A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Esiximos á CMR que aclare cal das contías de pagos da PAC anunciada é a verdadeira, así como o seu desglose

Esiximos á CMR que aclare cal das contías de pagos da PAC anunciada é a verdadeira, así como o seu desglose

12 de Decembro do 2023

PAC2

Saudamos o compromiso público de pago para o mes de decembro realizado pola CMR logo da interpelación do SLG. Reiteramos que as granxas non percibiron o adianto da PAC anunciado pola Consellaría do Medio Rural no mes de novembro

Dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas valoramos positivamente o compromiso público de pago da PAC para o mes de decembro realizado na tarde de onte por parte da Consellería do Medio Rural a través dunha axencia informativa, confirmando que, como responsabelmente advertimos dende o SLG-CCLL, os pagos correspondentes ao presente mes de decembro están inda sen realizar.

Ca vontade de seguir con estas frutíferas dinámicas de traballo conxunto, e en aras de seguir avanzando nunha máis e mellor transparencia da xestión pública dos orzamentos da PAC, solicitamos un desglose pormenorizado dos 44 millóns de euros que a Consellaría di ter abonado xa “en concepto de aportacións da PAC”.

Dita contía, nin se corresponde ca anunciada oficialmente fai un mes, nin ca información que nos están trasladando as granxas que, moi ao contrario, o que notifican é contrariedade e preocupación polas demoras destes primeiros pagos da PAC 2023-2027, cuxo proceso de solicitude, cómpre lembrar, estivo marcado por unha deficiente xestión por parte da propia Consellaría, empeorando as dificultades burocráticas e de xestión, xa de por si complexas abondo, e, polo tanto, incrementando a situación de incerteza e vulnerabilidade económica das granxas galegas.