Demandamos máis información ao sector, investigación pública, medidas preventivas e máis rapidez no servizo veterinario oficial. Iniciamos unha campaña de recollida de datos nas granxas ante a posibilidade de que a CMR estea a minimizar o impacto da EHE
Reproducimos o Manifesto lido esta mañá, por persoal do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas, diante da Xunta de Galicia, en Lugo, solicitando con urxencia un plan de loita contra a Vespa Velutina.
Arredor de 150 persoas secundaron esta mañá en Lugo a concentración convocada polo SLG en demanda de medidas. Malia ao patente agravamento nestes últimos anos, a Xunta segue sen asumir as súas competencias fronte a esta especie invasora
O SLG-CCLL convoca unha mobilización para o vindeiro mércores 11 en LUGO, diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia. Malia o patente agravamento nestes últimos anos, a Xunta segue sen asumir as súas competencias fronte a esta especie invasora
Preocupación nas granxas ante a posibilidade de que a ineficacia da CMR ca EHE acade o nivel de desleixo amosado ca lingua azul. Entre as medidas a activar, solicitamos que tanto a EHE como a lingua azul sexan incorporadas ao Agroseguro da ENESA
Debido á mala planificación da campaña as granxas están tendo que financiar veterinarixs privadxs, incrementando os custos. Continúan as reaccións adversas á vacina na cabana gandeira, sen que se estea a realizar un seguimento rigoroso das mesmas
A descoordinación e falta de información da Consellaría do Medio Rural provoca preocupación e aumento de gastos nas granxas. Sindicato Labrego Galego solicitou en varias ocasións unha xuntanza co Conselleiro José González, que sigue desaparecido
O 11 de xullo dirixímonos á Consellería de Medio Rural solicitando unha xuntanza coa persoa responsábel da área de vacinación animal sen recibir resposta. O protocolo do que fala a CMR debera ser público e as persoas que se encargan da vacinación dos animais, deberan ter informado da súa existencia.
Ao igual que nas campañas precedentes, persisten as reaccións adversas na cabana gandeira vacinada da lingua azul. O SLG-CCLL pide á Xunta de Galicia aclarar o número de animais afectados e traballar na procura de solucións a esta problemática
Foron detectadas velutinas durante o trampeo primaveral, e este mes en colmeas e apiarios, presaxiando un ano complicado. Dirixímonos a Medio Rural e Medio Ambiente para que asuman as súas responsabilidades no control de especies invasoras
O Ministerio de Agricultura ignora a realidade apícola galega establecendo criterios que deixan fóra á maioría de produtoras. Reiteramos a urxencia en que a CMR active unha Mesa da Seca galega e adopte medidas específicas para os nosos apiarios
O SLG acompañou a gandarías afectadas na Terra Chá a unha xuntanza co Director Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias. Dende outubro granxas afectadas veén denunciando numerosas problemáticas vinculadas ás deficiencias do saneamento animal
Demandamos apoio á produción, racionalización da burocracia, transparencia na comercialización, PAC e loita contra a velutina. O SLG activará unha campaña multisectorial para reivindicar á Xunta unha estratexia real de loita contra contra a vespa velutina
As/os gandeiras/os están recabando apoios para presentar un escrito á CMR denunciando a situación e propoñendo medidas. Solicitan que se concrete á maior brevidade posíbel unha xuntanza co conselleiro do medio rural, José González Vázquez
Realizarán unha segunda xuntanza o vindeiro 2 de novembro para articularse e demandar medidas para paliar os prexuízos. Chaman a atención sobre o feito de que algunhas parroquias pasaron súbitamente dun 0% de positividade a un 80%
A perda dun ou dos dous crotais dun animal implican tempo, gastos, penalizacións na PAC e outras medidas administrativas. O SLG-CCLL solcitará reunirse coa Consellaría do Medio Rural para que recupere a calidade destes identificadores animais.
Solicitamos limitar a carga burocrática e ter en conta os aportes sociais e medioambientais das pequenas e medianas granxas. Expresamos a nosa preocupación polo plantexamento adaptado ao modelo agroindustrial subxacente no borrador do RD.
O Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas amosa a súa preocupación e desconformidade ca ordenanza aprobada polo concello ourensán Castrelo do Val que establece restricións ao paso, estancia e tránsito do gando polo casco urbano.
Esta semana rematou o exiguo prazo de dez días para solicitar as axudas para compensar as perdas provocadas polo confinamento da Covid-19 nos sectores de ovino e caprino. Unha vez máis, tal e como aconteceu co viño, a imposición duns requisitos pensados para outras comunidades autónomas, pero non para Galiza, fixo que o 95% das granxas que podían optar á axuda quedasen fóra.
A Asociación Galega de Apicultura (AGA) convocou unha concentración de protesta para o xoves 4 de abril diante da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ourense. Será ás 11:00 e con ela, unha vez máis, tentará chamar a atención da Consellaría de Medio Ambiente dunha praga que está a ser catastrófica para o sector apícola que se lle foi das mans ás autoridades competentes para controlala: a avespa velutina. De seguido, compartimos con vós os argumentos de AGA para saír á rúa.
Até o este mércores 20 de decembro está aberta unha consulta pública do Ministerio de Agricultura sobre a implantación e obriga dunha etiquetaxe máis detallada da orixe de mel. É importante que os consumidores e consumidoras teñamos información clara sobre a orixe dos produtos que mercamos, e os produtores e produtoras a oportunidade de defendernos ante as importacións masivas de mel de baixa calidade.
A Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG) organizou unha campaña de accións en 18 cidades do Estado para denunciar a normativa que regula a etiquetaxe do mel, por amparar a fraude e prexudicar directamente o mel de calidade dos nosos apicultores e das nosas apicultoras.Na Galiza, fomos o Sindicato Labrego Galego e a Asociación Galega de Apicultura as organizacións encargadas de secundar esta mobilización, cunha concentración no Centro Comercial As Cancelas, en Compostela. De seguido, compartimos con vós o manifesto:
O sector apícola da Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG), da que forma parte o Sindicato Labrego Galego, organizou unha serie de mobilizacións para o 11 de decembro en Almería, Córdoba, Guadalaxara, Xaén, As Palmas, Logroño, Málaga, Menorca, Murcia, Oviedo, Pamplona, Salamanca, Santander, Santiago de Compostela, Sevilla, Tenerife, Valencia e Zaragoza, para denunciar os abusos da industria do mel a produtores e produtoras, por unha banda, e ás persoas que consumen, por outra.
Nos últimos tempos, na Galiza estamos asistindo á aparición de positivos por tuberculose en granxas que tiñan unha cualificación sanitaria óptima e que, dende hai anos, non introduciran animais de fóra. Isto, fixo que o Sindicato Labrego transmitise a súa preocupación aos servizos de Sanidade Animal e, ao pouco, organizase en Vilalba unha palestra informativa, a comezos de outono, na que participou Xosé Fraga Martínez, xefe de área do Servizo de Gandería na Terra Chá.
O 12 de abril, o Pazo de Mariñán (Bergondo) acollerá unha xornada sobre “Viabilidade da comercialización de aves e coellos das granxas artesanais a través de espazos de sacrificio colaborativos”. Interesante iniciativa que abordará unha das fases máis dificultosas para as granxas de aves e coellos e, ao mesmo tempo, das que máis potencial e futuro teñan para as explotacións avícolas e cunícolas familiares: o sacrificio na propia granxa e a comercialización directa da carne. Para inscribirte, tes que chamar ao 686 783 800 ou enviar un email cos teus datos a arrexo4@gmail.com Podes descargar o programa na seguinte icona.
A Quinta da Vacaloura é unha granxa ecolóxica da parroquia de Naraío (San Sadurniño) onde Xosé María Vilaverde, paseniño, vai construíndo, xunto coa súa familia, un medio de vida que non ten moito que ver coa súa formación académica-Ciencias Políticas, Xestión de Cooperación Internacional e ONGs- pero si coa súa conciencia e compromiso co entorno, o planeta e ideas como a soberanía alimentaria.
Ante a alarmante situación que está sufrindo o medio ambiente a causa da imparable e devastadora praga da avespa velutina, a Asociación Galega de Apicultura xunto con outras asociacións da Cornixa Cantábrica decidiron organizar a Marcha Stop Velutina, que partirá o día 19 de outubro dende Santiago de Compostela, onde terá lugar unha concentración con motivo da saída da marcha, diante do edificio da Xunta de Galicia en San Caetano ás 10.30.
Este 20 de maio, coincidindo co Día Mundial das Abellas, presentouse en Compostela a Plataforma Stop Velutina, unha rede de 24 organizacións e colectivos que nace da iniciativa da Asociación Galega de Apicultura (AGA) e do Sindicato Labrego Galego. O obxectivo da Plataforma Stop Velutina é esixir a asunción de competencias sobre a problemática do tártago asiático por parte da Consellería de Medio Ambiente, no ámbito de Galicia; e máis do Ministerio de Agricultura, no ámbito estatal.