O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas estará presente nas mobilizacións e distintas accións convocadas mañá 8 de marzo con motivo do Día Internacional da Muller.
Nin escravas, nin heroínas...mulleres con dereitos xa!
Máis de 300 persoas celebran nunha emotiva xornada en Encrobas os cincuenta anos en pé de loita labrega do SLG-CCLL. Reivindicamos o papel fundamental das persoas labregas na defensa da nosa terra nestes 50 anos, no presente e no futuro
Preocupación nas granxas ante a posibilidade de que a ineficacia da CMR ca EHE acade o nivel de desleixo amosado ca lingua azul. Entre as medidas a activar, solicitamos que tanto a EHE como a lingua azul sexan incorporadas ao Agroseguro da ENESA
O SLG-CCLL celebrará o seu cincuenta aniversario cun evento festivo e reivindicativo que terá lugar este sábado en Encrobas. Con motivo do 50 aniversario o SLG-CCLL lanza unha publicación na que se recollen fitos históricos da loita sindical agraria galega
Hoxe o FEGA publicou os importes unitarios provisionais das axudas do Ministerio solicitadas en base a estimacións previas. Unha marxe de erro de até un 28% evidencia eivas nos cálculos e pon inda máis en risco a situación económica das nosas granxas
Na era da dixitalización, a Consellaría do Medio Rural négase a comunicar incidencias que son penalizadas na PAC
Esixen que as persoas solicitantes estean pendentes de entrar periodicamente nunha aplicación para saber se hai notificacións
Organizacións da CEVC, entre as que se atopa o SLG-CCLL, visibilízanse durante o cumio de ministros/as de agricultura da UE do 3 ao 5 de setembro
Debido á mala planificación da campaña as granxas están tendo que financiar veterinarixs privadxs, incrementando os custos. Continúan as reaccións adversas á vacina na cabana gandeira, sen que se estea a realizar un seguimento rigoroso das mesmas
Sindicatos e colectivos feministas esixen a súa readmisión inmediata e ás administracións que actúen xa para garantir os dereitos das traballadoras e dos residentes
O proceso de conxelación e desconxelación pode afectar á calidade, e distorsionar os prezos a produtoras e consumidoras. As normativas hixiénico-sanitarias dos cebadeiros distan da calidade e benestar animal das granxas de TG e TG Suprema
Iniciamos unha campaña de denuncia sinalando con faixas industrias lácteas que forzaron a última baixada de prezos. Escandalosa ausencia e desleixo da Consellaría, inactiva ante os flagrantes incumprimentos da Lei da Cadea Alimentaria
A descoordinación e falta de información da Consellaría do Medio Rural provoca preocupación e aumento de gastos nas granxas. Sindicato Labrego Galego solicitou en varias ocasións unha xuntanza co Conselleiro José González, que sigue desaparecido
A Consellaría segue desaparecida ante a estratexia de baixada de prezo do leite ás granxas orquestrada polas industrias. Esiximos índices públicos de custos de produción e que se faga cumprir a Lei da Cadea ás industrias que non respectan prezos.
O 11 de xullo dirixímonos á Consellería de Medio Rural solicitando unha xuntanza coa persoa responsábel da área de vacinación animal sen recibir resposta. O protocolo do que fala a CMR debera ser público e as persoas que se encargan da vacinación dos animais, deberan ter informado da súa existencia.
Ao igual que nas campañas precedentes, persisten as reaccións adversas na cabana gandeira vacinada da lingua azul. O SLG-CCLL pide á Xunta de Galicia aclarar o número de animais afectados e traballar na procura de solucións a esta problemática
Alarma entre as granxas de leite pola inacción da Consellaría do Medio Rural fronte á baixada orquestrada polas industrias lácteas. Pedimos aos grupos parlamentarios garantir o cumprimento da Lei da Cadea e prezos que cubran custos e remuneren o traballo
A xuntanza tivo lugar no marco da campaña de denuncia da estratexia de baixada de prezos imposta polas industrias lácteas. Observatorio do Leite Galego, índices de referencia, seguimento da entrada de leite de fóra; algunhas das principais demandas
A DN do Leite do SLG valorará accións informativas e de denuncia dirixidas contra as empresas que abandeiran baixadas. Esta semana manteremos xuntanzas cos grupos parlamentares a fin de trasladar polo miúdo as prácticas abusivas das industrias
Estratexia de legalización da violencia medioambiental da Xunta: decretos que fan legais irregularidades condenadas pola Xustiza. O Decreto 102/2023 permite que empresas e persoas a nivel privado suplan o traballo dos funcionarios/as públicos
Baixada orquestrada polas industrias lácteas mentras a Xunta négase a dar datos oficiais de custos de produción na Galiza. Iniciamos reunións para lanzar unha campaña de mobilizacións para denunciar os abusos ás granxas e ás persoas consumidoras
Reclamamos á Xunta medidas urxentes para acabar cos verquidos contaminantes que están a provocar un drástico descenso na produción de marisco nos principais estuarios.
O SLG solicitou varias veces á Consellaría concretar distintos requisitos da PAC, ao que a administración inda non deu resposta. O RD4/2023 especifica como fin de prazo o 30 de xuño pero a CMR limitouno ao 15/06 e posteriormente aceptou a data do 30/06
Solicitamos información ao concello de Vilalba e pedimos que as persoas afectadas sexan informadas dos seus dereitos. Pedimos a anulación do cobro con carácter retroactivo resultante da diferencia entre o IBI rústico e o IBI urbano
Organizacións sociais alertan do illamento forzoso de traballadoras migrantes sobreviventes dun accidente en Huelva. Esta multinacional de orixe andaluza ten presenza na Terra Chá, onde tamén foron denunciadas vulneracións de dereitos laborais
Foron detectadas velutinas durante o trampeo primaveral, e este mes en colmeas e apiarios, presaxiando un ano complicado. Dirixímonos a Medio Rural e Medio Ambiente para que asuman as súas responsabilidades no control de especies invasoras
A nova conselleira terá que enfrontar as consecuencias das irregularidades cometidas nas autorizacións de proxectos eólicos. Asociacións cidadás de toda Galicia conminan á nova conselleira a acordar un desenvolvemento eólico sostible
Dirixímonos á CMR e á Consellaría de Industria para que aclare os detalles dun suceso que podería terse cobrado vidas humanas. Os aeroxeradores non só atraen, tamén xeran lóstregos. Galiza concentra unha salientábel cantidade de episodios eléctricos
As fortes treboadas destes días provocaron perdas nas colleitas dende o norte até o sur da Galiza afectando a varios sectores. Instamos á Xunta de Galicia a crear un comité centrado no estudo das repercusións do quecemento global no agro galego
A instancias do SLG, a CMR admitiu a agroambiental de economía circular, malia que con menor importe do que solicitabamos. Detectamos que a información non está chegando ás labregas/os. Cómpre incrementar as solicitudes para mellorar esta axuda
O Ministerio de Agricultura ignora a realidade apícola galega establecendo criterios que deixan fóra á maioría de produtoras. Reiteramos a urxencia en que a CMR active unha Mesa da Seca galega e adopte medidas específicas para os nosos apiarios
Dende 2021 vimos denunciando o incumprimento dos ratios de traballadoras e as graves consecuencias para as usuarias. A situación é xa insostíbel dende fai meses, chegando a haber só 7 traballadoras para coidar e atender a 157 persoas dependentes
O texto afonda na desprotección da poboación rural posibilitando a fragmentación eólica e debilitando as declaracións de impacto. Esta Lei situaría aos macroproxectos industriais como principais suxeitos de dereitos sobre o noso territorio e os nosos recursos
No día de hoxe, procedeuse a presentar no Concello de Ribadeo un bo número de manifestacións de desconformidade con esta pretensión da empresa NEDGIA GALICIA SA, do grupo Naturgy. O produto TORDON™ Star, que a empresa pretende aplicar en grande parte do trazado, é un herbicida moi tóxico.
O SLG, unha das máis de 100 organizacións que secundaron onte a manifestación convocada en Lugo por Un Vento Vén. Milleiros de persoas visibilizaron por terceira vez o rexeitamento da poboación das áreas urbanas ao espolio enerxético do rural
Solicitamos activar unha mesa da seca para o sector agrario, plans de aforro hídrico conxuntos e apoios para as granxas. O RD non se axusta á realidade galega. Demandamos facer un traballo específico dende Galiza fronte á seca e á suba de custos
Defendemos a utilidade das pizarras do Navia como reguladoras do cauce hídrico e conservadoras da biodiversidade do río. Dirixirémonos á Confederación do Cantábrico para solicitar que faga pública a información ao respecto de posíbeis actuacións
Pedimos información sobre o procedemento de aprobación simultánea de 77 DIAs en xaneiro e 75 polígonos eólicos en abril. Queremos saber o número de proxectos identificados como fraccionados ilegalmente e de avaliacións externalizadas
Como alertamos dende o SLG-CCLL, a esixencia de beneficios por riba dos 10.000€ deixou fóra a case tódalas granxas de carne. As granxas que conseguiron acceder non dispoñen dun encaixe técnico que permita documentar correctamente a súa tributación
O 26 de abril Rueda anunciou a aprobación en masa de 75 polígonos co único argumento de cumprir prazos administrativos. As súas DIAs foron aprobadas, tamén todas de golpe e condicionadas polos prazos administrativos, o pasado xaneiro
Se as industrias lácteas queren futuro para o sector, que paguen prezos que cubran custos de produción e remuneren o traballo. O incumprimento da Lei da Cadea Alimentaria ou a ausencia de índices oficiais de custos aceleran o peche das granxas galegas
Case dúas semanas despois do verquido de ERIMSA aos afluentes do Tambre ningún organismo contactou cas veciñas. Demandamos o esclarecemento dos feitos acaecidos o 4 de abril, valoración de posíbeis sancións e restitución ás afectadas
Conmemoramos o Día das Loitas Labregas, convocado pola coordenadora La Vía Campesina Internacional dende o ano 1996. A soberanía alimentar e a agroecoloxía xa son o presente, e único camiño para un futuro sustentábel social e medioambientalmente
O deterioro de Doñana provocado polo acaparamento de augas da agroindustria de froitos vermellos alerta á veciñanza luguesa. Canda a rolda de contactos con institucións, as comuneiras valoran iniciar medidas xudiciais ante o a opacidade do proxecto
Publicamos o número 342 do xornal sindical Fouce, correspondente aos meses de marzo e abril. O suplemento PAC recolle cuestións como a condicionalidade, as BCAM, pagos e outras informacións de interese para as granxas
O mercado semanal de San Agustín é un dos poucos puntos de venda onde poder acceder a alimentos frescos ecolóxicos. O Sindicato Labrego Galego vén de solicitar unha xuntanza co concello da Coruña para tratar de reverter esta situación
Os feitos tiveron lugar no día de onte no Concello de Frades. Grazas á denuncia realizada polo SLG, o 112 avisouse aos concellos que poderían estar afectados para que tomen as medidas necesarias.
Como xa advertimos no mes de febreiro, as industrias lácteas forzaron unha baixada o prezo do leite malia á suba de custos. Xunta e Ministerio non actuaron fronte á imposición de contratos á baixa e presentados fóra dos dous meses previos establecidos
Solicitamos unha moratoria para aplicación das novas esixencias, así como exencións para as pequenas e medianas granxas. Demandamos que as granxas non paguen as consecuencias do nefasto funcionamento administrativo desta campaña da PAC
O domingo 26 de marzo ás 12h. na zona da mina. Esiximos a admisión dos recursos e a revocación dos permisos
O evento, centrado en identificar as violencias machistas, ten lugar hoxe e mañá no Centro Sociocultural A Senra de Bergondo. A primeira xornada abordou as múltiples violencias cotiás que afectan ás labregas no eido laboral, educativo e da saúde
Desprazámonos ao encontro bilateral dos gobernos galego e asturiano hoxe en Taramundi para abordar o reto demográfico. Partido Popular e Partido Socialista modificaron leis para acelerar os macropolígonos e impedir que a poboación alegue
Este ano terá lugar o sábado 18 e o domingo 19 de marzo en Bergondo, centrarase na identificación das violencias machistas. Arredor dun cento de mulleres labregas participarán nas actividades formativas, palestras e espazos de convivio
Aportamos probas documentais da presenza de maquinaria e demandamos investigación e que se valoren posíbeis sancións. Entre as irregularidades da mina destacan o incumprimento da Directiva de Augas, Rede Natura e ausencia de licencia municipal
O SLG acompañou a gandarías afectadas na Terra Chá a unha xuntanza co Director Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias. Dende outubro granxas afectadas veén denunciando numerosas problemáticas vinculadas ás deficiencias do saneamento animal
A gandeira de Xunqueira de Ambía e integrante do CC da CEVC, Sonia Vidal, é unha das responsábeis político-pedagóxicas. Do 7 ao 14 de marzo a coordenadora internacional LVC reune en África 70 representantes de 39 países das súas rexións membro
O Sindicato Labrego participará nas mobilizacións convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres en todo o territorio galego. O encontro anual da Secretaría das Mulleres do SLG, o 18 e 19 de marzo en Bergondo, centrarase na identificación das violencias
A Xunta propón eliminar do PEPAC 40M para zonas con limitacións naturais, 11M para cultivos sostíbeis e 7,5M de gasto público total. Esiximos que a cobertura das agroambientais de ecolóxico non se realice a costa de reducir partidas con alto nivel de execución
Ao contrario da celeridade para facilitar megaurbanizacións, o Concello mantén bloqueada a solicitude de Abraira dende o 2019. Este sábado 4 participaremos na concentración de apoio que terá lugar ás 20h. diante da Delegación do Goberno (A Coruña)
A Lei da Cadea permite que Xunta e MAPA interveñan directamente para que o prezo non sexa menor que os custos. Dende o Sindicato Labrego Galego animamos ás granxas a non asinar contratos que impliquen unha baixada de prezos.
O texto foi rexeitado con 13 abstencións e cinco votos en contra dos 27 emitidos
Problemas de funcionamento no MELLES, erros na Orde publicada e escaso prazo de solicitude, principais obstáculos. Esiximos que se manteña a posibilidade de solicitar plans de mellora ás persoas solicitantes da axuda na campaña anterior
O SLG-CCLL organización gañadora no Condado, segunda en Valdeorras e terceira máis votada en Carne de Vacún de Galicia. Loitaremos pola defensa das pequenas e medianas granxas como garantía dun medio rural vivo e unha alimentación saudábel
O SLG-CCLL preséntase este domingo 19 ás eleccións dos Consellos Reguladores e Indicacións Xeográficas Protexidas. O SLG conta co aval de ser unha organización labrega cunha traxectoria histórica de loita sempre a carón das produtoras/es
Denunciamos a distorsión das funcións propias dos órganos de consulta social como o COGAMADS por parte da Xunta de Galicia. Solicitamos saber cantas granxas foron excluídas pola Xunta das axudas á produción ecolóxica nos espazos naturais protexidos
A vogal do SLG no Consello Galego de Benestar solicitou a revisión do caso dunha perceptora de pensión non contributiva. Demandamos a revisión dos expedientes de persoas en situación de vulnerabilidade á que se teña negado a axuda para alugueiro
Reiteramos o cumio de irregularidades que arrodean a xestión administrativa desta solicitude e severa afección medioambiental. A Deputación de Lugo confirma ao SLG que non foi consultada sobre a afección da mina á Reserva da Biosfera Terras do Miño
Demandamos apoio á produción, racionalización da burocracia, transparencia na comercialización, PAC e loita contra a velutina. O SLG activará unha campaña multisectorial para reivindicar á Xunta unha estratexia real de loita contra contra a vespa velutina
Ao igual que sucedeu cas axudas á produción ecolóxica, a Xunta orzamentou de xeito deficiente estes fondos públicos. As estatísticas alertan da falta de relevo xeracional: 6 de cada 10 labregas/os estarán xubiladas no ano 2030
O domingo 19 de febreiro terán lugar as eleccións para renovar 15 Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe e IXPs. Propoñemos unha batería de medidas para que a IXP Vacún de Galicia estea realmente ao servizo das persoas produtoras
Solicitamos entrevista co delegado do Goberno español para esixir o cumprimento de protección da produción de alimentos. Demandamos tamén á Xunta a suspensión de tódalas tramitacións de polígonos eólicos até contar ca nova delimitación
A Xunta privilexia o negocio de empresas multinacionais sacrificando a saúde e a calidade de vida das galegas e galegos. O Sindicato Labrego súmase á convocatoria de manifestación que terá lugar este domingo 29 ás 12h. dende Carral
A Xunta de Galicia debe incrementar o orzamento en 1.259.640€ para cubrir a listaxe completa de beneficiarias do Ministerio. O establecemento de tramos para calcular a axuda é inxusto e xera dúbidas ao respecto da devolución dos adiantos bancarios
Só 26 das 150 granxas que solicitaron a súa conversión á gandaría ecolóxica accederon ás axudas públicas da Xunta. A CMR inda non respostou á solicitude de xuntanza feita polo SLG no mes de decembro e continúan activas as mobilizacións
A concorrencia non competitiva prexudica ás persoas que carecen de equipamento ou con escasa cobertura de rede. O tope máximo de ingresos establecido no Programa Impacto Autónomo 2023 deixaría fóra a case tódalas granxas de carne
O SLG votou en contra do texto presentado no Consello Galego de Benestar Social na sesión do 21 de decembro, na que tamén se acadou a revisión de oficio do complemento de alugueiro. O novo proxecto para a tramitación da Dependencia non soluciona as listas de agarda e recorta prestacións.
O SLG-CCLL vota en contra do texto presentado no Consello Galego de Benestar Social na sesión do pasado mércores 21. Restaura o silencio administrativo, malia ás sentenzas en contra da Xunta, incrementa demoras e non aborda a precariedade.
O conselleiro segue sen asumir responsabilidades, mentindo e buscando excusas para non activar as axudas necesarias. Campaña de mobilizacións para esixir medidas para as granxas discriminadas pola CMR no acceso ás axudas públicas
Avanza a campaña de mobilizacións para esixir medidas para as granxas discriminadas pola CMR no acceso ás axudas públicas. Ás 13h. concentración previa ao debate parlamentario no que se tratará a deficiente xestión destes orzamentos por parte da Xunta
Ao longo da xornada de hoxe estamos celebrando na Casa Común de Rarís (Teo) o VI Foro Labrego de Agroecoloxía. Os comúns como elemento clave para reconfigurar a nosa relación coa terra e o territorio, e avanzar na Soberanía Alimentar
Reiteramos a demanda de activación inmediata dunha moratoria á instalación de polígonos industriais nas Reservas da Biosfera. Solicitamos coñecer a evolución do informe iniciado polo Comité Científico do Programa MaB da UNESCO a finais do 2021
Arredor de 200 produtoras/es acompañaron á SX do SLG no rexistro hoxe en Lugo da solicitude de entrevista co conselleiro. Inicio de campaña de mobilizacións para esixir medidas para as granxas discriminadas pola CMR no acceso ás axudas públicas
Mañá ás 13h. a Secretaria Xeral do SLG-CCLL rexistrará en Lugo a solicitude de entrevista co conselleiro José González Vázquez. Inicio de campaña de mobilizacións para esixir medidas para as granxas discriminadas pola CMR no acceso ás axudas públicas
O Sindicato Labrego esixe ao Director Xeral de Agricultura subsanar a exclusión de 250 granxas das axudas do CRAEGA. A SAU galega inscrita actualmente no CRAEGA é só do 5,15%, moi lonxe do obxectivo do 25% estipulado pola UE para o 2030. Demandamos a activación dunha liña específica de traballo co sector da horta, esencial para fornecer alimentos de proximidade.
Ao encontro asistirán produtores/as de ecolóxico de toda Galiza, este sábado 17 de decembro na Casa Común de Rarís (Teo). Os comúns como elemento clave para reconfigurar a nosa relación coa terra e o territorio, e avanzar na Soberanía Alimentar
É intolerábel que a Administración galega non levase un control do número de solicitudes en relación aos apoios dispoñíbeis. A PAC procura fomentar a agricultura ecolóxica pero a CMR ningunea o sector mentras desvía fondos cara a agroindustria
A documentación do FOGGA confirma que a CMR eliminou as axudas ZLN, tanto para as explotacións de carne como de leite. Esiximos á CMR que devolva os 8 millóns de euros de axudas públicas PAC que até o dagora chegaban a 8.255 granxas galegas
O SLG-CCLL participará mañá nas mobilizacións convocadas en toda Galiza con motivo do Día contra a violencia machista. Instamos ás administracións a reformular estratexias para pór fin tanto á violencia directa como estrutural contra as mulleres
Milleiras labregas/os de toda Galiza ficarán sen un apoio económico contemplado na PAC que viñan percibindo até agora. Denunciamos que as axudas que pretende eliminar a CMR teñen como obxectivo precisamente evitar abandono de terras agrarias
A denegación a unha muller maior que reside dende 1973 na mesma vivenda apunta discriminación deste colectivo vulnerábel. A vogal do SLG-CCLL no Consello Galego de Benestar Social alerta á Valedora do Pobo da posíbel existencia de máis casos
As organizacións convocantes apelan á unidade para conformar unha forza plural que presione para garantir a protección social. Canda a defensa das pensións públicas, a Sanidade ou o Ensino a mobilización procurará fortalecer o apoio ás demandas do SAF
Dobre afección das mulleres rurais: como traballadoras e como usuarias, prexudicadas pola precariedade deste servizo público. Demandamos o fin da externalización da atención á dependencia e a súa incorporación a unha rede pública de coidados
A PAC solicitarase en maio e abril, as/os labregas/os precisamos coñecer os seus requisitos e características antes do 2023. Achegamos calendario de xuntanzas, que darán inicio o vindeiro 15 de novembro en Chantada e terán lugar nas catro provincias
A Coordenadora Europea Vía Campesina reuniuse do 1 ao 3 de novembro na Guarda co SLG-CCLL como organización anfitrioa. 40 persoas integrantes de organizacións europeas analizaron estratexias de fortalecemento interno e da loita labrega
As/os gandeiras/os están recabando apoios para presentar un escrito á CMR denunciando a situación e propoñendo medidas. Solicitan que se concrete á maior brevidade posíbel unha xuntanza co conselleiro do medio rural, José González Vázquez
Feminismos, alianzas, loitas interseccionais, agroecoloxía e decolonización foron algúns dos eixos dos debates de hoxe. Alertouse do retroceso nos dereitos trans e analizáronse estratexias fronte á desvalorización das mulleres e da mocidade
A Coordenadora Europea Vía Campesina reunirase do 1 ao 3 de novembro na Guarda co SLG-CCLL como organización anfitriona. 40 persoas integrantes de organizacións europeas analizarán estratexias de fortalecemento interno e da loita labrega
No mes de abril o TSXG ditaminou eliminar o inciso que excluíu destas axudas á meirande parte das granxas de vacún de carne. As negativa da CMR a acatar a sentenza evidencia o seu interese en destruír o modelo galego de medianas e pequenas granxas
Realizarán unha segunda xuntanza o vindeiro 2 de novembro para articularse e demandar medidas para paliar os prexuízos. Chaman a atención sobre o feito de que algunhas parroquias pasaron súbitamente dun 0% de positividade a un 80%
Reivindicamos a recuperación de froiteiras como unha estratexia imprescindíbel para avanzar cara a soberanía alimentaria. Solicitamos a colaboración cidadá para aportar información que facilite a localización e recuperación destas variedades
As análises e posición política emanadas do seminario internacional "Agroecoloxía ou Barbarie", celbrado no mes de xuño en Compostela foron compiladas a través dun manifesto internacional lanzado simultáneamente polas organizacións participantes o mesmo. Animamos á adhesión de todas aquelas entidades que queiran sumar forzas contra os abusos das corporacións agroindustriais, na defensa da agroecoloxía e pola consecución do dereito á soberanía alimentaria.
A Fiscalía iniciou dilixencias en base á denuncia presentada en agosto polas entidades que integran a plataforma “Por un Monte Galego con Futuro” na que se sinalaba a Xunta como responsábel por inacción do alcance do desastre ambiental causado pola vaga de lumes.
Case unha trintena de construcións realizadas en terreos e con materiais aportados pola veciñanza, en risco de privatización. Veciñas/os testemuñan que o prego inicial de condicións incluía o dereito á recuperación do terreo e do inmoble pola comunidade
Reivindicamos prezos xustos, diferenciación do produto, mesa sectorial, matadoiros comarcais, SAU e apoios económicos. A campaña continuará a desenvolverse nas comarcas galegas.
O vindeiro martes 20 de setembro está convocada unha nova concentración do SLG no Rexistro Civil de Betanzos ás 12:30h. Reivindicamos prezos xustos, diferenciación do produto, mesa sectorial, matadoiros comarcais, SAU e apoios económicos.
Un mes despois de solicitar xuntanza co conselleiro José González Vázquez, o SLG non recibiu ningunha resposta. A alza de custos e seca dificultaron a produción de flor e plantacións de verán, comprometendo tamén os froitos do outono-inverno.
O V Festival Son Labreg@, "Colapsa agora para evitar aglomeracións", terá lugar o 17 de setembro en Visantoña (Santiso). O Concello de Santiso e a Banda-Escola de Música de Visantoña colaboran co Sindicato Labrego Galego nesta edición.
O curso de gandería rexenerativa estase a desenvolver os días 6, 7 e 8 de setembro no local do SLG en Chantada. O 14 de setembro organizarase en Castro de Carballedo unha xornada para promover a incorporación das mulleres aos dereitos económicos do sector agrario.
O SLG-CCLL arranca campaña para demandar solucións institucionais ás problemáticas que afrontan as granxas de carne. Reivindicamos prezos xustos, diferenciación do produto, mesa sectorial, matadoiros comarcais, SAU e apoios económicos
Unha asamblea celebrada este sábado en Loentia confirmou que Directiva e empresa non queren dar información ás comuneiras. A área que presumíbelmente quere acaparar SUREXPORT é empregada arestora para pastos por nove granxas familiares
No Centro Base de Valoracións de Lugo os retrasos para novas valoracións e revisións das presentadas superan os 12 meses. As persoas e familias afectadas afrontan ademais prexuízos administrativos vinculados á non tramitación dos expedientes
Denunciamos ante a Fiscalía e a Valedora do Pobo o desleixo do goberno da Xunta de Galicia ante a vaga de lumes que nas últimas semanas teñen producido graves efectos nos montes e ecosistemas de máis valor de Galicia.
Familias en situación de vulnerabilidade ou con persoas maiores, con discapacidade ou dependentes, concorren na quenda xeral. O SLG-CCLL dirixiuse ao Consello Galego de Benestar Social para apelar á modificación da Orde nas vindeiras convocatorias
Denunciamos a neglixencia da Xunta de Galicia ao non planificar prioridades no uso da auga para producir alimentos. Alza de custos e seca dificultan a produción de flor e plantacións de verán, comprometendo tamén os froitos do outono-inverno
O Sindicato Labrego celebrou hoxe o Congreso do Sector do Viño en Ribadavia, onde se deron cita produtoras/es de toda Galiza. A moda do enoturismo e a conivencia da Xunta cos intereses de grandes empresas do sector encareceu o prezo das terras
Rolda de prensa conxunta do SLG-CCLL e OVICA para denunciar erros e discrimacións do vacún, ovino e caprún no RD428/2022. A meirande parte das granxas afectadas son pequenas e medianas, excluílas é un xeito de empeorar o abandono do medio rural
Xa está na rúa o número 339 do xornal sindical Fouce, correspondente aos meses de xullo e agosto. As recentes mobilizacións en demanda de prezos xustos para o agro que tiveron lugar na comarca da Limia, as últimas actualizacións ao respecto da invasión eólica, o seminario internacional "Agroecoloxía ou barbarie. Como nos maltrata a agroindustria" coordenado polo SLG-CCLL en Compostela e a participación en distintas mobilizacións sociais convocadas nestes últimos dous meses son algúns dos temas abordados.
O goberno galego non foi capaz ou non quixo activar todos os medios, previstos no PLADIGA, para facer fronte aos incendios máis catastróficos. En setembro deberá comezar o debate para lograr un consenso social sobre os cambios precisos no modelo de prevención, que ten que implicar mudanzas importantes para que non se repita.
Dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) pedimos que o Conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez, dea a cara ante o sector. Demandamos que se corrixa na propia orde publicada o pasado venres 22 de xullo no DOG os prazos para achegar documentación e, en todo caso, que os 10 días comecen a contar dende a publicación do listado.
O Sindicato Labrego Galego participará nas mobilizacións convocadas en Santiago de Compostela hoxe, 25 de xullo. Só a soberanía dos pobos pode situar a Vida no centro. Por unha Administración pública ao servizo da cidadanía e non do capital.
A perda dun ou dos dous crotais dun animal implican tempo, gastos, penalizacións na PAC e outras medidas administrativas. O SLG-CCLL solcitará reunirse coa Consellaría do Medio Rural para que recupere a calidade destes identificadores animais.
Campaña estatal da Alianza Enerxía e Territorio dirixida ao MITECO con destacada participación dos colectivos galegos. Máis da metade dos parques industriais en RB están na Galiza (1.212 eólicos). Están tramitándose 608 aeroxeradores máis
Mobilización unitaria esta mañá en Ourense para esixir medidas inmediatas que garantan prezos por riba de custos de produción. A Xunta de Galicia aboca á cidadanía galega á dependencia de alimentos industriais traídos de fóra a prezos desorbitados
A OTAN é a principal multinacional da guerra. A súa función é perpetuar as dinámicas de espolio colonial a favor de occidente. Máis conflictos nos territorios empobrecidos, máis violencia nas pantallas dos territorios enriquecidos: A morte como produto
Demandamos asistencia legal e sanitaria de calidade para as persoas sobrevivintes da brutalidade policial en Melilla. Esiximos ao Goberno español acelerar a identificación das víctimas, garantía de repatriación e reparación ás familias.
Matadoiros e operadores están obrigando a asinar contratos con prezos por embaixo de custos incluíndo textos que din o contrario. Os abusos increméntanse por mor da deixadez da CMR para activar mecanismos de control e sancións para garantir os prezos
“Agroecoloxía ou barbarie. Como nos maltrata a agroindustria”, xornada no Centro de Interpretación de Belvís (Compostela). O GT de Migración e Traballo Rural da CEVC prepara dende Galiza unha campaña internacional contra a agroindustria
Acción reivindicativa ás 17.45h. de hoxe, martes 21, nas instalacións de Surexport no Arneiro (Cospeito; Lugo). "Agroecoloxía ou barbarie. Como nos maltrata a agroindustria", xornada aberta, mañá no Centro de Interpretación (Belvís).
Compostela acollerá ao Grupo de Traballo de Migración e Traballo Rural da Coordenadora Europea Vía Campesina. Agroecoloxía ou barbarie. Como nos maltrata a agroindustria”, xornada aberta, mércores 22 no Centro de Interpretación (Belvís).
O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas acollerá dende o vindeiro martes 21 de xuño unha delegación internacional da Coordenadora Europea do movemento labrego mundial La Vía Campesina (CEVC), da que o SLG-CCLL forma parte.
Manifestación o domingo 5 de xuño, ás 12.00h. en Santiago de Compostela, convocada pola coordenadora “Eólica así non”. Marco legal de 1997, falsas moratorias, bloqueo do COGAMADS e sentenzas condenatorias evidencian a conivencia da Xunta co oligopolio enerxético.
A Coordinadora Eólica Así Non acada a adhesión de 217 entidades e plataformas galegas de diferente índole (ecoloxistas, veciñais, culturais, sociais, sindicais, políticas…) que se botarán ás rúas de Compostela o vindeiro domingo, 5 de xuño, Día Internacional do Medio Ambiente, para reclamar un modelo enerxético xusto coa sociedade galega e sustentábel co medio ambiente
A CMR confirma que as granxas seguen vendendo a perdas: 6,20€/kg custos de produción fronte aos 5,20€/Kg prezo de venda. O SLG desenvolve campaña de asembleas para informar dos termos do Protocolo, do seu incumprimento e valorar accións.
Nos días previos á segunda manifestación nacional contra os macroeólicos, a conselleira bloquea este órgano medioambiental. Solicitamos novamente a inclusión das demandas realizadas na anterior xuntanza e eliminación dos artigos 6 e 7 do RD 6/2022
A segunda empresa que máis leite ecolóxico recolle na Galiza manten estancados á baixa os prezos de compra ás granxas. O sector, maioritario na produción ecolóxica en todo o Estado, baralla accións contra Leite CELTA e a grande distribución
Rexistramos solicitude na Consellaría de Cultura, no marco dunha campaña estatal na que tamén nos diriximos ao Ministerio. Mañá, 20 de maio, é o Día Mundial da Apicultura, co que a ONU destaca o seu rol fundamental no mantemento da biodiversidade
O BOE recolle o Real Decreto 374/2022, de 17 de maio, que modifica as condicións de contratación no sector lácteo. Nin a Consellaría do Medio Rural nin o Ministerio de Agricultura proporcionan a información imprescindíbel para calcular o prezo
A CMR excluíu a máis da metade das granxas de vacún de carne galegas. A maioría delas teñen como titular a unha muller. A Xunta derivou fondos públicos cara grandes explotacións tachando o modelo maioritario tradicional na Galiza de “inviable”.
Alertan do estancamento de prezos baixos de industrias como Celta e demandan un prezo de partida de 55 cts/l máis calidades. Solicitan garantir a compra para centros públicos, promoción específica, medidas para cubrir custos e frear a caída prezos.
A CMR pretende reducir as reunións a unha por ano e non garante que os prezos sexan tidos en conta para analizar o sector. Solicitamos igualar o número de vogalías das organizacións agrarias ao das industrias, axente que presiona a cadea láctea.
Animamos á participación nesta campaña para visibilizar a oposición social ao extrativismo salvaxe no noso medio rural. Petón do Lobo fornece modelos online para alegar ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO)
Solicitamos limitar a carga burocrática e ter en conta os aportes sociais e medioambientais das pequenas e medianas granxas. Expresamos a nosa preocupación polo plantexamento adaptado ao modelo agroindustrial subxacente no borrador do RD.
A Asociación Frouma, coa colaboración do Sindicato Labrego Galego, publicou a guía 'Manexo de masas vexetais para a apicultura', baixo a coordinación do noso compañeiro Diego Sánchez. O estudo pon en valor a importancia das abellas como animais imprescindíbeis para a biodiversidade e para a produción de alimentos. Nel analízase a relación das abellas coas plantas, a tipoloxía de meles existentes, os efectos nocivos dos pesticidas e repárase no presente e futuro da apicultura na Galiza, afondando na caracterización das masas e propostas de manexo. O proxecto foi editado a finais de 2021 e conta co financiamento da Deputación da Coruña. Podes descargar a obra premendo na icona que atoparás ao final desta páxina.
O SLG-CCLL debullou hoxe en rolda de prensa a falta dun compromiso real que se desprende do Protocolo presentado. "O que precisamos son números, non letras”, resumiu a gandeira do SLG-CCLL Mari Carme López Varel.
É intolerable que o texto non aborde ningunha das cuestións clave: nin prezo, nin custos, nin compromisos da Industia. Denunciamos a posta en escena protagonizada pola CMR e UUAA para simular un peche en falso que desmobilice ao sector.
Unidade de acción para urxir a un cambio de modelo que poña fin á destrución das granxas e garanta a calidade dos alimentos. A Secretaria Xeral do SLG-CCLL animou a sumar forzas para acadar a Soberanía Alimentaria e a Soberanía Enerxética.
Unidade de acción das organizacións agrarias e presentación de táboa reivindicativa conxunta ás administracións galega e estatal. Urxen a un cambio de modelo que poña fin á destrución das pequenas e medianas granxas e garanta alimentos de calidade.
A folga de transporte está a afectar máis intensamente á Galiza, a Xunta debe pór tamén medidas, non pasar a pelota ao Estado. Estamos en contacto con outras organización do sector para conseguir a convocatoria inmediata do gabinete de crise.
A ampliación, proxectada en plena Rede Natura dentro dunha RB, non conta con avaliación ambiental, nin estudo hidrolóxico. En canto coñecimos a tramitación da nova ampliación mineira, rexistramos alegacións alertando das múltiples irregularidades
Malia que o sector do transporte garantíu o subministro de alimentos, algunhas industrias ameazan con non recoller o leite. Valoramos iniciar medidas legais contra aquelas industrias que non se responsabilicen do leite que se neguen a recoller
Aumenta a oposición aos máis de medio cento de aeroxeradores do Caíño-Brancellao, da multinacional italiana Enel Green Power. Afecta Boimorto, Curtis, Vilasantar, Frades, Mesía, Ordes, Carral, Aranga, Curtis, Oza-Cesuras, Sobrado, Abegondo e Guitiriz.
A chegada de penso para alimentación animal e a apertura dos matadoiros, urxente para evitar o colapso das granxas galegas. Opoñémonos a respostas curtopracistas que afondan inda máis no modelo capitalista que nos levou á grave situación actual.
O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas estará presente nas mobilizacións e distintas accións convocadas mañá 8 de marzo con motivo do Día Internacional da Muller.
Nin escravas, nin heroínas...mulleres con dereitos xa!
Chamamos á unidade dos feminismos, a pór en valor a nosa diversidade e a refortalecernos loitando nos espazos comúns. Esiximos o fin da normalización do empobrecemento social masivo como resposta política a medida do capitalismo neoliberal
Dende o SLG animamos ás granxas de leite a que revisen ben os contratos e que vexan as opcións que hai neste momento. Contratos referenciados a uns índices de Estados da UE difíciles de seguir e a aplicación de fórmulas complexas agravan a incertidume no sector
Rolda de prensa conxunta das organizacións agrarias galegas para presentar análises e propostas que poñan fin dunha vez por todas á venda a perdas das granxas produtoras de leite.
O Sindicato Labrego Galego Galego, a asociación Petón do Lobo, Fundación Montescola, e Ecoloxistas en Acción Lugo, canda outros colectivos da Rede Galega Contra a Minería destructiva da Galiza, Contraminacción e entidades e asociacións ambientalistas da Terra Chá, como Espazo Agroecolóxico, A Estruga e Terra Chá Sostible, veñen de presentar alegacións contra a aprobación do proxecto de explotación e o plan de restauración da explotación de recursos mineiros da sección C) de ampliación a San Acisclo número 4076, situada no termo municipal de Muras (Lugo), da promotora Materiales Cerámicos Materias Primas SL.
Demandamos ao Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico e á Deputación de Lugo que soliciten ao Consello Científico -órgano asesor da UNESCO e dependente do Organismo Autónomo Parques Nacionales (OAPN), entidade responsábel de asegurar o correcto funcionamento da rede de biorreservas do Estado español-, un informe detallado ao respecto dos impactos que implicaría a macrocentral hidroeléctrica que o grupo aragonés Alatalaya Generación quere construír na Rerserva da Biosfera Terras do Miño.
A gandeira e Vicerresponsábel do Sector Leiteiro no Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), Ana Rodríguez, e o coordenador do sector, Xulio Fernández, participaron na mañá de hoxe canda outras organizacións agrarias nunha xuntanza co conselleiro de medio rural, José González Vázquez, para abordar a activación urxente de medidas que poñan fin á venda a perdas no sector lácteo.
O Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas dirixiuse no día de hoxe á Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, para formular unha reclamación contra a Presidenta do Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel (COGAMADS), a conselleira de medio ambiente Ángeles Vázquez, polas flagrantes irregularidades protagonizadas durante a última sesión do mesmo. Asemade, o vogal do SLG-CCLL no COGAMADS, Diego Sánchez Agra, solicituou tamén hoxe formalmente unha nova xuntanza do Consello Galego de Medio Ambiente, a fin de subsanar as lamentábeis deficiencias que se puxeron de manifesto durante a última sesión.
O Sindicato Labrego Galego - Comisións Labregas segue insistindo en que esta é outra oportunidade perdida para mudar a PAC: Todo segue igual e Galiza sae perdendo novamente nos seus sectores principais.
As persoas xubiladas de todo o Estado español van volver saír á rúa o próximo sábado día 12 de febreiro. Na Galiza, o Movemento Galego en Defensa das Pensións e os Servizos Públicos (MODEPEN) ten convocado dúas manifestacións: unha no sur, en Cangas do Morrazo, e outra no norte, en Ribadeo.
Dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) e a Asociación Petón do Lobo damos a voz de alarma e manifestamos a nosa absoluta oposición ao proxecto da central hidroeléctrica Xistral (936 MWE), que o grupo de explotación enerxética aragonés Alatalaya Generación -con negocio tamén no sector eólico e fotovoltaico- ameaza con instalar nos concellos de O Valadouro, Ourol, Alfoz, Cervo e Xove (Lugo).
Nestas semanas está a ter lugar no seo do Consello Económico e Social de Galiza (CES) o proceso de debate e emendas do denominado “Anteproxecto de Lei de Mellora da Xestión do Ciclo Integral da Auga”, o cal modifica a Lei 9/2010 de Augas de Galicia. Este ditame do CES será remitido á Xunta de Galicia, para a súa posterior tramitación como Lei no Parlamento Galego, puidendo ter incorporado as achegas formuladas polo CES, ou non.
Denunciamos que logo de case dous meses, a Consellaría do Medio Rural sigue impedindo, ca súa deixadez e inoperatividade estratéxica, a adopción de medidas para afrontar a grave crise pola que pasan as produtoras e produtores de vacún de carne, na súa inmensa maioría granxas familiares.
Participamos no proceso de elaboración da estratexia de dinamización do sector cárnico en Galicia, coordinada pola Fundación Juana de Vega, en colaboración da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.
SLG-CCL, ADEGA, FEG e SGHN censuraron o comportamento da Conselleira e solicitaron a convocatoria urxente dun pleno extraordinario do Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel.
O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) desenvolveu a décima edición das Xornadas de Granxas Abertas, desta volta na comarca da Ulloa.
Dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) queremos expresar a nosa preocupación pola frivolidade ca que certos sectores están a instrumentalizar as declaracións críticas cas macroexplotacións intensivas realizadas recentemente polo Ministro de Consumo, Alberto Garzón, a un medio británico.
O Sindicato Labrego Galego presentou mocións en todos os concellos da comarca do Deza-Tabeirós para demandar a súa implicación activando medidas de apoio ao sector leiteiro galego, e sumando forzas canda o sector produtor no traslado das súas reivindicacións á Consellaría do Medio Rural.
Arredor dun cento de gandeiras e gandeiros do sector vacún de carne acudiron na mañá de hoxe a Lugo para participar na asemblea convocada polo Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas co obxectivo de analizar a situación do sector e tomar decisións para demandar un apoio real por parte da Consellaría do Medio Rural.
O Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas amosa a súa preocupación e desconformidade ca ordenanza aprobada polo concello ourensán Castrelo do Val que establece restricións ao paso, estancia e tránsito do gando polo casco urbano.
A Reserva da Biosfera Terras do Miño, e a Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá comprometéronse, a instancia do Sindicato Labrego Galego, a solicitar á Xunta de Galicia unha moratoria que paralice de xeito inmediato os parques eólicos actualmente en tramitación.
O feito de que siga a haber primeiros compradores que teñen deixado impagos é responsabilidade directa da Xunta de Galicia. Algunhas destas industrias lácteas contan mesmo con condenas previas por esa mesma infracción, como é precisamente o caso da actual propietaria de Tegestacín, a familia Sangiao, condenada por impagos ás gandeiras e gandeiros que subminstraban o leite a Lácteos Tambre.
O Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas estará este domingo 19 de decembro apoiando a manifestación convocada polas traballadoras do Servizo de Atención aos Fogares (SAF) ás 12h. con saída dende a Alameda de Santiago de Compostela.
O Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas convoca ao vacún de carne galego a unha asemblea sectorial o vindeiro luns 20 de decembro ás 11.30H no Salón de Actos do Edificio Sindical (LUGO) para analizar a situación do sector. Seguidamente terá lugar unha mobilización ás 13.30H diante do edificio da Xunta de Galicia (Lugo).
A principios do mes de marzo por iniciativa da Asociación Ambiental Petón do Lobo e colectivos da Rede Galega Stop Eólicos iniciouse esta petición de ditame dirixida ao Consello da Cultura Galega
O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) celebrou hoxe o seu X Congreso en Vilalba (Lugo) baixo o lema "Máis labregas, mellores alimentos. A vida das persoas e do planeta no centro". A gandeira de Lourenzá (Lugo), Isabel Vilalba Seivane, Secretaria Xeral dende o ano 2012, foi reelixida no seu cargo para o novo período.
O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas presentou hoxe quince novas alegacións ao Real Decreto polo se establecerán as normas para a nutrición sostíbel nos solos agrarios.
O vindeiro domingo 12 de decembro o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) celebrará o seu X Congreso en Vilalba (Lugo) baixo o lema "Máis labregas, mellores alimentos. A vida das persoas e do planeta no centro".
O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) alerta do risco de que as modificacións da Lei da Cadea Alimentaria aprobadas na última hora da tarde de onte no Congreso español non abonden para garantir a cobertura dos custes de produción.
O Sindicato Labrego Galego continua coa campaña de presentación de mocións en todos os Concellos galegos nos que a produción láctea é representativa e moi importante desde un punto de vista económico.Hoxe presentamos en rexistro a moción para que poida ser debatida no Pleno do Concello de Chantada que se vai celebrar mañá.
O Sindicato Labrego Galego inicia no Concello de Arzúa unha campaña de presentación de mocións en todos os concellos galegos nos que a produción láctea é representativa e moi importante desde un punto de vista económico.
Para o Sindicato Labrego Galego, conseguir unha axuda a tanto alzado, e non por hectárea, para os pequenos proxectos agrícolas sempre foi unha loita histórica. Conseguimos que se consideren estas axudas a tanto alzado, pero non é o que o SLG propoñía nun inicio, co que queremos enviar alegacións e queremos ter en conta a túa opinión.
Para o Sindicato Labrego Galego, conseguir unha axuda a tanto alzado, e non por hectárea, para os pequenos proxectos agrícolas sempre foi unha loita histórica. Conseguimos que se consideren estas axudas a tanto alzado, pero non é o que o SLG propoñía nun inicio, co que queremos enviar alegacións e queremos ter en conta a túa opinión.
A Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, participou onte en Madrid nunha xuntanza co Secretario Xeral de Agricultura e Alimentación, Fernando Miranda Sotillos, na que esixiu canda representantes doutras organizacións agrarias do Estado medidas inmediatas de apoio ao sector leiteiro.
A Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, desplazarase a Madrid o venres 26, para manter unha xuntanza co Secretario Xeral de Agricultura e Alimentación, Fernando Miranda Sotillos, na que esixirá medidas inmediatas de apoio ao sector leiteiro que freen de xeito urxente a desaparición de milleiros de granxas na Galiza.
Dende a Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) e o movemento labrego internacional La Vía Campesina (LVC), neste día 25 de Novembro, Xornada Mundial pola eliminación da violencia contra as mulleres, animamos a seguir unindo forzas e loitando por sociedades conscientes e ceibes, sen explotación das mulleres e da natureza. Do mesmo xeito, denunciamos o sistema capitalista, heteropatriarcal, racista e colonizador que explota, oprime e atenta contra a vida das mulleres e da humanidade.
Fronte á situación de absoluto abandono administrativo das nosas granxas, iniciamos hoxe unha CAMPAÑA DE DENUNCIA E BOICOT DAS MARCAS COMERCIAIS DAS INDUSTRIAS QUE SE NEGAN A PAGAR O LITRO DE LEITE A PREZOS QUE CUBRAN OS CUSTOS DE PRODUCIÓN. Estas mobilizacións e a busca do apoio das persoas consumidoras continuarán nas seguintes semanas noutras cidades e vilas galegas.
O Sindicato Labrego Galego comparte as análises e a diagnose que levaron ás organizacións sindicais de clase CIG, CCOO e UGT a convocar a Folga Xeral comarcal do próximo 17 de novembro, en contra do abandono e a desatención por parte dos poderes públicos das reiteradas demandas da cidadanía mariñá na situación de crise industrial, económica e social que atravesa a comarca.
O Sindicato Labrego Galego convoca a todo o sector leiteiro galego a continuar cas mobilizacións. Iniciamos unha CAMPAÑA DE DENUNCIA E BOICOT DAS MARCAS COMERCIAIS DAS INDUSTRIAS QUE MÁIS ESTÁN A PREXUDICAR ÁS GRANXAS GALEGAS: aquelas que se negan a pagar o litro de leite a prezos que cubran os custos de produción.
O pasado 7 de outubro o Boletín Oficial da Provincia de Lugo recollía o anuncio de dous novos megaparques eólicos máis: Parque Eólico Mistral de 100,8 MW e infraestrutura de evacuación na provincia de Lugo (solicitado por GREENALIA WIND POWER MISTRAL S.L.U), e o Parque Eólico Nordés de 67,2 MW e infraestrutura de evacuación nas provincias de A Coruña e Lugo (solicitado por GREENALIA WIND POWER NORDÉS S.L.U. ).
A voceira do Congreso Nacional Indíxena (CNI) mexicano Mª de Jesus Patricio, Marichuy, e a integrante da Asamblea de los Pueblos Indígenas del Istmo en Defensa de la Tierra y el Territorio Nisaguie Abril Flores, estarán en Touro, Compostela e Vigo o martes 16 e o mércores 17 de Novembro
O actual proxecto de drenaxe integral debe estar incorporado a un verdadeiro plano de restauración e ter como obxectivo único asumir os pasivos mineiros e resolver o problema de contaminación existente actualmente derivado da anterior explotación e desligarse de calquera futuro proxecto que se poida presentar para a explotación mineira porque a restauración é previa a calquera novo proxecto de explotación, conforme á directiva europea
O Sindicato Labrego Galego manterá unha dinámica de unidade ante as protestas do prezo do leite, malia o desmarque de Unións Agrarias que non atende a proposta que o SLG lle realizou a semana pasada. Asemade, iniciará unha campaña informativa para buscar a complicidade das persoas consumidoras ante os abusos de Lactalis e outras empresas con prácticas abusivas -como manter os prezos por debaixo de custos de produción-. O SLG anima a produtoras e produtores e ao conxunto da sociedade a participar nas mobilizacións e actos reivindicativos en defensa do sector.
O Sindicato Labrego Galego, integrante do Movemento Galego pola Defensa das Pensións e os Servizos Públicos (MODEPEN) participará na manifestación convocada para este sábado 13 de novembro ás 12h en Santiago de Compostela, mobilización que será levada adiante simultaneamente en numerosas capitais de todo o Estado.
O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico realizará, por unha banda, un informe conxunto sobre as incidencias dos parques eólicos nas Reservas de Biosfera, e, por outra, un estudo sobre a viabilidade de instalacións eólicas, fotovoltaicas e termo solares -incluído o seu repotenciamento- e infraestruturas asociadas en territorios declarados Reserva da Biosfera no Estado español.
O pasado xoves, 28 de outubro, a asemblea do sector lácteo do SLG convocada en Lugo acordou, entre outras cousas, construír alianzas e unidade de acción asentadas en base a uns mínimos que eviten a ilusión de que unha mobilización puntual pode resolver este problema.
Importando as mesmas estratexias de identificación de resistencias locais empregadas dende fai décadas para a explotación de recursos naturais nos países en vías de desenvolvemento, están a ser varias as multinacionais enerxéticas que, a través de consultoras medioambientais ao seu servizo, están a contactar aos colectivos que informamos, denunciamos e nos opoñemos á invasión eólica do medio rural galego.
O Sindicato Labrego Galego vén de presentar alegacións contra o“Proxecto de drenaxe integral da concesión de explotación San Rafael n.º 2.946”, na parroquia de Touro (San Xoán), nos termos municipais de Touro e O Pino (A Coruña).
Na asemblea convocada onte en Lugo polo Sindicato Labrego Galego, gandeiras e gandeiros analisaron a situación crítica para o sector do leite, cun futuro no que se preven aínda máis e maiores subas nos custos de produción e o imobilismo de boa parte da industria, que se nega a reflectir esas subas no prezo pagado ás granxas.
Comunicado da RGSE - A semana pasada tivemos coñecemento das modificacións legais que a Xunta de Galicia di que vai introducir no sector eólico. Dende a Rede Galega Stop Eólicos (RGSE) queremos alertar de que estas modificacións non van servir para afrontar os problemas que supoñen os proxectos eólicos que están en tramitación ante a Xunta na Galiza e ante o Ministerio en Madrid.
Solicitamos oficialmente que sexa posto a disposición da cidadanía nas oficinal municipais información do proxecto eólico Mistral que ameaza aos concellos de Xermade e Guitiriz na Terra Chá.
Este xoves 28 de outubro o Sindicato Labrego Galego convoca ao sector lácteo galego en Lugo para poñer en común os problemas tan graves que estamos vivindo, e decidir entre todas as persoas que accións podemos levar adiante. Esta encontro, baixo o lema-denuncia “Nin PREZOS nin PAC”, terá lugar de 11h a 14h. no Salón de Actos da Casa Sindical de Lugo.
Canda a Asociación Galega contra o Maltrato a Menores AGAMME e outras organizacións sociais do país emitimos un comunicado conxunto para solicitar a acción institucional fronte a unha sentenza de custodia que discrimina a unha nai que vive no rural galego.
Dúas representantes da Rede Galega Stop Eólicos (RGSE), Margarida Prieto Ledo (SLG) e Bruno Centelles (SOS Groba e Instituto de Estudos Miñoráns ), denunciaron en rolda de prensa en Santiago de Compostela a situación de emerxencia social na que se atopa o noso país diante da invasión eólica da que está a ser obxecto o medio rural galego.
Diante do previsíbel peche das negociacións sobre a aplicación da próxima Política Agrícola Común no estado español, o Sindicato Labrego Galego quere facer constar que os indicios, na forma dos documentos publicados até o de agora, sinalan con claridade para un Plano Estratéxico mui discriminatorio cara a Galiza.
Margarida Prieto Ledo, vogal do Consello Galego de Benestar Social (CGBS) en representación do Sindicato Labrego Galego, denunciou no pleno celebrado na mañá de hoxe a falta de transparencia deste órgano, que rexeitou xa en dúas ocasións atender solicitudes directas de información sobre cuestións como a Lei de Dependencia, o modelo de residencias ou a adxudicación de fondos europeos Next Generation. Logo de que a vogal do SLG reiterara estas solicitudes de información, o CGBS comprometeuse a tratar estes temas no pleno que terá lugar o vindeiro mes de novembro.
Na Comisión Contra as Minas na Terra Chá vimos de ter noticia de que dende hai uns días se están a realizar labores mineiras sen permiso en terreos da parroquia de Goá, en Cospeito. Ao tempo fomos informadas de que Erimsa está a ofrecer contratos de arrendamento a veciñas da zona do Arneiro, na mesma parroquia.
O Sindicato Labrego Galego apoia a manifestación do 17 de outubro en Viveiro convocada polas entrais sindicais de clase na que se vai demandar unha resposta das administracións públicas para frear revertir a dinámica de retroceso económico e laboral que se vive na Mariña.
A Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, a responsábel de Política Agraria Común no SLG, Ana Rodríguez e Adolfo Cabarcos, membro da Executiva Nacional e da Dirección da carne do SLG, denunciaron en rolda de prensa en Santiago de Compostela que as propostas para a nova PAC presentadas esta semana polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación supoñen “un absoluto desastre para Galiza”.
O venres 1 de outubro tivemos xuntanza da Secretaría das Mulleres en Xunqueira de Ambía. Analizamos cuestións como as dificutades e vantaxes de ter un proxecto no rural como mulleres labregas.
Demandamos que as medidas preventivas e os criterios para as indemnizacións por ataque de lobo se axeiten a nosa realidade. Non todo o estado español e latifundista nin Castela, é ineludible ter en conta a realidade económica e social das explotacións galegas. Precisamos un programa de sanidade animal eficiente, que protexa ao lobo ao tempo que palie os impactos nas granxas e que evite o contaxio de enfermidades a cabana doméstica.
Dende o Sindicato Labrego Galego apoiamos a loita da veciñanza, sumándonos as súas demandas e instamos a Consellería de Medio Ambiente e os concellos afectados a que actúen dun xeito transparente e claro, e que deixen de insistir en converter o medio rural nun vertedoiro das áreas urbanas.
Con motivo da apertura de sobres vinculada á solicitude de explotación privada dos recursos hídricos dos lagos de As Pontes e Meirama, distintas organizacións sociais convocamos unha acción de protesta nas oficinas de Augas de Galicia en Santiago de Compostela.
No marco da campaña de denuncia da metodoloxía neoescravista practicada pola multinacional onubense SUREXPORT instalada na Terra Chá, levamos agora ás superficies comerciais a campaña de denuncia a pé de rúa iniciada o pasado 18 de agosto.
Denunciamos ante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Consellería de Economía, Empresa e Innovación e o Concello de Sta Comba unha nova tentativa de realizar sondaxes ilegais nos concellos de Sta. Comba e Coristanco perpetrada pola empresa mercantil CORCEL MINERALS SL e a súa matriz EUROBATTERY MINERALS AB.
Greenalia pretende instalar 15 eólicos, unha subestación e unha liña de alta tensión de evacuación até Xove. Os aeroxeradores que se pretenden implantar alcanzarían a altura de 180 metros (a maior cheminea de Alcoa na factoría de San Cibrao chega aos 145). Irían situados, 10 deles, no cumio dos montes entre Cornería e o monte de Oirán, nos límites entres os concellos de Lourenzá e Mondoñedo con Foz, e os 5 restantes irían entre Santa Cilla e o Pico da Lebre no concello de Foz. Este macroparque eólico de dimensións totalmente desproporcionadas afectará negativamente a un grande número de veciños e veciñas.
O Sindicato Labrego Galego (e outras organizacións coas que traballamos a nivel galego, estatal e europeo) quere outra PAC. Cremos que é posible e que é imprescindible se queremos frear a desaparición das pequenas granxas como produtoras de alimentos e non deixar grandes extensións de territorio e a nosa comida en mans da agroindustria.
O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar unha serie de escritos na Deputación Provincial de Lugo e no Ministerio para a Transición Ecolóxica, demandando a actuación do Consello Científico, órgano asesor do Comité Español do Programa MaB da UNESCO, ante as "posíbeis afeccións á conservación de superficies de hábitats de Rede Natura e aos valores da Reserva da Biosfera Terras do Miño" dos parques eólicos 'Santuario' e 'Mistral' e das correspondentes infraestruturas de evacuación.
Abusos comerciais como os que están a cometer estas distribuidoras teñen consecuencias directas: a día de hoxe, malia que o prezo de produción dun litro de leite oscila entre os 33 e os 38 céntimos por litro, as gandeiras e gandeiros galegos cobran entre 32 e 34 cént./l., moi lonxe dun prezo digno que cubra custos de produción e traballo.
O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas e a Coordenadora Europea Vía Campesina (ECVC) lanzan un vídeo informativo sobre a Política Agraria Común (PAC). Cun ton retranqueiro salpicado por abondosos datos oficiais, esta peza audiovisual apóiase nun ritmo dinámico que guía un fío explicativo freado polo apunte constante de que, quenes realmente deberían obter un financiamento público, é dicir, as pequenas e medianas explotacións que fixan poboación, producen alimentos de calidade, respectan o medioambiente e manteñen un medio rural vivo, non son as principais receptoras das achegas económicas da PAC, máis ben todo o contrario.
O pasado venres 20 de agosto faleceu na Terra Chá un traballador de Surexport de 27 anos. Xa pasaron varios días deste gravísimo suceso, e nin dende a empresa nin dende a Consellaría de Emprego e Igualdade, Inspección ou Ministerio de Traballo se está a proporcionar información que esclareza o acontecido.
Solicitamos á Consellaría de Infraestructuras e Mobilidade e á Xefatura Provincial de Lugo a atención inmediata á solicitude das familias das dúas únicas crianzas que collen o bus escolar no barrio de A Casanova – Noche (Terra Chá), que arestora teñen que facelo lonxe das súas casas nun cruce perigoso, malia a que o percorrido do bus pasa por diante das súas casas.
Organizacións galegas articulamos unha fronte común aberta para denunciar a explotación laboral e a destrucción medioambiental da empresa onubense EUROEXPORT na Terra Chá. Iniciamos mobilizacións repartindo información na feira de Castro Ribeiras de Lea e concentrándonos diante da sede desta agroindustria no Polígono de Castro.
Dende mediados do pasado mes de xullo diversas organizacións galegas vimos articulando unha fronte común para denunciar as graves prácticas que a empresa SUREXPORT está a levar a cabo na Terra Chá. O mércores 18 de agosto iniciamos campaña de mobilizacións a pé de rúa para denunciar os abusos desta agroindustria.
Desde o Sindicato Labrego temos que amosarnos preocupados porque o respaldo que o sector do leite agardaba da Consellaría fique finalmente concretado nunha aplicación informática de xestión individual. Todos os esforzos para identificar e definir os custos de produción son necesarios e benvidos, mais para non ficar a medio camiño cumpre que estes datos sexan vinculantes e a intermediación directa da Consellaría.
Agricultoras e agricultores da comarca da Limia están a ser obxecto de multas por parte do Seprona por regaren os seus cultivos con auga do pozo. Instamos aos Ministerios de Interior e de Transición Ecolóxica a establecer os acordos precisos para cumprir co compromiso de abastecemento de rego, contraído pola Administración hai xa máis de tres décadas.
O Sindicato Labrego Galego concentrouse na mañá do 30 de xullo diante da Oficina da Xunta en Lalín, solicitando unha reunión coa Consellaría en que tratar as problemáticas do sector e explorar solucións. Asemade, esixen a activación dunha liña de axudas directas das que "ningunha familia gandeira afectada pola crise sexa marxinada", logo de que as últimas axudas convocadas deixasen fora máis da metade das granxas activas no país.
A empresa acumula débedas dende os 3.000 aos 80.000 €, correspondentes a entre os dous e os catro meses de produción, que comprometen a viabilidade das granxas. O SLG reclama da administración autonómica a cancelación da licenza de primeiro comprador de leite para aquelas empresas que non cumpran nos pagos ás granxas subministradoras, así como restricións no acceso a axudas públicas -e mesmo devolución das mesmas- para empresas con historial de impagos.
A publicación, na semana pasada, do estudo da cadea de valor do leite está a ter consecuencias prácticas. O Sindicato Labrego Galego recibiu comunicación directa dunha industria leiteira galega, confirmando que xa está a anunciar ás granxas unha suba inminente de 2 céntimos por litro, efectiva a partir do 1 de agosto. Diante deste pequeno movemento por parte da Naturleite, e movementos semellantes doutras industrias de que temos constancia aínda que sen confirmación directa, chamamos ás granxas a tomaren a iniciativa.
O relato recolle un ambiente en que "as ameazas de calquera tipo eran constantes" e dirixidas, especialmente, ás persoas migrantes. "Fomentan unha competitividade extrema" coa ameaza do despedimento "se non recolles cantidades desorbitadas de arando en xornadas de 12 horas". Partindo dun contrato de 39 horas, a empresa presiona para facer horas extras que poden chegar a igualar as horas ordinarias dunha xornada e que, porén, son pagadas "a seis euros, cando o estipulado é a doce euros".
A mineira australiana Rafaella Resources, propietaria da filial que obtivo os dereitos mineiros da mina de estaño e volframio de Varilongo, en Santa Comba, demantelou esta semana a planta de tratamento de minerais que fora instalada en 2012 cunha subvención a fondo perdido do IGAPE de 645.855 euros, a cargo do Fondo Europeo de Desenvovemento Rexional. O Sindicato Labrego Galego, xunto a outros colectivos (Petón do Lobo BerXallas Minaría Destrutiva Non, Ecoloxistas en Acción e Fundación Montescola) denunciamos o desmantelamento por carecer das preceptivas autorizacións.
O 14 de xullo, durante a Conferencia Sectorial de Política Agraria Común coas conselleiras e conselleiros de Agricultura das 17 comunidades autónomas, o ministro presentaba en Madrid a Proposta de Acordo para a elaboración do plano estratéxico da Política Agraria Común. Mentres o conselleiro, José González, celebraba a "boa sintonía", o ministro aproveitaba para lanzar unha serie de slogans sobre a natureza "igualitaria", "xusta" ou "ecolóxica" da PAC, que se desmenten a pouco que se afonde nos desenvolvementos concretos desta.
O Sindicato Labrego Galego quere expresar a súa máis absoluta indignación diante da campaña iniciada polo Ministerio de Consumo na que se criminaliza o consumo de carne a través de medias verdades que, de seguro, van crear unha grande confusión entre a cidadanía. Neste senso, o vídeo de 6 minutos no que o ministro de Consumo, Alberto Garzón, tenta convencernos do nocivo que é o consumo de carne para a nosa saúde e para o planeta é toda unha cadea de despropósitos que, como organización agraria, non podemos tolerar.
O pasado 2 de xullo, o Observatorio da Cadea Alimentaria do Ministerio de Agricultura aprobou o estudo da cadea de valor do leite, cuxos datos veñen confirmar as denuncias que o Sindicato Labrego Galego vén facendo dende hai décadas. O dato que máis nos interesa deste estudo é que fixa o custe de produción medio para un litro de leite de vaca no Estado español en 0’3565 €/litro.
Esta semana recibimos comunicación por parte do xefe do Servizo de Enerxía e Minas da Delegación Territorial da Coruña: “Infórmaselle de que con data 18/06/2021 o xefe territorial iniciou o correspondente expediente sancionador e ratificou a suspensión dos traballos acordada in situ, como consecuencia da visita de inspección realizada o 16/06/2021 polos servizos técnicos desta Xefatura Territorial”
Conscientes da transcendencia que ten a actual etapa de cara a deseñar a nova Política Agraria Común (PAC) que rexerá a agricultura dos países da UE até 2027, dende o Sindicato Labrego Galego organizamos un seminario internacional baixo o título “Máis labregas = Mellores alimentos. Como a PAC deseña as nosas producións, paisaxes e alimentos”. A intención do seminario, que se celebrará os días 2 e 3 de xullo no Museo do Pobo Galego (Compostela), é analizar o impacto que leva anos tendo a PAC no noso sistema agrario e alimentario e tentar fixar as claves de cales son as mudanzas necesarias para que beneficie, realmente, o acceso a alimentos sans e de calidade a toda a cidadanía respectando a dignidade e importancia dos labregos e das labregas.
O Sindicato Labrego Galego foi unha das organizacións constituíntes da nova Plataforma Galega polos Servizos Públicos de Dependencia (PGSPD) que, de cara a canalizar a demanda social que existe para este sector fundamental nos coidados de persoas maiores e dependentes, vén de convocar unha manifestación para o vindeiro domingo, 27 de xuño, en Compostela. De seguido, compartimos o manifesto de constitución da PGSPD.
O Sindicato Labrego Galego reclama da Consellaría de Medio Rural que, con carácter de urxencia, realice unha avaliación dos danos sufridos pola sarabiada de onte, 16 de xuño, no concello de Chantada, que arrasaron unha das principais zonas produtoras de uva da denominación de orixe Ribeira Sacra, especialmente a parroquia de San Fiz e outras veciñas como Sabadelle, Belesar, San Vitorio ou Pesqueiras, nas subzonas de Chantada e Ribeiras de Miño; e que poña en marcha unha liña de axudas para paliar os danos e as perdas sufridas.
O Sindicato Labrego Galego foi unha das organizacións da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC) que apoiou coa súa presenza, o 14 de xuño, a manifestación de Lisboa en demanda dunha nova Política Agraria Común (PAC) feita atendendo aos intereses dos labregos e das labregas, á soberanía alimentaria dos pobos de Europa e que deixe de marxinar a Galiza. Tamén estiveron delegacións do Sindicato de Obreiros e Obreiras do Campo de Andalucía (SOC), COAG, EHNE Bizkaia, Confédération Paysanne e, por suposto, contamos coa acollida da Confederação Nacional de Agricultura (CNA).
O Sindicato Labrego Galego vén de presentar, xunto a outros colectivos e organizacións, unha denuncia diante da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística contra as sondaxes mineiras ilegais nas que está a reincidir a empresa Eurobattery Minerals en Coristanco e Santa Comba. A denuncia tamén foi presentada diante da Consellaría de Economía, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, do Concello de Santa Comba e da Policia Autonomica.
O Sindicato Labrego Galego celebrou hoxe, 11 de xuño, o seu Congreso do Leite no Pazo de Liñares (Lalín), un evento que se encadra no décimo proceso congresual da organización agraria. Desta vez, a afiliación escolleu un gandeiro de Quintillán (Forcarei, Pontevedra), Manuel Villaverde Salgueiro, como novo responsábel para os vindeiros catro anos. Xunto a el, será vicerresponsábel Ana Rodríguez, de Sabadelle (Chantada, Lugo), e terán o apoio dunha renovada Dirección do Leite cuxos membros saíron elixidos das diversas asembleas comarcais que se celebraron na Galiza nos meses previos. Desta maneira, no SLG dáselle relevo á anterior Dirección do Leite xurdida do anterior congreso, elixida o 15 de decembro de 2017, da que Lupe Prado foi responsábel.
O Sindicato Labrego Galego, xunto con máis de 180 organizacións e plataformas de dereitos humanos e ambientais de 36 países, solicitamos á Unión Europea que abandone os seus plans de expansión masiva da minaría no marco dos plans da UE dun “Pacto Verde” (Green Deal) e “Recuperación Verde”.
Nos últimos meses unha nova ameaza planea sobre as nosas aldeas, unha INVASION EÓLICA como lle veñen chamando moitas plataformas veciñais.Diante disto, dende o Sindicato Labrego Galego apoiamos a marcha do 5 de xuñ, Día do Medio Ambiente, convocada por varios colectivos e organizacións ecoloxistas e sindicaisda Galiza.
A finais de marzo, a secretara xeral do SLG, Isabel Vilalba, e a responsábel da Secretaría das Mulleres, María Ferreiro, denunciaban diante da Consellaría de Medio Rural e do Ministerio de Agricultura como a Política Agraria Común (PAC) discriminaba as mulleres. Agora, para afondar neste nicho de desigualdade, organizamos este seminario europeo, o 23 de xuño, no que analizaremos polo miúdo como as políticas europeas no agro axudan a perpetuar a fenda que afasta homes e mulleres tamén nas profesións agrarias. Se precisas máis información ou queres inscribirte, faino en: derural@sindicatolabrego.gal
Vimos de recibir o número 334 do Fouce, no que continuamos informando do proceso do X Congreso do SLG, con reportaxes sobre a Asemblea Xeral do Viño e do Congreso de Vacún de Carne. Ademais, publicamos toda a documentación sobre o Congreso do Leite, que se celebrará o vindeiro 11 de xuño no Pazo de Liñares, en Lalín (Pontevedra). Completamos con informacións sobre a avalancha eólica, a moratoria dos eucaliptos, as últimas xornadas de granxas abertas ou as denuncias sobre o machismo da PAC. E falando de Política Agraria Común, no Editorial adiantamos as últimas novidades que coñecemos na xuntanza co conselleiro de Medio Rural, o 21 de maio, que indican que o Ministerio de Agricultura está trampeando para volver argallar unha PAC do máis lesiva e discriminatoria para Galiza. Se xa queres ler o teu exemplar, descárgao na icona que atoparás no remate desta páxina.
O Sindicato Labrego Galego foi unha das organizacións que colaborou na organización e realización dunhas xornadas teórico-prácticas sobre a normativa hixiénico-sanitaria nas producións alimentarias artesanais. Dado o enorme interese que suscitaron en todo o Estado, obrigándonos a limitar o acceso debido á alta demanda de participación, decidimos agora publicar os vídeos do que deron de si estes tres días de información e diálogos ao redor dun marco normativo do que depende a economía de miles de proxectos agrogandeiros no Estado.
As negociacións da Política Agraria Común entran nun momento decisivo a nivel europeo e estatal, que culminará na primavera de 2021 cando o Ministerio publique o borrador do chamado Plano Estratéxico Nacional, establecendo como van ser empregados os 34.124 millóns de pagos directos, os 5.069 millóns de medidas de mercado e os 8.531 millóns de desenvolvemento rural no Estado Español. Se se elixen como criterios para o reparto os dereitos históricos e a superficie, Galiza quedará unha vez máis marxinada na nova PAC e seguiremos con tristes records en aldeas abandonadas, número de incendios, expolio do rural ou destrución de emprego.A secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba Seivane, analízao neste artigo cuxa versión en castelán podes descargar no remate desta páxina.
Nesta sección poderás atopar todas as propostas lexislativas que hai agora mesmo sobre a mesa para regular a vindeira Política Agraria Común (PAC). Tamén incluímos as estratexias a través das que a UE quere camiñar cara ao obxectivo de converterse no primeiro continente neutro dende o punto de vista climático e que afectarán de cheo ás políticas agrarias: O Pacto Verde.
Máis que unha reforma da PAC é un gran cambio. Non é unha reforma porque o fondo segue igual, pero vai cambiar tanto que é moi probable que non cobremos o mesmo. Agora mesmo, non temos maneira de saber como imos quedar con estes cambios. O Ministerio de Agricultura xa o debería saber (e supoño que o sabe), pero non é público e o que imos sabendo da súa postura e a doutras comunidades autónomas é por xornadas ou por declaracións.
O Sindicato Labrego Galego iniciou, en outubro, unha rolda de contactos cos partidos políticos con representación no Parlamento de Galicia para expoñerlles a necesidade de adoptar unha postura común de país para defender unha Política Agraria Común (PAC) que beneficie os nosos sectores agrogandeiros e a singularidade do noso rural (Puedes descargar la traducción íntegra al español del presente texto en el icono que encontrarás al final de esta página).
A Política Agraria Común é un fracaso non só na Galiza, senón en toda Europa. Cada tres minutos desaparece unha granxa na UE. E o obxectivo de equiparar as rendas das persoas labregas á media de cada Estado tampouco se conseguiu. Aínda que o modelo fracasou, a PAC no fondo non ten previsto cambiar.
En outubro, dende o Sindicato Labrego Galego enviámoslle unha carta aos e ás representantes de Galiza no Parlamento Europeo: os eurodeputados Francisco José Millán Mon (PP) e Nicolás González Casares (PSOE); é á portavoz do BNG nas institucións comunitarias, Ana Miranda. Nesta misiva, asinada por Sonia Vidal Lamas como membro do Comité Coordinador da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC), pedímoslles o seguinte:
O fondo da PAC non cambia, pero pode cambiar moito o que cobramos. De feito, os debates que hai no Estado e na Galiza son polos cartos, nada máis.Os outros debates non interesan e non saen nos medios de comunicación: prezos, custes de produción, renda, negociación colectiva dos prezos, desaparición da agricultura e da gandería familiar, quen nos alimenta, as consecuencias de que a UE sexa o maior importador e exportador de produtos primarios, as consecuencias dos tratados de libre comercio, as consecuencias da produtividade e competitividade infinitas, cando seremos o suficientemente grandes para o sistema agroalimentario, a función de labregos e labregas de ser subministradores de materia prima barata para a industria, a autoexplotación, a función das integradoras, a soberanía alimentaria, etc. Explicámoscho nesta segunda entrega dos Papeis da PAC (podes descargala ao remata da páxina).
As negociacións para deseñar a nova Política Agraria Común (PAC) para o período 2021-2027 comezaron en 2017. A intención inicial era comezar a aplicar a nova PAC en 2021, pero non vai ser posible até 2023. Como farán entón as autoriades comunitarias para desenvolver esta nova PAC? Explicámoscho de seguido. Podes descargar unha ficha didáctica con toda a explicación premendo na icona que atoparás no remate desta páxina.
A PAC elimina labregos e labregas. Desde moitas instancias pénsase que a Política Agrícola Común debería cambiar substancialmente debido ao fracaso en canto ao mantemento da agricultura familiar no territorio e tamén polo fracaso en canto ao establecemento de rendas dignas para as produtoras e produtores. A substitución destes por explotacións intensivas que producen grandes cantidades de materia prima barata para a agroindustria e para a exportación parece imparable. Na teoría seguen dicindo que en Europa e en Galiza hai necesidade de numerosas persoas no territorio con producións diversificadas para responder á demanda duns alimentos de calidade. Na práctica non é posible soster a esas persoas no territorio: cada tres minutos desaparece unha granxa en Europa.
Partindo dunha análise non exhaustiva dos datos dos que dispoñemos, vemos que Galiza ten certas diferenciacións con respecto ao resto do Estado, se pensamos nos pagos actuais da PAC:
O Sindicato Labrego Galego pensa que a desigualdade das mulleres, o diagnóstico das súas causas e a abordaxe de modelos máis igualitarios non están entre as prioridades do Plan Estratéxico da PAC nin nos Regulamentos da PAC.
ANTEPROXECTO DE LEI DE PROMOCIÓN DOS BENEFICIOS SOCIAIS E ECONÓMICOS DOS PROXECTOS QUE UTILIZAN OS RECURSOS NATURAIS DE GALICIA.
ANTEPROXECTO DE LEI DE PROMOCIÓN DOS BENEFICIOS SOCIAIS E ECONÓMICOS DOS PROXECTOS QUE UTILIZAN OS RECURSOS NATURAIS DE GALICIA.
O Sindicato Labrego Galego participou nunha delegación internacional de La Vía Campesina (LVC) que se desprazou durante a primeira semana de abril a Huelva (Andalucía) e Odemira (Alentejo-Portugal) para coñecer, sobre o terreo, as condicións das persoas traballadoras, na súa maioría inmigrantes, da produción de amorodo e outros froitos vermellos nesas rexións.
Iniciamos unha campaña de alegacións para activar a acción social contra a imposición dos parques eólicosparques eólicos Ralea, Eco e Umbrío, da empresa madrileña Green Capital Development, con impactos sobre a poboación, biodiversidade e patrimonio das provincias de Lugo e León.
SLG-CCL, ADEGA, FEG e SGHN censuraron o comportamento da Conselleira e solicitaron a convocatoria urxente dun pleno extraordinario do Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel
Procurando acadar o compromiso das administracións públicas de non aceptar máis parques eólicos até que sexa realizado o informe do Comité Científico, actuamos aa través da campaña lanzada dende ALIENTE rexistrando 82 solicitudes de adhesión dirixidas aos concellos galegos ubicados en territorios Reserva da Biosfera.
A sala segunda do Tribunal Contencioso Administrativo de Lugo vén de ditar unha nova sentenza pola que desestima o recurso presentado pola compañía mineira Erimsa contra a denegación do permiso de explotación do proxecto “Pastoriza 5562” por parte do Concello da Pastoriza.
O Plan Estratéxico da PAC que está elaborando o Ministerio de Agricultura no Estado Español, no subgrupo de traballo do obxectivo específico 7, “Atraer aos xoves agricultores e facilitar o desenvolvemento empresarial do medio rural”, inclúe a perspectiva de xénero e o despoboamento. No documento do Ministerio dise “se ben é certo que a proposto de regulamento dos plans estratéxicos da PAC non contempla entre os seus obxectivos específicos estes dous aspectos, España solicitou a súa inclusión por dous motivos: en primeiro lugar, para visualizar o papel tan importante que desempeñan as mulleres no medio rural (...).
O vixente número do Fouce recolle unha crónica do seminario celebrado en Compostela nos pasados 2 e 3 de xullo, en que se colocou en cuestión a xénese, nesgos, limitacións e consecuencias dunha Política Agraria Común que se converte unha e outra vez en instrumento ao servizo do produtivismo e da agroindustria.
Dende que o Sindicato Labrego Galego rexistrou senllos escritos remitidos ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixóo, e á conselleira de Política Social, Fabiola García, solicitándolle a elaboración dun plan de dotación de centros de día para Vilalba, o apoio de diversos partidos políticos municipais non deixou de sucederse. Dende o SLG, tivemos constancia, do seu acordo coa proposta, do Partido Popular e de Vilalba Aberta, ademais do expresado pola conselleira de Política Social, Fabiola García.