A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. As denuncias da veciñanza e dos colectivos de de Contraminacción paralizan as sondaxes ilegais en Castriz

As denuncias da veciñanza e dos colectivos de de Contraminacción paralizan as sondaxes ilegais en Castriz

3 de Xullo do 2021

Sondaxes ilegais

Esta semana recibimos comunicación por parte do xefe do Servizo de Enerxía e Minas da Delegación Territorial da Coruña: “Infórmaselle de que con data 18/06/2021 o xefe territorial iniciou o correspondente expediente sancionador e ratificou a suspensión dos traballos acordada in situ, como consecuencia da visita de inspección realizada o 16/06/2021 polos servizos técnicos desta Xefatura Territorial

Recordar que o pasado 15 de xuño, dende Contraminacción e os colectivos que a integran dábase voz de alerta sobre a actividade ilegal da empresa mercantil CORCEL MINERALS SL que a través da súa matriz EUROBATTERY MINERALS AB, que anunciaba na súa páxina web que ía iniciar unha nova campaña de sondaxes (ver antecedentes).

Foi entón cando se presentaron sendas denuncais na APLU, CONSELLERIA DE INDUSTRIA, CONCELLOS AFECTADOS, POLICIA AUTONOMICA, SEMPRONA solicitando a paralización inmediata dos referidos sondeos, por tratarse de actividades que carecen das preceptivas autorizacións mineira, ambiental e urbanística, e o inicio dos correspondentes procedementos sancionadores contra os infractores.

Sinalabamos ademáis que as sondaxes estábanse facendo nunha zona de “especial valor e alta singularidade ecolóxica”: a zona húmida Braña da Serra. Tamén sinalabamos que ao tratarse de sondaxes inclinadas, poderían afectar acuíferos e reservas freáticas de auga e da existenci de fontes que fornecen fornecen de auga a nove familias do lugar a pouco máis de un quilómetro de distancia.

É indignante que teñan que ser a veciñanza e ás asociacións quenes fagan a labor de vixiancia da legalidade que lle corresponde tanto os concellos coma a administración autonómica.

Asociaciación Petón do Lobo, BerXallas, Coluna Sanfins Minaría Destrutiva, Non, Sindicato Labrego Galego Comisións Labregas colectivos que forman parte de Contraminacción, rede contra a minaría destrutiva de Galiza.