A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Frouma publica a guía 'Manexo de masas vexetais para a apicultura', sobre a importancia das abellas na Galiza

Frouma publica a guía 'Manexo de masas vexetais para a apicultura', sobre a importancia das abellas na Galiza

5 de Abril do 2022

abella e flor

A Asociación Frouma, coa colaboración do Sindicato Labrego Galego, publicou a guía 'Manexo de masas vexetais para a apicultura', baixo a coordinación do noso compañeiro Diego Sánchez. O estudo pon en valor a importancia das abellas como animais imprescindíbeis para a biodiversidade e para a produción de alimentos. Nel analízase a relación das abellas coas plantas, a tipoloxía de meles existentes, os efectos nocivos dos pesticidas e repárase no presente e futuro da apicultura na Galiza, afondando na caracterización das masas e propostas de manexo. O proxecto foi editado a finais de 2021 e conta co financiamento da Deputación da Coruña. Podes descargar a obra premendo na icona que atoparás ao final desta páxina.

Frouma_apicultura

Ficheiro adxunto