A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. A Sociedade Civil europea denuncia os plans de materias primas da UE que impulsan a minería destrutiva

A Sociedade Civil europea denuncia os plans de materias primas da UE que impulsan a minería destrutiva

10 de Xuño do 2021

Yes to Life No to Mining

O Sindicato Labrego Galego, xunto con máis de 180 organizacións e plataformas de dereitos humanos e ambientais de 36 países, solicitamos á Unión Europea que abandone os seus plans de expansión masiva da minaría no marco dos plans da UE dun “Pacto Verde” (Green Deal) e “Recuperación Verde”.

Na declaración,explicamos por que, se non mudan, os plans da UE aumentarán drásticamente a minaría destrutiva en Europa e no Sur Global, o que é unha mala noticia para o clima, os ecosistemas e os dereitos humanos en todo o mundo.

Coordinados polo Grupo de Traballo europeo da Rede “Si á Vida, Non á Minaría”, as organizacións asinantes da declaración estamos unidas no apoio a unha transición urxente e rápida ás enerxías renovábeis. Porén, depender da expansión da minaría para satisfacer as necesidades materiais desta transición reproducirá as inxustizas, a destrución e os perigosos supostos que están a causar o colapso climático:

Os plans de crecimento da UE e o Green Deal deben priorizar un profundo respecto dos dereitos das comunidades afectadas no Sur Global, que se opoñen á destrución das súas terras, defendendo a agua e as súas vidas. As comunidades afectadas denuncian centos de novos proxectos mineiros para o consumo europeo. A mensaxe é urxente e debe ser escoitado no Norte: si á vida, non á minaría”, indica Guadalupe Rodríguez, referente para minaría en Salva la Selva e persoa de contacto para América Latina da rede global de solidariedade Si á Vida, Non á Minaría /Yes to Life No to Mining YLNM. “

A declaración establece unha serie de medidas que a UE pode tomar para cambiar o rumbo cara á xustiza climática e ambiental, incluíndo o recoñecemento nas leis do dereito das comunidades a dicir NON aos proxectos extractivos non desexados e o respecto ao dereito dos pobos indíxenas ao consentimento libre, previo e informado.

As comunidades que loitan en primeira liña contra a extracción están obrigando a que os minerais fiquen no solo. Isto é fundamental para axudarnos a tomar en serio a circularidade e replantexar a ideoloxía do crecimento. As comunidades teñen dereito a dicir non e farán valer a súa opinión a pesar do lavado verde, a corrución e a represión”, di Joám Evans, da comunidade de Froxán, en Galiza.

Outras recomendacións apuntan ao consumo excesivo de minerais e enerxía da UE, e piden que se establezan objectivos vinculantes para reducir o consumo de materiais da UE en termos absolutos e que as estratexias de decrecimento xusto, e non o “crecemento verde” ou a “disociación”, se sitúen no centro da acción climática e ambiental da UE.

En poucas palabras, temos que reducir drasticamente a cantidade de recursos utilizados e consumidos na UE e pasar a solucións verdadeiramente circulares. A lexislación como o regulamento da UE sobre baterías é un paso na dirección correcta, pero debe ir más alá. A descarbonización do transporte, a descarbonización de todo tipo, de feito, só pode lograrse cunha forte redución da demanda. Temos que reaxustar as nosas prioridades para cumprir os obxectivos climáticos.

Podes descargar o documento completo de Yes to Life No to Mining na icona que atoparás de seguido:

Ficheiro adxunto