A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. A mellora da normativa hixiénico-sanitaria para adaptala a pequenos proxectos alimentarios nunha xornada online

A mellora da normativa hixiénico-sanitaria para adaptala a pequenos proxectos alimentarios nunha xornada online

9 de Septembro do 2020

Xornada BOND

A semana que vén, o 17 e o 18 de setembro, o Programa Europeo BOND celebrará unha dobre xornada online para analizar e debater ao redor da normativa hixiénico-sanitaria que rexe no Estado español e que foi aprobada en 2006. Este marco normativo supón un auténtico atranco para os proxectos de produción alimentaria labrega e artesanal que cómpre mudar para non expulsalos do mercado.Se che interesa, podes descargar o programa (en castelán) na icona que atoparás no remate desta páxina ou inscribirte a través do código QR ou do enlace que atoparás no cartaz.

Xornada BOND

Ficheiro adxunto