantes de “asociacións ambientalistas”, ningunha das entidades que veñen de censurar o documento participou.

Para os colectivos sociais, a adopción da Axenda Mineira pola Xunta é un ataque frontal ao estado de dereito, pois parte de que a participación social e a cidadanía ambiental activa son unha ameaza para a sociedade. Ao presentar como un problema serio os colectivos ecoloxistas, veciñais, agrarios e do mar que veñen denunciando as ilegalidades das empresas mineiras e da propia Xunta, preténdese claramente socavar a súa lexitimidade e apoio social criminalizándoos. Pola contra, a Axenda omite o impacto ambiental que causan as mineiras, con ducias de expedientes sancionadores afectando tanto á minaría metálica en casos como os Touro, San Finx, Penouta ou Varilongo como a explotacións de lousa, minerais industriais, caliza ou áridos. Boa parte destas ilegalidades saen á luz e acaban por ser sancionadas precisamente pola denuncia de colectivos sociais, ante a pasividade e complicidade da Administración galega, que agora cualifica estes colectivos como unha grande “ameaza”.

O lanzamento da Axenda e esta criminalización da oposición a determinados proxectos mineiros dáse precisamente nun contexto no que tanto as empresas mineiras como o propio lobby veñen utilizando cada vez máis o ‘lawfare’ e as accións estratéxicas contra a participación pública (“SLAPP”, nas súas siglas en inglés) para tentar desmobilizar os colectivos sociais mediante o acoso xudicial. Os colectivos asinantes denuncian este tipo de prácticas utilizadas en casos como os da canteira de Cementos Cosmos en Triacastela, as minas de San Finx e Varilongo ou, recentemente, pola propia Cámara oficial Mineira.

 

Inxección de fondos públicos e promoción da enxeñaría social

 A Axenda desprega un plan meticuloso para influír nas percepcións sociais da minaría, ocultando as súas negatividades e presentando unha imaxe irreal, centrándose sobre todo nas máis cativas. Así, contempla unha “campaña divulgativa nos centros educativos” e a promoción do lavado de cara verde a través do portal de propaganda “Minaría Sostible de Galicia” da Cámara Oficial Mineira. Con estas accións, que tamén inclúen o lanzamento dun “distintivo de sustentabilidade”, a Xunta pretende precisamente desarticular a oposición social procurando silencio fronte as ilegalidades do sector.

A estratexia tamén contempla unha inxección de fondos públicos sen precedentes ao lobby mineiro, encabezado pola Cámara Oficial Mineira, e que xa recibiu millóns de euros para accións de lavado de cara verde nos últimos anos. Desde os colectivos asinantes, demandan que, pola contra, estes fondos se dediquen a fortalecer a capacidade e profesionalidade dos distintos servizos de inspección e control do sector mineiro e á restauración das numerosas explotacións abandonadas que supoñen un risco para a saúde das persoas e dos ecosistemas.

 Entidades asinantes:

1. A de Rousmeri

2. A Jalleira - Asociación forestal e de educación ambiental

3. A Quenlla

4. A Rente do Chan-PLADEVER

5. A Ría Non se Vende

6. Afectad@s pola Mina de San Acisclo en Muras

7. Amigas da Terra

8. Amigas das Árbores de Ourense

9. Arabías Soc. Cooperativa Galega

10. Asociación A Lama Vive

11. Asociación Alarma na Terra de Montes

12. Asociación Ambiental Contramínate

13. Asociación Ambiental e Cultural Tralapena

14. Asociación Amigas das Cegoñas

15. Asociación APEOM

16. Asociación Asemblea do Suído

17. Asociación Avoar

18. Asociación Axóuxere Editora

19. Asociación Cheiros NON

20. Asociación Cívico Cultural Terra de Outes

21. Asociación Cultural Canle de Lira

22. Asociación Cultural Bubela de Abuín

23. Asociación Cultural Charanga Tabernícolas do Leiradal

24. Asociación Cultural Fuco Buxán

25. Asociación Cultural Liceo Mutante

26. Asociación Cultural Lucerna

27. Asociación Cultural Vagalumes da Estrada

28. Asociación Cultural Unha Gran Burla Negra

29. Asociación de Afectados polas Canteiras de Budiño

30. Asociación de Amigos da Dorna Meca

31. Asociación de Crianza Respetuosa Xoaniñas

32. Asociación de Defensa Medioambiental Salvemos Monteferro

33. Asociación de Indignados de Gestoso

34. Asociación de Productores de Mexillón da Pobra do Caramiñal

35. Asociación de Productores de Mexillón de Vilaxoán

36. Asociación de Veciños San Vicente de Niveiro

37. Asociación Eco-social, Cultural e Medioambiental Boca de Sapo

38. Asociación Ecoloxista Arco Iris

39. Asociación Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

40. Asociación Fixing

41. Asociación Galega de Consumidores e Usuarios ACOUGA

42. Asociación Medioambiental e Cultural A Pedra que Fala

43. Asociación Nove Refachos

44. Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)

45. Asociacion pola defensa da Ría de Pontevedra (APDR)

46. Asociación Ridimoas

47. Asociación Sachos á Rúa

48. Asociación Touda

49. Asociación Turístico Comarcal Ría de Muros e Noia

50. Asociación Veciñal de Lentille

51. Asociación Veciñal Grixoa de Esternande-Minas de Varilongo

52. Asociación Verdegaia

53. Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo

54. Ateneo Libertario Pontevedra

55. BerXallas Minaría Destrutiva Non

56. Brexa, Asociación de Custodia do Territorio

57. Biblioteca Maravilhas

58. Central Unitaria de Traballadoras - CUT Galiza

59. Centro de Saberes para a Sustentabilidade

60. Centro Social A Gentalha do Pichel

61. Centro Social A Pedreira

62. Centro Social Mádia Leva

63. Centro Social Fuscalho

64. Colectivo Agrocuir da Ulloa

65. Colectivo Arroutada

66. Colectivo ArteLixo

67. Colectivo Berro Seco na Defensa dos Dereitos e Liberdades

68. Colectivo Capitán Gosende

69. Colectivo O Suído

70. Comisión contra as Minas na Terra Chá

71. Confederación Nacional do Traballo - CNT Galiza

72. Confraría de Pescadores de Noia

73. Confraría de Pescadores de Portosín

74. Cornado Mina Non

75. Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

76. CSA Casa Colorida

77. Ecoloxistas en Acción

78. Federación Ecoloxista Galega

79. Federación Rural Galega (FRUGA)

80. Fridays for Future Santiago

81. Fundação Montescola

82. Greenpeace

83. Instituto Resiliencia

84. Movemento Galego polo Clima

85. Naturgalicia

86. Organización Galega de Comunidades de Montes

87. Plademar Muros-Noia

88. Plataforma anti-minas de Mesía

89. Plataforma Casalonga limpa de residuos

90. Plataforma comarcal contra as verteduras da mina de San Fins

91. Plataforma de Afectados polo Vertedoiro de Miramontes-Santiago

92. Plataforma de Defensa do Sur da Dorsal Galega

93. Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA)

94. Plataforma Galega para a Defensa Animal e da Natureza

95. Plataforma Oro No

96. Plataforma pola Defensa do Monte Neme

97. Plataforma pola Convivencia Ética coa Fauna Silvestre

98. Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro

99. Plataforma pola Recuperación do Sar

100. Plataforma Quixote de Outes

101. Plataforma SOS Suído-Seixo / Minas Albertas Non

102. Plataforma Turonio pola Defensa do Territorio

103. Plataforma Veciñal Mina Touro - O Pino Non

104. Plataforma Veciñal Si a un Rural Vivo

105. Rompamfilas Coletivo Antimilitarista

106. Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo

107. Salvemos a Comarca de Ordes

108. Sindicato Labrego Galego - Comisións Labregas

109. Sinha PACA Plataforma de Activistas Culturais e Artistas

110. Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN)

111. Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins

112. SOS Encrobas

113. Tarabelada Asociación Medioambiental e Cultural

114. The Foundry

115. Zuleiro Grupo de Consumo