A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. O SLG insta ao concello da Fonsagrada a recoñecer a propiedade da veciñanza sobre 29 escolas unitarias

O SLG insta ao concello da Fonsagrada a recoñecer a propiedade da veciñanza sobre 29 escolas unitarias

28 de Septembro do 2022

Afonsagrada

Case unha trintena de construcións realizadas en terreos e con materiais aportados pola veciñanza, en risco de privatización. Veciñas/os testemuñan que o prego inicial de condicións incluía o dereito á recuperación do terreo e do inmoble pola comunidade

A Fonsagrada, 28 de Setembro 2022. A inclusión de 29 escolas unitarias de A Fonsagrada no inventario de inmobles municipais a finais do ano 2021 leva meses suscitando polémica e preocupación entre a veciñanza.

Durante os anos 90 a Consellería de Educación cedeu estes inmobles ao Concello da Fonsagrada, e en palabras do propio Concello “estas figuran como ben municipal no catastro”. Aliás, a finais do ano pasado presentouse unha alegación por parte de veciñanza onde se cuestionou esta titularidade, xa que como relata un dos autores destas alegacións “os meus avós donaron a pedra e o terreo para a obra da escola”, e lembra que o prego de condicións da cesión recollía que a veciñanza tiña dereito a recuperar o terreo e o inmoble, ao mesmo precio que o fixera o Concello.

Son numerosas as veciñas/os que teñen documentación neste sentido nas súas casas, e consideran en moitos casos que o Concello está a levar a cabo “unha expropiación dunha propiedade que non lle pertence, co único argumento de que non hai ningunha asociación á que poder vincular estas escolas” .

Así mesmo, a veciñanza critica ao Concello que case un ano despois da presentación de alegacións ainda non teña respostado nada ás personas interesadas, e a día de hoxe non se fixo ningún tipo de actuación nestas escolas.

Dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) solicitamos que con carácter inmediato o Concello informe e escoite á veciñanza, e abra a porta a recuperación da titularidade nuns locais que son propiedade da propia veciñanza xa que como testemuña outras veciñas e veciños “nalgunha parroquia nombrouse unha comisión nos anos 40-50 para a cosntrucción desta casa e as veciñas estaban obrigadas a aporta cuotas aquí chegou a ver embargos por impagos”.