A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. O III Festival Son Labreg@ celebrarase este ano en Castroverde ao redor do ecofeminismo e a xestión do monte

O III Festival Son Labreg@ celebrarase este ano en Castroverde ao redor do ecofeminismo e a xestión do monte

9 de Septembro do 2019

III Son Labrego

Chega a terceira edición do festival Son Labreg@, organizado pola Mocidade Labrega do SLG. Despois do éxito da segunda edición o ano pasado en Chantada, no cinema Palleiriso, este ano trasladámonos ata A Chave da Noces, en Montecubeiro (Castroverde). Desta vez, a temática que centrará o diálogo e os debates será o ecofeminismo e os montes comunais.

O programa comeza ás 12:00 horas coa mesa debate "Alternativas produtivas no noso monte" coa participación de SLG, Amarelante Sociedade Cooperativa Galega, Ribeiregas, Cabuxa Natur, CMVMC de Froxán e Monte de Carballo.
- Ás 14:00 horas teremos a sesión vermú con TRASDALOMBA.
- Ás 16:30 dará comezo o aberto de billarda por unha banda, e, pola outra teremos o roteiro da memoria histórica en Montecubeiro con Ricardo Polín.
- Ás 18:00 comezarán as actividades lúdicas para as crianzas e o obradoiro, impartido por Xosé Martínez, "Como aproveitar as landras para a nosa alimentación". Á mesma hora tamén comezará a segunda mesa debate: Ecofeminismo e montes comunais. Nesta mesa contaremos con Lara Barros, de Mullme, que nos falará da perspectiva histórica das mulleres nos montes comunais. o Proxecto Batefogo presentaranos o libro "Árbores que non arden: as mulleres na prevención de incendios forestais"
- Ás 21:00 horas teremos a foliada previa aos concertos con Os Amigos do Caldeiro
- Ás 23:00 darán comezo os concertos nos que teremos a: Sacha na Horta, Tecor Societário e @pinchada con sapoconcho sen poncho.
Este 21 de setembro en Montecubeiro, Castroverde, agardámoste!

III Son Labrego