A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Xornada de traballo para facer propostas á liña de agroambientais para a venda directa

Xornada de traballo para facer propostas á liña de agroambientais para a venda directa

30 de Novembro do 2021

Non hai imaxe

Para o Sindicato Labrego Galego, conseguir unha axuda a tanto alzado, e non por hectárea, para os pequenos proxectos agrícolas sempre foi unha loita histórica. Conseguimos que se consideren estas axudas a tanto alzado, pero non é o que o SLG propoñía nun inicio, co que queremos enviar alegacións e queremos ter en conta a túa opinión.

 

Precisamos cambiar a proposta da Consellería de Medio Rural, por eso se fas venda e estas ou poderías estar inscrita no SEVEDI, agradecemos que te conectes neste xornada de traballo online que terá lugar este mércores 1 de decembro de 2021 ás 17:00 horas.

Se queres máis información ou inscribirte na xornada, por favor, faino no email derural@sindicatolabrego.gal.

Ficheiro adxunto