O Fouce331 vén de saír do prelo ateigado de temas interesantes: Reportaxes sobre o impacto da Covid 19 no sector vinícola e nos mercados labregos, a nova falcatruada da Consellaría de Medio Rural ao excluír máis de 10.000 granxas das axudas para paliar os impactos da pandemia, a campaña do SLG para acadar unha Política Agraria Común que recoñeza a singularidade da Galiza agraria ou os millóns de euros de fondos europeos que perigan por non xestionarse dende a Xunta.