A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. OTAN: Gastar o erario público en armas, asasinar, ensinárnolo pola TV, manipularnos co medo e mercar máis armas cos nosos cartos

OTAN: Gastar o erario público en armas, asasinar, ensinárnolo pola TV, manipularnos co medo e mercar máis armas cos nosos cartos

29 de Xuño do 2022

OTANNON290622

A OTAN é a principal multinacional da guerra. A súa función é perpetuar as dinámicas de espolio colonial a favor de occidente. Máis conflictos nos territorios empobrecidos, máis violencia nas pantallas dos territorios enriquecidos: A morte como produto

A fame severa no mundo está provocada polo espoio de recursos por parte do capital financieiro e das multinacionais dos Estados industrializados, e a acumulación infinita á que se adican para dominar o mundo por medio da fame e do aparato militar. Son ademais os países industrializados os responsábeis do cambio climático e das guerras, polo tanto os que incrementan as fames estructurais. Calcúlase que este ano ducias de millóns de persoas incrementarán as cifras de quenes padecen fame severa. Esta situación provoca miseria, migracións e morte por fame debido ás barreiras dos Estados industrializados á migración.

A Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) é unha organización armada legalizada que acapara máis da metade do gasto militar mundial. As súas intervencións violentas contra a poboación son financiadas con cartos públicos, que en lugar de seren invertidos en sanidade, educación ou na construcción dunha cultura da paz a nivel global, son empregados para manter vivo un escenario internacional pavoroso que permita aos gobernos dos países enriquecidos argumentar que, ou facemos parte desta organización armada, ou serán outras poboacións quenes nos vexan a nós morrer pola televisión.

O maior orzamento militar dos países industrializados é a OTAN. Non podemos permitir como sociedade o incremento do gasto militar, financiamento que debe ser investido na cultura pola paz e da cooperación a favor da humanidade. Estes orzamentos deben ser empregados en repoñer os ecosistemas en todo o mundo -especialmente nos países máis espoliados-, recuperar todas as terras de cultivo para a agroecoloxía e a soberanía alimentaria de cada pobo ou Estado e, se fai falla complementar, que se faga en base á cooperación e eliminando o roubo de recursos. Os orzamentos militares deberían ser empregados para manter unha produción de alimentos para toda a humanidade, garantindo unha dieta suficiente e nutritiva namentras os seus pobos non alcanzan a soberanía alimentaria.

A OTAN emprégase contra as poboacións civís dos territorios onde as élites dos países integrantes da Alianza teñen determinados intereses económicos ou estratéxicos. Á OTAN non é defensiva, é ofensiva. Non entramos na Alianza para defendérmonos de ninguén, de feito polo dagora a organización armada máis grande do mundo é a propia OTAN.

Levamos décadas con cada vez máis conflictos nos territorios espoliados e empobrecidos, acompañada por máis violencia nas pantallas dos territorios enriquecidos -que vai anulando a nosa sensibilidade até non distinguirmos un telexornal dunha película-. No capitalismo, a morte é un produto máis: véndese, mércase e consúmese.

O capitalismo está ao servizo das mercadurías, do inerte; e sacrifica ás persoas e á natureza, á vida. A meirande parte dos conflictos armados activos neste momento no planeta están motivados pola escasez de auga provocada polo quecemento global, a falta de alimentos debida ao acaparamento de terras agrarias, a destrucción do territorio para espolio de minerais cos que desenvolver tecoloxías de control da poboación, etc. Tras destes dramas están os frívolos intereses económicos de empresas privadas, vinculadas todas a unha única oligarquía mundial.

Dende o SindicatoLabrego-Galego Comisións Labregas esiximos a disolución da OTAN e demais estruturas mundiais ou rexionais que procuren fins similares, co obxectivo de iniciar o desarme mundial. Apoiamos tódalas accións e mobilizacións convocadas como protesta polo cumio de gobernos criminais da OTAN que está a ter lugar en Madrid esta semana. Participaremos na concentración convocada para mañá, martes 29, ás 19.30h., na Delegación do Goberno na Coruña.

As sociedades civís de tódolos países queremos que os cartos se gasten en vida, non en morte.