A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 4 de decembro: I FORO LABREGO DE AGROECOLOXÍA

4 de decembro: I FORO LABREGO DE AGROECOLOXÍA

23 de Novembro do 2016

Food Revolution

A Asociación Herbamoura, coa colaboración do Sindicato Labrego Galego e o financiamento da Deputación da Coruña, organiza para o vindeiro domingo, 4 de decembro, o I Foro Labrego de Agroecoloxía, que se celebrará en Betanzos. Alí, a través do diálogo e o intercambio de ideas e experiencias, tentaremos contribuír a afianzar un movemento cada vez máis forte que tenta que a agricultura galega tome vieiros en consonancia con conceptos como a soberanía alimentaria, o respecto ao medio ambiente, a aposta polas producións locais, a relación directa entre a xente labrega e a consumidora ou o facer da alimentación unha fonte de saúde. 

I FORO LABREGO DE AGROECOLOXÍA

DOMINGO 4 DE DECEMBRO DE 2016

Comezo: 10:00 / Remate: 20:00

Lugar: Antigo Matadoiro de Betanzos (zona Ribeira)

Xantar: Leira Longa (comida ecolóxica e local de Carral)

10:00: Presentación da xornada.

10:20: Ponencias: " A Potencialidade da Agroecoloxía da Galiza"

  • Isabel Vilalba Seivane (Sindicato Labrego Galego)
  • Xavier Simón (Do Grupo de Investigación de Agroecoloxía da Universidade de Vigo).
  • Xoán Doldán ( do Grupo de Investigación de Bioeconomía da Universidade de Santiago de Compostela)

11:10: Rolda de preguntas

11:30.- DARLLE A VOLTA

Visibilización de proxectos agroecolóxicos que ou ben mudaron os modos de produción ou son proxectos que naceron da nada, vindo as persoas que os integran doutros sectores.

  • GRANXAS LOUSADA. Granxa multifuncional. (Irixoa)
  • VITICULTORAS DA TERRA. Recuperación viñedos.
  • CARABUÑAS. Conservas e licores con bagas de sabugueiro.

12:00: Rolda de preguntas desta mesa

12:30: DESCANSO

12:50.- EXPERIENCIAS AGROECOLÓXICAS DE TRANSFORMACIÓN 

Visibilización de experiencias que fan transformación ou envasados nas propias fincas ou granxas para a venda directa.

  • AMAYUELAS (Palencia). Aldea agroecolóxica e pequeno matadoiro.
  • COOPERATIVA RIBEIRA DO NAVIA Transformación e venda directa de derivados de froitas e froitos do monte. (Negueira de Muñiz)
  • AMARELANTE SCG. Comercialización e transformación de castaña.(Manzaneda)

13:50: Rolda de preguntas desta mesa

14:15: Xantar de produtos agroecolóxicos

16:00.- ORGANIZACIÓNS SOCIAIS E CONSUMO

Visibilización de organizacións de consumidoras/es, de labregas e labregos que loitan pola Agroecoloxía e a Soberanía Alimentaria.

  • URGENCI INTERNACIONAL (Orgzanición que traballa coas CSA - Community Supported Agriculture)
  • SPG A Gavela. Sistema Participativo de Garantía na provincia de Pontevedra.
  • Mercado da Terra de Lugo. Mercado agroecolóxico autoxestionado.
  • Grupo de consumo Zocamiñoca. Cooperativa de consumo (A Coruña)

17:30: Rolda de preguntas e descanso

18:00.- GRUPOS DE TRABALLO

Contaremos con Rexenerando SCG para axudar coa dinamización e a consecución dos obxectivos da xornada.

RELATORIO FINAL E CONCLUSIÓNS - PECHE DA XORNADA

I Foro Agroecoloxia